Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2021
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrado de Literatura galega actual. Razón: Problemas varios
Período de votación: 6-11-2021 - 21-11-2021
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: MAGHOI (conversa) 6 de novembro de 2021 ás 01:11 (UTC) (Período de votación: dende o 06-11-2021 ata, polo menos, o 16-11-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Páxina con gran cantidade de marcadores, con contido duplicado, con sospeita de investigacións orixinais, sen referencias nin categoría.--MAGHOI (conversa) 6 de novembro de 2021 ás 01:11 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --MAGHOI (conversa) 6 de novembro de 2021 ás 01:11 (UTC)[responder]
- Borrar. --RubenWGA (conversa) 6 de novembro de 2021 ás 02:57 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2021 ás 14:02 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2021 ás 14:32 (UTC)[responder]
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2021 ás 09:51 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Artigos "Xuliana Conde González", "Concepción López Conde" e "María Amada Dopazo López"
[editar a fonte]Votación PECHADA: Borrado de tres biografías relacionadas por: falta de relevancia enciclopédica. Manter.
Período de votación: 4 de agosto de 2021 - 15 de outubro de 2021
SI: 3 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: nulo |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2021 ás 09:33 (UTC) (Período de votación: dende o 04-08-2021 ata, polo menos, o 14-08-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica.--Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2021 ás 09:33 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2021 ás 09:33 (UTC)[responder]
- Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 4 de agosto de 2021 ás 10:12 (UTC)[responder]
- Borrar --RubenWGA (conversa) 4 de agosto de 2021 ás 13:11 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter --One2 (conversa) 4 de agosto de 2021 ás 18:37 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario Compilar a historia desta familia de peixeiras de Bueu baixo unha sección de artigo sobre o oficio en xeral que actualmente debería ser denominado peixeiro, peixeira ou cunha entrada colectiva acorde (Peixeiras de Bueu?). Habería que eliminar algúns dos elementos menos relevantes, pero gardando as relacións de parentesco no texto. Non é necesario crear entradas individuais para ligar persoas emparentadas. O artigo está referenciado, é interesante dende un punto de vista histórico e local; o que non cumpriría o criterio de relevancia sería máis ben a dimensión en tres artigos propios e independentes que ten agora, ao meu entender. Recomendaría, en caso de saír o borrado, a inclusión dunha síntese dos tres baixo o a entrada da revista Aña citada, para non perder o traballo realizado. É tarde de máis para que vote, sintoo.Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2021 ás 19:52 (UTC) .[responder]
- O que aparece na entrada de Aña semella suficiente. Saúdos Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2021 ás 19:58 (UTC)[responder]
- @Elisardojm pechas a consulta que abriches ti? grazas! Maria zaos (conversa) 23 de setembro de 2021 ás 22:06 (UTC)[responder]
- Maria zaos, eu estes días non teño tempo, estou pasando a revisar a lista de vixiancia e pouco máis, ademais penso que estes procesos deberían revisalos os administradores porque son especialmente sensibles e porque depende deles facer as accións de borrado. De feito penso que debería ser obrigatorio que os pecharan eles... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2021 ás 07:59 (UTC)[responder]
- Entendible que non teñas tempo. En canto ao peche por parte da administración, é unha opinión, pero non unha política. Actualmente indica que o peche quen abriu o proceso.("o usuario que creou a votación será o encargado de facer este labor, ou, no seu defecto, calquera outro usuario. Tamén deberá inscribir o resumo, coa ligazón, na páxina Wikipedia:Resultados de votacións")
- Pódese propoñer un cambio na política. Paso a pechala eu. Segundo se indica na política: "Votacións para borrar: 2/3 ou máis dos votos; 10 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor. " Non os hai, así que o resultado é nulo. Poderá volver a facerse unha nova votación a partir do 16 de xaneiro de 2022 (" as votacións rexeitadas nunha primeira volta, non poderán someterse a unha segunda valoración ata transcorridos 3 meses da finalización da votación anterior."). Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 15 de outubro de 2021 ás 08:32 (UTC)[responder]
- Entendible que non teñas tempo. En canto ao peche por parte da administración, é unha opinión, pero non unha política. Actualmente indica que o peche quen abriu o proceso.("o usuario que creou a votación será o encargado de facer este labor, ou, no seu defecto, calquera outro usuario. Tamén deberá inscribir o resumo, coa ligazón, na páxina Wikipedia:Resultados de votacións")
- Maria zaos, eu estes días non teño tempo, estou pasando a revisar a lista de vixiancia e pouco máis, ademais penso que estes procesos deberían revisalos os administradores porque son especialmente sensibles e porque depende deles facer as accións de borrado. De feito penso que debería ser obrigatorio que os pecharan eles... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2021 ás 07:59 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: manter
Período de votación: 10/06/21 - 04/08/21
SI: 2 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: manter |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:39 (UTC) (Período de votación: dende o 10-06-2021 ata, polo menos, o 20-06-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: 1.2.1 A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica.--Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:39 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:39 (UTC)[responder]
- Borrar.--MAGHOI (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 19:58 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
-
- Comentario: Mmm, pero temos outros 10 artigos de liñas de transporte urbano, non moito máis desenvolvidos que os aquí propostos para borrado. Iso si, con moitas máis ligazóns interlingüísticas: véxanse. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2021 ás 20:48 (UTC)[responder]
- Comentario: Esta votación e a seguinte deberían agruparse. O que é de aplicación a unha tamén o é á outra. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2021 ás 20:48 (UTC)[responder]
- Comentario HombreDHojalata, acabo de ver os artigos das liñas de metro de Barcelona, pero non vexo que estes artigos poidan ter o desenvolvemento que ten por exemplo ca:Línia_11_del_metro_de_Barcelona, e tampouco teñen comparación na súa relevancia.
- Deixo as dúas votacións abertas, fíxeno para evitar problemas que xa teñen pasado noutras votacións de borrado, e agora teño preguiza para xuntalas e montar unha lea que non vexo necesaria. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 08:41 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: manter
Período de votación: 10/06/21 - 04/08/21
SI: 2 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: manter |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:37 (UTC) (Período de votación: dende o 10-06-2021 ata, polo menos, o 20-06-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: 1.2.1 A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica.--Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:37 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:37 (UTC)[responder]
- Borrar.--MAGHOI (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 19:58 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: borrar
Período de votación: 10/06/21 - 26/06/21
SI: 5 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: borrar |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:42 (UTC) (Período de votación: dende o 10-06-2021 ata, polo menos, o 17-06-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: 1.2.1 A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica.--Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:42 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 16:42 (UTC)[responder]
- Borrar.MAGHOI (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 19:59 (UTC)[responder]
- Borrar, claro. Quizais sería desexable un artigo "Transporte na Coruña", pero non un artigo para cada parada de autobús. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2021 ás 20:37 (UTC)[responder]
- Borrar.--Cossue (conversa) 13 de xuño de 2021 ás 05:36 (UTC)[responder]
- Borrar. --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xuño de 2021 ás 07:36 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: proposta de borrado do artigo
Período de votación: 19/03/2021 - 26/03/2021
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 09:36 (UTC) (Período de votación: dende o 19-03-2021 ata, polo menos, o 26-03-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Artigo con múltiples problemas derivados dunha tradución incompleta dende o alemán. Solicitada a colaboración da creadora o 1 xuño de 2020 sen resultados ata o momento. É candidato a borrado rápido polos problemas de tradución, xa que leva menos volvelo a facer de novo dende outra lingua que alguén manexe que revisar a terminoloxía e as citas. Preséntase para borrado por constar no historial a participación activa de varias persoas no artigo, de xeito que sexa transparente e poidan opinar. O motivo de borrado fundaméntase nos problemas técnicos, de contido e estilo unicamente. Esta proposta non quere abrir ningún debate sobre a relevancia ou non da figura--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 09:36 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 09:36 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 09:40 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Borrar. Eliminación rápida, sen votación. Unha tradución automática, feita en 5 segundos, sen revisión posterior ningunha, non pode consumir horas e horas de debate e traballo dos membros da comunidade. --. HombreDHojalata.conversa 20 de marzo de 2021 ás 12:22 (UTC)[responder]
- Borrar. --RubenWGA (conversa) 20 de marzo de 2021 ás 13:40 (UTC)[responder]
- Borrar. --MAGHOI (conversa) 20 de marzo de 2021 ás 23:33 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Biografía sen relevancia enciclopédica
Período de votación: 23 de xaneiro de 2021 - 15 de febreiro de 2021
SI: 8 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC) (Período de votación: dende o 23-01-2021 ata, polo menos, o 30-01-2021)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Biografía que non ten ningunha relevancia enciclopédica, e segundo o indicado en Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A Wikipedia non é un xornal: "Un quen é quen. Aínda cando un evento é notable, moitos dos individuos participantes nel poden non selo. Agás nos casos nos que o tratamento nos medios dun individuo vaia máis aló do contexto dun evento único, a inclusión de información sobre devandito individuo na Wikipedia debería limitarse ó propio artigo do evento, co peso específico que lle corresponda en relación ó tema xeral.".--Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC)[responder]
- Borrar.--MAGHOI (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 17:01 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2021 ás 18:04 (UTC)[responder]
- Borrar. --Estevo(aei)fálame aquí 23 de xaneiro de 2021 ás 18:15 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 (conversa) 24 de xaneiro de 2021 ás 10:43 (UTC)[responder]
- Borrar.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC) Non ten relevancia enciclopédica ningunha. Cadrou de casualidade que lle tocou a ela ser a primeira e igual saiu uns segundos nun telediario. Iso non abonda en absoluto.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC)[responder]
- Borrar. Bastaría cunha sucinta referencia no artigo sobre a pandemia en Galiza, tal e como suxire Piquito. Acho que ter todo un artigo para un mérito discutible, non cómpre.--Castelao (conversa) 8 de febreiro de 2021 ás 10:25 (UTC)[responder]
- Borrar Ver comentario longo abaixo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por María zaos (conversa • contribucións) 12 de febreiro de 2021 ás 15:59 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Para min este tipo de artigos que adoita crear Xabier Cid nunca están de máis. Entendo o razoamento de Elisardojm tamén, que conste. --Atobar (conversa comigo) 23 de xaneiro de 2021 ás 17:13 (UTC)[responder]
- Manter. Loxicamente, xa que o creei eu; e volveríao crear. Explícoo abaixo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 19:05 (UTC)[responder]
- Manter. --One2 (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Manter. Entendo a votación, entendo que a relevancia da persoa é discutible, e non comparto neste caso os argumentos de Xabier, en particular o de "É moi sinxelo para un home autóctono ter un artigo na Wikipedia. Con publicar un libro mediocre sen lectores, chega. Eu mesmo teño artigo de meu! Pero se es unha muller labrega, de extracción baixa, tes todas as portas pechadas", porque entendo que a relevancia dunha persoa ven polo que fai e (xeralmente) non polo que lle fan. Porén, coido que na Galipedia temos un criterio "inclusivista" (como coas vítimas da Guerra Civil), e penso que é mellor pasarse de inclusivista que do contrario. --Norrin (Fálame) 27 de xaneiro de 2021 ás 10:00 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- A miña defensa do artigo baséase en dous criterios: é un artigo completo e bo, e é un artigo que dota a nosa wikipedia dunha diversidade da que carece. En primeiro lugar, o artigo está ben escrito, é completo, e ten unha variedade de fontes. Considera o individuo no seu contexto (un grupo de persoas moi relevantes en número, especialmente representativo da sociedade galega), pero tamén no seu papel protagonista; non é un artigo orfo. Digo isto porque a nosa wikipedia, cun criterio capacitista, está inzada de artigos orfos de biografías de señores non representativos. O artigo de Nieves Cabo non está, nin de lonxe, entre os 1000 peores (máis prescindibles) artigos da Galipedia. A que vén entón esta proposta de borrado? Agora vou con iso.
- Porque o segundo motivo para manter o artigo de Nieves Cabo é que é diverso, que dota a Galipedia de diversidade. A Galipedia é unha enciclopedia dunha sociedade, e con ela dunha poboación. É moi sinxelo para un home autóctono ter un artigo na Wikipedia. Con publicar un libro mediocre sen lectores, chega. Eu mesmo teño artigo de meu! Pero se es unha muller labrega, de extracción baixa, tes todas as portas pechadas. Nin sequera matando a moita xente, ou como neste caso, póndote de exemplo para o progreso da ciencia, podes entrar. Non é suficiente con iso. Despois queixámonos de que a wikipedia é pouco diversa... e non debería estrañarnos. Non só temos os limiares de enciclopedibilidade moi baixos nalgures e moi altos noutros sitios (e cunha distribución de alturas que responde a un nesgo socio-ideolóxico claro), senón que ademais a nosa alarma de "borremos este artigo" se acende moito máis rápido nuns sitios ca noutros. E con isto, obviamente, non é unha crítica a Elisardo. Pero si ás razóns que nos levan, a Elisardo e a todos os demais, a poñernos estupendos con persoas que tiveron unha notabilidade moi alta nunha época de novas crítica, e non con outros. Por exemplo, e sen ganas de meter o dedo no ollo, algunhas das persoas que queren borrar a Nieves Cabo editaron (editaron!) o artigo de Apostolos Mangouras. O señor Mangouras só estivo en relación cun evento; os seus datos poderían meterse no artigo do Prestige, como sinala atinadamente Elisardo no cacho de política que pega. Pero o que cun señor grego vale, non vale cunha señora de Brión. E deberiamos preguntarnos por que. Por esta razón, pra crear unha Galipedia que se pareza máis ao país que temos, deberiamos manter o artigo, ben escrito e ben referenciado, de Nieves Cabo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 19:25 (UTC)[responder]
- Entendo o fondo da exposición de Xabier Cid, con todo considero que este artigo non debería existir. O artigo achega datos persoais dunha persoa anónima, dubido moito que esta muller quixera ser famosa ou ter un artigo aquí no que fale de cando casou, en que traballou e se viviu nunha residencia de persoas anciás. Creo que a personalidade ten relevancia (non son amigo do criterio da "relevancia enciclopédica") pero considero que o que se indica debería estar incluído no artigo da pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia, xa que realmente o que é relevante é onde naceu, a idade, que vivía nunha residencia e que recibiu as dúas doses da vacina Pfizer, que basicamente é o que di o artigo, podería ir todo un parágrafo adicado a Nieves Cabo. E digo isto sendo consciente de que algún dos artigos nos que traballei podería ser perfectamente proposto para borrado. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 20:07 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ ComentarioConcordo con Castelao e con Piquito en que deba ter un espazo no artigo sobre a pandemia en Galicia. En canto a outros argumentos, como a diversidade e o inclusivismo, podo entendelos, pero (e non quero entrar na discusión do criterio de relevancia per se) hai mecanismos perfectamente aliñados coas políticas como para poder recoller para a posteridade datos e informacións que representen a esas persoas máis anónimas, menos visibles, minorizadas, discriminadas etc. e na miña opinión a biografía pola biografía non é a solución ideal. É perfectamente posible facer entradas de xeito colectivo ben ricas en datos, e de feito faltan, na miña opinión. Considero importante combater un nesgo ou unha falta de oportunidade para acadar a relevancia de determinados colectivos minorizados, porén o meu parecer é que o método máis rico en información e interrelacións (ligazóns internas) son máis artigos de contexto: neste caso concreto podería ser a demografía e actividade económica rurais na Galicia do XXI, os datos de tratamento do sistema público e privado de residencias en Galicia, a incidencia por sexo e idade da pandemia etc. Entendo a idea de termos referentes diversos, máis como di Norrin, non foi polo que fixo, senón polo que lle fixeron e cando (contexto) polo que esta persoa é salientable. E podería ser ela como podería ter sido outra, como di Miguelferig. É por iso que -e máis nunha "obra colaborativa de coñecemento aberto"- non creo no inclusivismo biográfico individualista como solución a todo. Non creo neses termos tan neoliberais de "xentes feitas a si mesmas": ninguén sae adiante na vida por si só e somos froito das nosas interaccións sociais e culturais, entre as que inclúo os silenciados coidados. Os artigos colectivos e de contexto son, de seu, inclusivistas e poden ser infinitamente diversos e ricos. Outra cousa é que haxa o tempo e gañas (e fontes) para facelos.Saúdos.--Maria zaos (conversa) 12 de febreiro de 2021 ás 14:37 (UTC)[responder]
Información: O artigo está correcto, pero a primeira galega en ser vacinada non sería ela , xa que en teoría hai unha lucense vacinada en Asturias o mesmo día (Nieves Cabo ás 11:00 horas , "Pepita" ás 10.25).[1] Resulta algo controvertido sinalar unha e non outra só polo feito de emigrar a outra comunidade, non? E por que non a primeira vacinada en España, que vén no mesmo artigo?[2] Por outra banda, a vacina consta de dúas doses, así que, máis aló do interese mediático, o correcto sería indicar a primeira persoa que recibiu as dúas doses, penso eu.Referencias
- ↑ "La primera vacuna de Asturias fue para una lucense". El Progreso deLugo (en castelán). 2020-12-27. Consultado o 2021-02-12.
- ↑ Redacción (2020-12-27). "Nieves Cabo, de 82 anos, primeira vacinada en Galicia contra o coronavirus". GCiencia. Consultado o 2021-02-12.
Comentario Habería que pechar esta votación. Segundo WP:VO, habería que borrar (66% dos votos a favor do borrado). --Norrin (Fálame) 15 de febreiro de 2021 ás 10:14 (UTC)[responder]
Votación PECHADA: Proposta de borrado de biografía por investigación orixinal
Período de votación: 15 de decembro de 2020 ás 21:07 ( - 22 de dececembro de 2020
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2020 ás 21:07 (UTC) (Período de votación: dende o 15-12-2020 ata, polo menos, o 22-12-2020)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Investigación orixinal baseada nunha entrevista persoal inédita sobre unha mestra xubilada que traballou con alumnado con necesidades especiais. Durante o seu exercicio profesional disque colaborou nun libro (non a dou atopado nos créditos [1]) xa descatalogado. Unha revista do gremio (ela está no seu consello editorial) publicou en 2006 un artigo de 5 follas de autoría colectiva no que ela aparece entre oito coautores. A mesma revista publicou un artigo de 4 follas no ano 2012 no que aparece ela nunha listaxe de 15 coautores. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2020 ás 21:07 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar por WP:NFP, WP:CITE, WP:V, WP:BPV, WP:NON ... Por máis voltas que lle dou non lle atopo a relevancia para dedicarlle un artigo nunha enciclopedia. Amais, os editores facedores do artigo teiman en desfacer as revisións, restaurando valoracións subxectivas sen referencias, afastándose do formato habitual deste proxecto e repoñendo contidos repetitivos. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2020 ás 21:07 (UTC)[responder]
- Borrar -Cossue (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 07:23 (UTC)[responder]
- Borrar - Falta de argumentos un mes máis tarde. --Norrin (Fálame) 13 de xaneiro de 2021 ás 07:38 (UTC)[responder]
- Borrar - Ocarteiro (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 08:27 (UTC)[responder]
- Borrar --MAGHOI (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 09:10 (UTC)[responder]
- Borrar Lles (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 09:35 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Agardar @Patrisinha99: e @Claraedita:, poderíades responder ás obxeccións (lóxicas) de Usuario:HombreDHojalata? Está a sinalar aspectos importantes do procedemento de creación de artigos que non estades a cumprir. A maiores, habería que argumentar a relevancia dos artigos. --Norrin (Fálame) 19 de decembro de 2020 ás 10:40 (UTC)[responder]
- Busquei referencias e eliminei contido subxectivo que, efectivamente, teiman en volver colocar.--MAGHOI (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 09:10 (UTC)[responder]
ːBusquei referencias. Lles (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 09:25 (UTC)[responder]