Saltar ao contido

Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección bloqueos do Taboleiro dos administradores

Dereitos
publicar

Nesta sección recóllense as peticións de bloqueo de usuarios ou protección de páxinas.

Comezar un novo fío de conversa


Bots
publicar

Imaxes
publicar

Spam
publicar

Vandalismo
publicar

Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7


Hai unha IP a vandalizar o artigo de Donald Trump, penso que o artigo precisaría un bloqueo temporal tal e como está a actualidade, e a IP un toque de atención. Grazas, Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2021 ás 20:37 (UTC)[responder]

Protexido por unha semana. Graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xaneiro de 2021 ás 21:02 (UTC)[responder]

Estranxeirismo

[editar a fonte]

Bloqueade, por favor, ó pesado este do 186.130.55.14, empeñado en meter o X en Estranxeirismo. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 17:22 (UTC)[responder]

Vandalismo de 186.130.21.148

[editar a fonte]

Solicito o bloqueo da IP 186.130.21.148. Reincide continuamente nas mesmas edicións vandálicas. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 15 de xaneiro de 2021 ás 15:37 (UTC)[responder]

vandalismos de ‎190.178.39.128

[editar a fonte]

a IP 190.178.39.128 parece divertirse moito xogando na Galipedia. Solicito o seu bloqueo xa!. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 19:27 (UTC)[responder]

Vandalismo de 190.178.47.203‎

[editar a fonte]

Solicito o bloqueo da IP 190.178.47.203‎. Reincide continuamente nas mesmas edicións vandálicas. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 17 de marzo de 2021 ás 19:22 (UTC)[responder]

Vandalismos de Zuntig e contas monicreques

[editar a fonte]

Nos últimos meses vivimos unha serie de vandalismos coordinados (consciente ou inconscientemente) pola conta Zuntig. Reportamos a conta e recibiu agora un bloqueo global de wikimedia. Explico que pasou e a que debemos estar atentas para evitar que volva pasar. Menciono a Breogan2008, Atobar e Lameiro.

Que pasou

[editar a fonte]
  • As edicións eran sobre todo en artigos de música arxentina, a lingua portuguesa e temas relacionados co xudaísmo.
  • Os vandalismos facíanos tanto IPs arxentinas como contas rexistradas.
  • Producíanse en ES, PT e GL.
  • En GL (e algo en PT) ademais tiñan unha teima particular en cuestións de ortografía e usos de s/x e de b/v.
  • O procedemento máis habitual, pero non o único, era de vandalismos con IPs anónimas e a "reparación", máis ou menos completa e, por veces, aínda máis vandálica, do usuario agora bloqueado Zuntig. Pero temos moitos indicios que sinalan que esas IPs anónimas era tamén Zuntig, ás veces actuando case ao mesmo tempo.
  • Ese usuario xa fora bloqueado anteriormente, de forma global, con outros nomes: Zuntig fiber e Judiosefardi (polo menos).
  • Reportouse e, polo de agora, só aplicaron o bloqueo global na conta, pero non nas IPs.

A que debemos estar atentas

[editar a fonte]
  • É moi probable que a persoa siga a editar, ou sexa, que volva á carga nuns días ou semanas. Xa o fixo antes.
  • O seu padrón de edicións é moi semellante, así que calquera vandalismo ou mesmo edicións correctas en contas sobre música arxentina, mensaxes de que tal ou cal cousa "non existe", comentarios antisemitas ou, con máis precisión, propios de conspiración antisemita ("este artista é xudeu"), deben poñernos sobre aviso.
  • Se interaccionamos cun usuario rexistrado, deberiamos ser o máis empáticos posible. Polo que estiven mirando nos seus comportamentos anteriores, paréceme que o vandalismo ten máis que ver cunha circunstancia persoal de saúde que coa maldade.
  • A protección dos artigos para que non poidan ser editados por IPs é unha boa medida inicial, pero non remata co problema xa que continúa os vandalismos coa conta rexistrada.
  • Reportade o usuario rexistrado canto antes (e se o lembrades, citándome) para que, coa experiencia acumulada, poidamos actuar rápido e evitemos dano na Wikipedia e no usuario.

E máis nada. Moitísimas grazas pola vosa colaboración. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 02:38 (UTC)[responder]

Grazas pola información, Xabier. Procurarei estar pendente. --Atobar (conversa comigo) 12 de maio de 2021 ás 08:46 (UTC)[responder]
Moi ben, gústame moito como expuxeches o punto dous. Grazas polo traballo de seguimento e informe á comunidade. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 13:09 (UTC)[responder]
Atención a Especial:Contribucións/181.25.138.166.@Xabier Cid Saúdos Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2021 ás 19:16 (UTC)[responder]

Usuario:QUE CULITO MESSI

[editar a fonte]

Solicito o bloqueo de QUE CULITO MESSI por nome de usuario inapropiado e intencións claramente vandálicas (1, 2, 3). Graciñas, --RubenWGA (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 15:43 (UTC).[responder]

Solicito a protección do artigo ante o constante vandalismo e guerra de edicións por parte de IPs coas mesmas edicións obscenas e denigrantes. Grazas, --RubenWGA (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 18:45 (UTC).[responder]

Feito! Feito! --Atobar (conversa comigo) 15 de xuño de 2021 ás 08:56 (UTC)[responder]

Reuven Ya'akov Schönstein

[editar a fonte]

Solicito o bloqueo do Usuario:Reuven Ya'akov Schönstein por edicións vandálicas reiteradas. Grazas.--Breogan2008 (conversa) 19 de agosto de 2021 ás 11:09 (UTC)[responder]

Vellos ataques

[editar a fonte]

@MAGHOI: e @RubenWGA:. Estes días estivestes pelexando con reencarnacións dun vello trol, Zuntig. Son edicións de grupos arxentinos, cores, a vila de Trujui e algún artigo máis. O procedemento é o habitual, incluído o uso de contas anónimas múltiplas (IPs) ou acusarse a si mesmo de ser un vándalo. Se queredes avisarme de cada vez que o vexades actuar, paréceme estupendo. Dado que son IPs bloqueos longos non teñen demasiado sentido (el queima as IPs normalmente xa nun día ou dous) pero si que é interesante ver se crea contas rexistradas, porque pode estar a facer o mesmo en PT e ES, como xa fixo doutras veces. Creo que non é boa idea protexer os artigos, especialmente Trujui, dado que é un artigo marxinal e a proba do 9 de que é o "noso" Zuntig. Agradézovos de paso moito o traballo que fixestes coas reversións (e agradézolles a outras persoas se tamén reverteron e non me din de conta). Apertas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 06:15 (UTC)[responder]

Ah, xa que estou: pídovos paciencia con el, porfis. Creo que é evidente que non o fai por maldade. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 06:17 (UTC)[responder]
@ Xabier Cid Tomo nota. Unha aperta --MAGHOI (conversa) 1 de setembro de 2021 ás 09:40 (UTC)[responder]
@ Xabier Cid Ola Xabier. Veño de borrar un feixe de páxinas orixinados nesta ip 181.25.206.3 e que se titulaban: Tekis, los Tekis, Los Tekis, Los Bailanteros, Jujui, e outra vez en xurásico. Debe ser aquilo que facías referencia na nota anterior. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 9 de setembro de 2021 ás 22:48 (UTC)[responder]
@ MAGHOI. Moitísimas grazas. Avisoume tamén Lameiro pola outra liña, pero xa estaba deitado. Voulle botar un ollo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de setembro de 2021 ás 06:03 (UTC)[responder]

Onte recibimos os ataques dun vello coñecido, Zuntig. Fíxoo co nome de Shaulhochberger, que é un presentardor de Radio Jai, unha radio xudía da Arxentina (un dos artigos que clasicamente vandaliza). Neste punto, pode ser que o usuario sexa o propio presentador, ou que sexa unha persoa obsesionada co presentador. Púxenme en contacto co locutor para ver de atopar máis luz nisto. Déixoo aquí anotado para que se saiba. E moitas, moitas grazas @RubenWGA: pola túa axuda onte limpando e revertendo. Moi bo traballo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Cid (conversacontribucións) 17 de setembro de 2021 ás 07:03 ────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Xabier, volveu unha ip a cargar coon Los Tekis, Trujui etc. Estaos limpando @RubenWGA:; por certo, graciñas!.--Maria zaos (conversa) 5 de outubro de 2021 ás 18:34 (UTC)[responder]

Ola, a todos. De novo, estivo un tempo funcionando, desta volta co usuario Kliksberg. Creou algunhas páxinas de cantantes arxentinos aos que coloquei o marcador de <curto> e ao advertirlle que antes de crear máis debería completalos, onte comezou a vandalizar de novo. As edicións foron revertidas por Ruben WGA. Para que non seguise, e dado que xa estaba advertido por min hai tempo, e onte por Rubén, decidín bloquealo. Coido, que cando se vexa un usuario novo, ben ip ou ben cun nome "característico", habería que facerlle un seguimento para aburrilo, se isto é posible. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por MAGHOI (conversacontribucións) 13 de outubro de 2021 ás 11:41
Semella que, tras uns meses de tranquilidade, o sonado vándalo regresa ás andadas (de madrugada como acostuma), desta vez coa IP 181.25.216.168. Cómpre bloqueala axiña. Grazas, --RubenWGA (conversa) 2 de febreiro de 2022 ás 02:55 (UTC).[responder]
Feito! Feito! Grazas polo aviso. MAGHOI (conversa) 2 de febreiro de 2022 ás 08:14 (UTC)[responder]

Áxel Fole

[editar a fonte]

Podemos protexer contra escritura "Áxel Fole"? Por favor. Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2021 ás 09:13 (UTC)[responder]

Feito! Feito! MAGHOI (conversa) 13 de outubro de 2021 ás 09:46 (UTC)[responder]

Bloqueada a opción de mover subpaxinas de usuario en contas novas

[editar a fonte]

Boas. Xa probei de todas as formas posibles nas preferencias, pero non consigo que apareza a opción Mover para a conta Usuario:FormacionWiki. Sabedes se hai algún filtro de bloqueo ou como é que se pode solucionar? Graciñas!Maria zaos (conversa) 2 de febreiro de 2022 ás 00:42 (UTC)[responder]

Bloqueo de rango (vandalismo crónico)

[editar a fonte]

Como os habréis dado cuenta, hay alguien que se dedica a vandalizar la Galipedia desde hace casi un año, creando bulos y añadiendo tonterías a las páginas. Es por ello que sugiero aplicar un bloqueo al rango 181.25.128.0/16 que tenga una duración considerable, preferiblemente un año; el daño colateral es nulo y sería una buena medida para lidiar con este sujeto. Muchas gracias, —Hasley (conversa) 6 de febreiro de 2022 ás 01:33 (UTC)[responder]

Hago un llamamiento a MAGHOI por su último bloqueo. Un saludo, —Hasley (conversa) 6 de febreiro de 2022 ás 01:36 (UTC)[responder]
Feito! Feito! @Hasley Bloqueo anual. O certo é que de cando en vez, son unha molestia. Grazas polo apoio e pola suxestión.--MAGHOI (conversa) 6 de febreiro de 2022 ás 16:22 (UTC)[responder]
Grazas, MAGHOI. Me preguntaba si podrías bloquear concretamente el rango /16 (mediante este enlace), por los motivos que he expuesto. ¡Saludos! —Hasley (conversa) 6 de febreiro de 2022 ás 17:18 (UTC)[responder]
Feito! Feito! @Hasley —o anterior comentario sen asinar foi feito por MAGHOI (conversacontribucións) 6 de febreiro de 2022 ás 21:20

Los Bailanteros

[editar a fonte]

Solicito protección indefinida para evitar recreación baixo este título. Diegohuberman (conversa) 26 de marzo de 2022 ás 03:32 (UTC)[responder]

Cristobo

[editar a fonte]

Solicito protección para o artigo Cristobo contra ortografía. Diegohuberman (conversa) 27 de marzo de 2022 ás 15:55 (UTC)[responder]

Pablo Anglés Galindo

[editar a fonte]

Solicito a protección de "Pablo Anglés Galindo" polo tempo mínimo dun ano. --. HombreDHojalata.conversa 6 de agosto de 2022 ás 10:51 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Grazas polo aviso! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2022 ás 19:03 (UTC)[responder]

Verónica Martínez Delgado

[editar a fonte]

Poderíase limitar a edición a autoconfirmados, durante un aniño, en "Verónica Martínez Delgado"? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de setembro de 2022 ás 22:09 (UTC)[responder]

Ping: @AMPERIO:; @Atobar:; @Banjo:; @Chairego apc:; @Estevoaei:; @MAGHOI:; @Xabier Cid:.
Feito! Feito!@. HombreDHojalata. Agora si.--MAGHOI (conversa) 30 de setembro de 2022 ás 06:57 (UTC)[responder]

82.43.236.6

[editar a fonte]

Por favor, podemos aplicar o bloqueo máximo a 82.43.236.6 (conversa · contribucións)? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de outubro de 2022 ás 09:23 (UTC)[responder]

--Leonidlednev (conversa) 10 de xuño de 2023 ás 02:42 (UTC)[responder]

Recuperar entrada

[editar a fonte]

Boa tarde

Acabo de inscribirme na plataforma.

Habería a posibilidade de recuperar a entrada que fixen onte coa palabra "Taichiño"?

Grazas Agustin Bolaños Redondo (conversa) 12 de xullo de 2023 ás 15:57 (UTC)[responder]

Protección da páxina de Xosé Cid Cabido (ou a súa wikidata).

[editar a fonte]

A páxina da galipedia de Xosé Cid Cabido acabo de ver que foi vandalizada o 10 de abril deste ano polo usuario 94.73.58.198. Está claro polas referencias a páxina que é un escritor (e, en tal caso) profesor, non un actor porno (que é o que sae actualmente).

Costoume encontralo pero logo lembrei que pódese editar os datos biográficos dunha persoa através de wikidata, e así atopei ao usuario que o fixo (á IP de arriba).

A pesar de parecer una vandalización menor e que parece demasiado una protección da páxina eu creo que sería necesario, pois non é un personaxe tan coñecido; eu creo que son un grupo de usuarios organizados para lle atacar pola súa orientación política.

Vexo ademais no historial de cambios que a páxina xa fora protexida antes para só permitir que a editaran usuarios autoconfirmados aunque nese caso só pola eliminación de contido sen ninguna razón; estaría ben por tanto creo eu darlle protección de novo, seica quizais máis estricta.

En calquera caso, se protexedes a páxina ou non, a pesar de que non fora repetido estaríalle ben un castigo ao infractor. Tisment (conversa) 16 de setembro de 2023 ás 13:14 (UTC)[responder]

Actualización: coma se pode ver no historial da páxina polo que se ve un grupo de estudantes de cando en cando vandalizan o artigo ou inclúen información non enciclopédica (véxase a versión dun tal Usuario:Mateo Allo Fernández).
Por todo isto creo que si que é adecuado pór, polo menos, unha protección para usuarios só autoconfirmados. Non quero ser pesado e non son edicións moi vandálicas nin ocorren todo o tempo, pero creo que sería bo facelo porque xa ocorreu varias veces ao longo do tempo.
@HombreDHojalata @Estevoaei poderíades facer algo? Saúdiños. Tisment (conversa) 3 de outubro de 2023 ás 15:06 (UTC)[responder]

81.39.239.145

[editar a fonte]

Por favor, bloqueade ó usuario 81.39.239.145. Grazas, Pedro Lameiro (conversa) 18 de setembro de 2023 ás 14:16 (UTC)[responder]

Bloquear de maneira permanente a 2800:AF0:1088:26B8:9DE4:1E8C:92A1:1383

[editar a fonte]

Coma se pode ver aquí, este usuario estivo fixendo moito vandalismo. O que máis me parece resaltable é que no artigo de "Alfabeto éuscaro" eliminouno entero e só puso algo de recitar o shema (algo da relixión islámica) malia aínda peor no artigo do Alfabeto galego nunha das súas edicións puxo "vou a vomitar". Está claro que xa non só é vandalismo senon que actos de odio.

Suxiro un bloqueo permanente.

P.D.: as súas edicións neses dous artigos xa foron revertidos. De todos os xeitos, creo que debemos ver que edicións fixo e ver se son coma estas (pois leva un bo historial porque esas edicións nos artigos do alfabeto galego e éuscaro foron varias). Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 17:48 (UTC)[responder]

Actualización: polo que puiden ver no seu historial ao parecer é parte do fío de máis arriba de contas de Zuntig (pois editou algúns artigos de grupos de música arxentinos, neste caso de "Los Tekis").
Nese caso non teño nada máis que engadir que o fío de enriba. Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 17:50 (UTC)[responder]
Actualización 2: eu xa me teño que ir pero creo que está a acontecer unha guerra de edicións polo que acaba de pór a ip aquí.
Ademais diso, adxunto este artigo que pido que se elimine de maneira rápida porque é duplicado do artigo do mesmo nome en galego (Xurásico). Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 17:56 (UTC)[responder]
Última actualización: ao parecer xa parou; estiven a pelexar con el malia @Maria zaos axudou a que parara. Non lembrara sobre o modelo lixo; apliqueino ao artigo mencionado enriba e a outros máis. Iso é todo. Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 18:27 (UTC)[responder]

Finalmente, o usuario foi bloqueado por @Estevoaei. Grazas. (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 21:10 (UTC)[responder]

Please block 2800:AF0:1088:26B8:480B:D4CE:3E57:92ED/64: Long-term abuse. Thanks, --Mtarch11 (conversa) 9 de outubro de 2023 ás 02:07 (UTC)[responder]