Verónica Martínez Delgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1976 (48 anos) Valdoviño, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora de ensino secundario |
Premios | |
Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño o 4 de abril de 1976, é unha escritora e profesora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia da Arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas, en Física Aplicada, pola mesma universidade en 2016. É profesora de ensino secundario de formación profesional na familia de Servizos socioculturais e á comunidade.[2]
Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos, Olga,[3] e en diversos recitais, conferencias, cursos, obradoiros e congresos, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. En 2018 colaborou na revista Ligeia.[4]
A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na producción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro. Recentemente publicouse o traballo de fin de grao Verónica Martínez Delgado: unha poeta do século XXI nas marxes do sistema, de Lidia Gladys Cagiao Conde.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Desterrada do meu corpo (2001). Letras de Cal.[5][6]
- Deshabitada e sen verdugo (2002). Río Xuvia (Madrid). 32 páxs. ISBN 978-8486230463.[7]
- Cara a un solpor de gatos (2005). Tresctres. 92 páxs. ISBN 84-934335-9-4.[8]
- Lusocuria (2012). O Figurante Edicións. Instituto de Estudos Miñoranos. 81 páxs. ISBN 9788415164753.
- Cartapedra (2013). Lastura (Madrid). 54 páxs. ISBN 978-1730906909.
- Obra reunida (1994-2008) (2013). Amargord (Madrid). Edición bilingüe galego-castelán. 676 páxs. Prólogo de Luís Luna. ISBN 978-84-941957-4-7.[9][10]
- Refuxio (2014). Toxosoutos. ISBN 978-84-15400-97-4.[11]
- Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter (2014) A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-617-2235-8.[12]
- A outra voz (2015). A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-608-3007-8.[13]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Mañá, se cadra, non será un día máis (2015), publicado en Internet.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- X. M. Tomé. Antolóxica (2007). Universidade de Santiago de Compostela.
- I Encontro Arte e Natureza (2009). Embora.
- Breves notas sobre a historia da Arte aplicadas á intervención sociocomunitaria (2009). Lulú.
- A intervención didáctica nos DEAC (2009) Lulú.
- Didáctica da Educación Infantil desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Inaua Editora.
- Metodoloxía da Intervención Social desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
- Pedagoxía da Animación e xestión cultural desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
- Didáctica da Atención a persoas en situación de dependencia desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
- Intervención Sociocomunitaria (2020). Editorial Premir.
- Intervención socioeducativa para a igualdade desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
- Servizos á Comunidade (2020). Editorial Premir.
Prólogos
[editar | editar a fonte]- Outra vida, de Mário Herrero.
- O segredo de Sheela na Gig, de Iolanda Aldrei.
- O único lugar onde ficar inmóbil, de Arancha Nogueira.
- A seiva calcinada, de Alberte Momán.
- Manual de soidades, de Xavier Frías Conde.
- Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto), de Eli Ríos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Catro contos do Premio Repsol, 1997, Fundación Repsol.
- Somni de paper, 2001, Bromera.
- Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra, 2003, Asociación Burla Negra.
- II e III Concurso de Relato Curto e Poesía, 2005, Concello de Valdoviño.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- O ladrón de almas, en Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Filografias, 2013, Lastura.
- Esferografías, 2014, Lastura.
- Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, Frank & Time, 2014. Edición de Ana Acuña.
- Poetízate, 2014, Xerais.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Fisterras, 2015, Lastura.
- 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015, Arredista Edicións.
- odesexo, A. C. Caldeirón, 2016.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
- Disto non se fala, plaqueta editorial Micromundos, 2018.
- Antropotecas II, 2018, Ianua Editora.
- 50 historias de éxito docente. Profesores finalistas a los Premios EDUCA. Mejor docente de España 2017 y 2018, Víctor Arufe Giráldez editor. Editorial Educa.
- 32º Festival da poesía no Condado. Que nom te silenciem, S. C. D. Condado, 2018.
- Verba Volant, Ianua Editora, 2022.
- Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero), Chan da Pólvora Editora, 2022.
- A Boca no Ouvido de Alguém, Através Editora, 2023.
Premios
[editar | editar a fonte]- Segundo premio do VII Concurso de relatos breves Repsol no 1994, por Mañá se cadra non será un día máis.
- Gañadora do IV Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1996, por Había tantos homes lilas.
- Gañadora do V Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1997, por Deshabitada e sen verdugo.
- Premio Rosa de Cen Follas no 1998, por Metíchesme cen mil volumes.
- Accésit do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo.
- Premio do Concurso de Poesía Xove de Alzira no 2001, por Desterrada do meu corpo.
- III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón no 2004, por Cara a un solpor de gatos.
- Mención de honra no premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas.
- Mención no VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2013, por Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter.
- Accésit no Certame de poemas de amor de Foz no 2014, por Xa non hai máis.
- Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio.
- Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo.
- Gañadora da sección de Poesía no X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, por Habitación compartida no materno-infantil.
- Segundo premio no Certame de poesía en lingua galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa en 2018.
- Premio Educa Abanca como Mellor Docente de España na categoría de Formación Profesional en 2018 no posto número 7.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Texto non identificado na AELG.
- ↑ "Verónica Martínez Delgado". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ "Autobiografía" (PDF). concellomalpica.com. Consultado o 03/05/2019.
- ↑ "Iria Collazo". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ "Desterrada do meu corpo" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ García Salgado, Lino (19/10/2014). "Desterrada do meu corpo de Verónica Martínez Delgado: 360º de pel viva. Terra e Tempo". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 19/09/2019. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ "Deshabitada e sen verdugo". aelg.gal. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Cara a un solpor de gatos. TresCtres editores. LG3 O soportal da Literatura Galega.". culturagalega.org. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ Requeixo, Armando (12/08/2014). "Obra reunida". criticalia. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Vídeo da presentación da Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado. Axenda cultural. AELG::". aelg.gal. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ Diario de Ferrol (28/01/2014). "Verónica Martínez afonda na temática de xénero en “Refuxio”". Diario de Ferrol. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ nebedaclube (2019-02-13). "Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter. Encontro literario con Verónica Martínez Delgado". Nébeda. Club de lectura e encontros literarios. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ Requeixo, Armando (15/01/2016). "Loquios versais". criticalia. Consultado o 2019-05-03.
- ↑ "Verónica Martínez Delgado , finalista a los Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España 2018". Web Oficial de EDUCA. Plataforma para la mejora de la educación (en castelán). 2019-05-02. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Colaboracións da autora na revista dixital Palavra Comum
- Perfil en As escollas electivas Arquivado 18 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- Questionário fou(cinha): Verónica Martínez Delgado. asega-critica.net. Xaneiro 2019