Wikipedia:Wikigap Hackeando o patriarcado
Aparencia
O xoves 18 de novembro de 2021 ten lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, situada no Campus Lagoas-Marcosende, un Wikigap no marco da terceira edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”. Este ano o lema do workshop será "Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas"[1].
O propósito do Wikigap é facer unha introdución á fenda de xénero dentro da Wikipedia, o nesgo de xénero na Wikipedia. O obradoiro é impartido por Adrián Estévez, e para participar é preciso a inscrición previa.
Temas a tratar
[editar a fonte]- Estatísticas: o 1 de novembro, 19,478 % de biografías de mulleres na Wikipedia en galego.
- Que é a Wikipedia? Como funciona?
- Quen edita na Wikipedia? Home branco con acceso a Internet, xeralmente con estudos universitarios.
- Uso de referencias: de onde se toma a información? Emprego de Wikidata e control de autoridades. Información que aparece ao buscarmos en Google.
- En que campos hai máis nesgo? Edítase en base aos intereses particulares. Deporte? Política? Cinema?
Como reverter o nesgo?
[editar a fonte]- Páxina de coordinación: Wikipedia:Wikiproxecto mulleres.
- Outras actividades: wikimaratóns e editatóns temáticas (ver abaixo).
- Editar! Be brave!. Sobre que podemos editar?
- Biografías: científicas, deportistas, xornalistas, políticas, artistas...
- Artigos xenéricos
Propostas de artigos
[editar a fonte]- Fenda dixital de xénero (es:Brecha digital de género)
- Karina Gibert (ca:Karina Gibert)
- Nerea Luis (d:Q108296191)
- Donestech (ca:Donestech, es:Donestech)
- Ifeoma Ozoma (en:Ifeoma Ozoma)
- Ana María Mejías Sacaluga
Notas
[editar a fonte]- ↑ "O workshop ‘Hackeando o patriarcado’ celebrará o 18 de novembro a súa terceira edición centrada na intelixencia artificial fronte aos machismos". Cátedra de Feminismos 4.0. 6 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar a fonte]Ligazóns externas
[editar a fonte]Outras páxinas
[editar a fonte]- Wikipedia:Wikimaratón en liña Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 11/02/2017
- Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, 20/02/2018
- Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, 10/03/2018
- Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller, 09/03/2019
- Editatona Reto 50+, 12/03/2020
<<< Evento anterior: 12/3/2020, A Coruña. Editatona Reto 50+ |
Wikigap Hackeando o patriarcado 18/11/2021, Vigo |
Evento seguinte: data e lugar por determinar. >>> Evento por determinar |