En seis meses a Galipedia suma outros 5.000 artigos.
Seis meses máis e sumamos outros 5.000 artigos aos 20.000 que xa tiñamos, ao mesmo tempo melloramos a profundidade do wiki 5 puntos (pasamos de 11 a 16). A profundidade —un parámetro cuantitativo que mide a relación entre edicións, páxinas e artigos— serve para coñecer como evoluciona a calidade do proxecto. Segundo iso, cara ao fin de decembro teremos duplicado a calidade coa que comezabamos o ano. Relacionado con isto cómpre salientar a incorporación de numerosos colaboradores novos, desde a anterior edición do Xornal, que contribuíron a acadar eses resultados. Outro feito destacado das últimas semanas é a públicación da primeira tradución da interface de MediaWiki ao galego. Na cuarto trimestre queda moito por facer: preparar o sistema para unha nova tirada. A dos 50.000 artigos. Un momento no que o que wiki dará outro salto. Para iso será preciso aprobar políticas e normas pendentes, preparar materiais para os novos colaboradores, mellorar a xestión do sistema, en resumo deseñar o futuro da Galipedia.
Galipedia
Historia da Galipedia
A Wikipedia en galego nace oficialmente o 8 de marzo de 2003; durante algúns meses só tivo un usuario ILVI procedente da Wikipedia interlingua. O segundo usuario da Galipedia, e o primeiro galegofalante, foi Agremon o creador de todo isto e quen deu nome ao proxecto. Rexistrouse o 22 de xullo de 2003. Estes días estamos de aniversario, hai catro anos que botou a andar o wiki.
"Houbo un día en que Agremon comezou a Galipedia case como hai moi pouco ese velliño encetaba a wikipedia en lingua fulfulde (o fulani no que falan os senegaleses que venden nos nosos mercados). Co noso labor estamos demostrando que se pode facer un traballo voluntario e de calidade en galego (chegando mesmo a ser referencia doutros medios) e que, tanto dende Galicia coma dende África, queremos un mundo mellor, máis igualitario e máis xusto. Acadalo é o maior dos esforzos, pero ós poucos ímolo conseguindo." --Sobreira 9 decembro 2006
Co gallo das últimas eleccións municipais os editores da Galipedia ensaiaron un proxecto de edición en tempo real. Conforme o Ministerio do Interior publicaba os datos e segundo remataban os escrutinios (adiantándose nalgún caso aos medios de comunicación tradicionais) publicaronse os resultados para os máis de 300 concellos galegos. Un bo exemplo dos froitos que pode dar o traballo coordinado e colaborativo. Paralelamente estanse creando novos modelos con comparativas dos resultados por anos e acrecentando novos datos para acompañar os gráficos xa creados.
A colaboración desde os Centros de Ensino
Moitos novos usuarios están a coñecer a Galipedia desde o seu centro de ensino. Trátase dunha vía de colaboración moi interesante que grazas ao esforzo dos mestres e alumnos colaboradores medra día a día. Algúns dos centros colaboradores son: O IES Lamas de Castelo de Carnota, o IES Pazo da Mercé das Neves, o IES Porta da Auga de Ribadeo.
Unha enciclopedia participativa, sempre en continuo crecemento, leva consigo a idea de que a obra nunca estará rematada. Isto non impide que coa imaxe do conxunto actual poida apreciarse a existencia de carencias significativas. A importancia deste programa da TVG para moitos xoves galegos queda fóra de dúbida: a mellora desta temática revelase importante co obxecto de crear unha enciclopedia que teña contidos para todos galegos e non galegos de calquera idade. Algúns editores xa están a traballar nisto e esperamos que se vaian incorporando novos usuarios co tempo.
Axudando a mellorar a profundidade (índice que, con base en distintos parámetros, mostra o grao de revisión dos artigos): corrixindo erros, clasificando as páxinas en categorías, incluíndo datos, inserindo imaxes, dando formato, acrecentando os artigos curtos de máis, mellorando a redacción dos parágrafos escuros,...
Elaborando imaxes, gráficos ou fotografías libres de dereitos para ilustrar os artigos.
Lendo artigos, mesmo de temas dos que non se ten coñecemento, para comprobar a redacción e a claridade dos conceptos expostos.
Verificando se hai contidos procedentes de fontes con copyright ou se os artigos cumpren cos requisitos de neutralidade da Wikipedia.
Revisando o rigor e a fiabilidade das afirmacións publicadas.
Engadindo referencias aos datos e textos das entradas.
Axudando no mantemento e na administración: canto máis medra o proxecto maiores son as necesidades de administración. A colaboración dos editores nas tarefas de mantemento permite dispoñer de tempo para deseñar procedementos máis eficaces de xestión.
A colaboración dos editores pode concretarse en varias liñas de traballo. Desde marcar as edicións vandálicas co modelo lixo, categorizar artigos que os editores non lles dan ningunha categoría (ou, se se descoñece, marcar co modelo semcat), dar a benvida aos novos editores co marcador benvida, marcar as imaxes sen orixe, sen licenza ou que vulneran as regras da Política de uso das imaxes ata mover os artigos que leven un título erróneo (que pode ser por moitas causas, como non seguir as regras da toponimia ou por un erro ortográfico). Unha tarefa moi importante é a de advertir aos administradores das deficiencias nas páxinas de axuda ou a inexistencia delas nalgún caso. Un instrumento moi útil para facilitar o traballo aos administradores é o Taboleiro dos administradores, onde calquera usuario pode comunicarse con eles. En definitiva, que calquera aportación na xestión redundará en beneficio de todos.
Técnica
As extensións de MediaWiki permiten engadir funcións ao sistema. Estas son as últimas engadidas:
Extension:ImageMap, para definir dentro dunha imaxe áreas nas que ao clicar se acceda a unha ligazón. No servidor de aplicacións de Wikimedia hai unha ferramenta para determinar as coordenadas de cada zona da imaxe. O código escríbese entre as etiquetas <imagemap></imagemap>.
Extension:Poem, permite inserir dun xeito sinxelo poemas ou materiais semellantes sen ter que recorrer a saltos de liña ou recursos semellantes. Usando as etiquetas <poem></poem> dáse formato.
Agora non é preciso usar un modelo para asignar un bordo ás imaxes con fondo claro; co novo atributo border pode facerse. Uso: [[Image:Nome_do_ficheiro.extensión|border|100px|right]]
Proxectos Wikimedia:
Rexistro e contrasinais
Desde principios de maio os contrasinais que coincidan co nome de usuario non poden seguir usándose. No caso de ter definido un enderezo de correo electrónico nas preferencias de usuario poderá recibirse unha nova clave, en caso contrario mesmo pode perderse o acceso a esa conta.
Seguridade nos contrasinais. Por causa dun incidente na Wikipedia en inglés na que as contas de varios administradores foron crackeadas e utilizadas abusivamente, como medida de seguridade inseriuse un Captcha para evitar os sistema automáticos de proba de contrasinais. Así mesmo revisáronse todas as contas de admnistradores na Wikipedia en inglés e en Commons para desactivar aquelas contas con contrasinais febles. Recoméndase a todos os usuarios que revisen os seus contrasinais, en particular aos administradores, e en caso necesario os substitúan por claves máis seguras. En Meta está dispoñible un documento en inglés con recomendacións.
A Galipedia é unha das opcións de busca na versión alfa da turbina de culturagalega.org. Entre as opcións de procura están google (web e vídeos), technorati, o DOG, culturagalega e a Galipedia. Unha vez que se insire o termo da consulta presenta o resultado na Galipedia se hai o artigo e se o termo se corresponde co nome exacto na Wikipedia en galego.
Colaboradores
Cando a Galipedia apenas contaba cuns poucos usuarios uníuse Rocastelo. Aínda hoxe é o colaborador que máis edicións fixo en artigos. É un dos usuarios que axudou a levantar a zona galega de Commons sendo dos primeiros en cargar imaxes de Galicia. Entre os seus méritos está organizar o Wikisource en galego así como o resto dos proxectos na nosa lingua. A súa pegada pode verse en centos de artigos nos que aplicou con rigor e eficacia os principios da Wikipedia. A Galipedia que coñecemos hoxe é resultado en gran medida da súa contribución.
Pene: "Este artigo é obxecto de vandalismos noutras Wikipedias e procede da Wikipedia en castelán no que tamén foi vandalizado repetidamente..." (Prevert)
Luis Michelena"Malia chamarse Luis Michelena, o certo é que el preferiu empregar sempre Koldo Mitxelena..." (193.145.249.213)
Gallaecia Eu non vexo no texto latino nada de que tocasen a gaita xa naquela época; coido que o que din e que "facían ruido golpeando ou chocando os escudos = caetras (213.60.30.30)
Xogo popularNeste artigo, un dos xogos da lista é "sangue", pero está enlazado a "xogo", onde non se menciona tal, se é que existe. (Lameiro)