Saltar ao contido

Wikipedia:Editatona Reto 50+

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:R50+

O xoves 12 de marzo de 2020 terá lugar unha editatona da Galipedia, co título Reto 50+, promovido pola Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña como parte das iniciativas relacionadas co Día Internacional da Muller do ano 2020.

Reto 50+ organizado pola Universidade da Coruña en marzo de 2020

Propósito

[editar a fonte]
Editatona
Reto 50+
XOVES
12
marzo
2020
16.00-18.00 h

Unha editatona é unha reunión de persoas que se xuntan para editar a Galipedia, tanto de forma presencial coma virtual.

O propósito desta editatona é contribuír a pechar a fenda de información dixital incorporando 50 novas mulleres relevantes á Galipedia.

Como, cando, onde

[editar a fonte]
O Reto 50+ terá lugar na Facultade de Informática da Coruña

O reto abordarase mediante a celebración dun obradoiro de dúas horas de duración, que comezará ás 16 da tarde nos laboratorios 0.1 e 0.2 da Facultade de Informática da Coruña (situados na pranta baixa do edificio), no Campus de Elviña.

Logo dunha breve introdución á edición da Wikipedia en galego (tamén coñecida como Galipedia), as persoas asistentes procederán á edición de novos artigos sobre mulleres relevantes. O obxectivo do reto é acadar o medio cento de novos artigos.

Información para participantes

[editar a fonte]

Cuestións xerais

[editar a fonte]

Aínda que a Galipedia se pode editar de xeito anónimo, é moi recomendable rexistrarse antes do obradoiro.

Non se requiren coñecementos previos sobre a edición da Galipedia, xa que a parte inicial do obradoiro será introdutoria ao respecto.

Podes traer o teu computador portátil, desde o que poderás conectarte á rede sen fíos da universidade para poder navegar e editar. É preciso que teñas un navegador web actualizado, recomendándose o uso do Firefox. Porén, os laboratorios onde terá lugar o obradoiro están equipados con computadores de sobremesa que a Facultade de Informática pon á disposición das persoas asistentes.

Os artigos da Galipedia escríbense en galego seguindo a normativa ortográfica da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Axudas de edición

[editar a fonte]

Para familiarizarse co funcionamento do editor gráfico da Galipedia, poden visualizarse os seguintes vídeos:

Recoméndanse as seguintes páxinas de referencia para iniciarse e resolver dúbidas:

Finalmente, previo e durante o evento poderanse resolver dúbidas na canle de Telegram: https://t.me/R50mais.

Relación de artigos propostos

[editar a fonte]

A seguinte é unha relación de artigos sobre mulleres relevantes que non existe na Galipedia antes da celebración do Reto 50+.

Artigo Edición en curso
a cargo de
Posibles fontes de información
1 Carmen de Andrés Conde (insire o teu nome)
2 María Dolores Norte Gómez (insire o teu nome) es:María Dolores Norte Gómez
3 Lillian Moller Gilbreth (insire o teu nome) es:Lillian Moller Gilbreth
4 Kate Gleason (insire o teu nome) es:Kate Gleason
5 Bertha Lamme Feicht (insire o teu nome) es:Bertha Lamme Feicht
6 Mary Fergusson (insire o teu nome) en:Mary Fergusson
7 Sheila Widnall (insire o teu nome) es:Sheila Widnall
8 Anita Borg (insire o teu nome) es:Anita Borg
9 Thelma Estrin (insire o teu nome) es:Thelma Estrin
10 Gwynne Shotwell (insire o teu nome) es:Gwynne Shotwell
11 Emily Warren Roebling (insire o teu nome) es:Emily Warren Roebling
12 Beulah Louise Henry (insire o teu nome) es:Beulah Louise Henry
13 Camela Porteiro Lago (insire o teu nome) http://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=23187
14 Aurora Liste Forján (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1116
15 Manuela Liste Forján (insire o teu nome)
16 Elena Piñeiro Castro (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1084
17 Teresa Vaamonde Valencia (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1035
18 Beatriz Benavides (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1020
19 Rosa López Comunión (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=282
20 María Antonina Sanjurjo Aranaz Cristina López http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=275
21 Concepción Ramón Amat (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=267
22 Francisca Álvarez (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=193
23 María Cagiao (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=197
24 Beatriz de Castro (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=459
25 Rosa María de Castro y Centurión (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=192
26 Carmen Cornes (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=37
27 Corona González Estévez (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=158
28 Hortensia Landeira Pontijas (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=210
29 Francisca Morlán (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=27
30 Antonia Ortiz (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=236
31 María Reguera (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=235
32 Dolores Rodeiro Boado (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=191
33 Concha Vázquez (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=187
34 Radia Perlman Laura Castro
35 Hayley Wickenheiser Piquito en:Hayley_Wickenheiser
36 Leopoldine Blahetka Chairego_apc en:Leopoldine_Blahetka
37 María Rodrigo Piquito en:Maria_Rodrigo
38 Sanna Marin Chairego_apc en:Sanna_Marin
39 Amaya Valdemoro (insire o teu nome) es:Amaya_Valdemoro
40 Comandanta Ramona Chairego_apc es:Comandanta Ramona
41 Marisa Rey-Henningsen (d:Q86974801) (insire o teu nome) Gustav Henningsen: Gravacións musicais en Galiza 1964-1968[1]
42 María Valverde (contralto) (insire o teu nome) http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=21
43 Carmen Bravo-Villasante (insire o teu nome) es:Carmen Bravo-Villasante
44 Valerie Solanas (d:Q11093) (insire o teu nome) (a encher)
45 Sylvia Rivera (d:Q2278761) Usuaria:Maria zaos (a encher)
46 Ann Bannon (insire o teu nome) es:Ann Bannon
47 Nancy Drew (insire o teu nome) es:Nancy Drew
48 Olivia Manning (insire o teu nome) es:Olivia Manning
49 Blanca Silva Inma Doval
50 Mercedes Bengoechea (insire o teu nome)
51 Imogen Holst Piquito en:Imogen Holst

A seguinte é unha relación de colectivos de mulleres relevantes que poderían incluírse no Reto 50+.

Colectivo Fontes de información
52 Monxas de Ramirás http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=204
53 Colectivo Feminista Independente Galego http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1070
54 Grupo Saudade http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=487
55 Movemento Democrático de Mulleres en Galicia http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1042
56 Mulleres galegas na Residencia de Señoritas http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1023
57 As espontáneas de San Xoán de Río http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=1044
58 As mulleres das Encrobas http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=228
59 Mulleres na olería de Buño http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=482
60 Mulleres no Seminario de Estudos Galegos http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211

Código de conduta

[editar a fonte]

A Galipedia forma parte da Fundación Wikimedia. Como evento de edición da Galipedia, a Editatona Reto 50+ adhírese á política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia, que traducimos e adaptamos aquí:

A Fundación Wikimedia quere proporcionar un lugar libre de acoso para todas as persoas, independentemente do seu sexo, orientación sexual, diversidade funcional ou neurodiversidade, aparencia física, etnia, afiliación política ou relixión, sen exclusión doutros aspectos.

Non toleramos ningunha forma de acoso ás persoas participantes dos nosos eventos. O acoso inclúe, pero non se limita a, comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, diversidade funcional ou neurodiversidade, aparencia física, etnia, afiliación política ou relixión. O acoso tamén inclúe imaxes sexuais en espazos públicos, intimidación deliberada, espreita, fotografía ou gravacións de acoso, interrupción sostida das conversas, contacto físico non apropiado e atención sexual non desexada. En caso de ser identificados, a organización advertirá e solicitará a interrupción destes comportamentos de acoso con efecto inmediato, ou mesmo procederá á expulsión do evento da persoa autora dos mesmos.

Se como participante sufres acoso, ou observas que alguén o está a sufrir ou ten algunha outra inquietude, avisa á organización inmediatamente. A organización identificarase claramente ao inicio do evento, e prestará a súa axuda ás persoas participantes para pórse en contacto coa seguridade do lugar ou a policía local, proporcionando compañía ou calquera outra asistencia que axude ás persoas afectadas a sentirse seguras mentres dura o evento.

Valoramos a túa asistencia e esperamos que quen participe siga estas regras en todas as salas e eventos relacionados coas actividades da Fundación Wikimedia.

Apúntate

[editar a fonte]

Apúntate nesta sección.

Mencións nos medios

[editar a fonte]
  1. Groba, Xavier; Ossa, Sergio de la (2017). Gustav Henningsen: Gravacións musicais en Galiza 1964-1968. Chave Mestra. Santiago de Compostela: aCentral Folque.  [1]

Véxase tamén

[editar a fonte]



<<< Evento anterior: 09/02/2019, Ourense.
2ª wikimaratona do Día Internacional da Muller
Editatona Reto 50+
12/03/2020, UDC.
Evento seguinte: 18/11/2021, Vigo
Wikigap Hackeando o patriarcado