Wilkes-Barre
Epónimo | John Wilkes e Isaac Barré (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Pensilvania | ||||
Condado | Condado de Luzerne (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.328 (2020) (2.341,54 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 15.467 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Wyoming Valley | ||||
Superficie | 18,931143 km² | ||||
Auga | 4,5022 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 160 m | ||||
Comparte fronteira con | Forty Fort (pt) Laurel Run (pt) Hanover Township (en) Larksville (pt) Wilkes-Barre Township (pt) Edwardsville (pt) Kingston | ||||
Creación | 1769 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Wilkes-Barre, Pennsylvania (en) | George C. Brown (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18711 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | wilkes-barre.pa.us |
Wilkes-Barre é unha cidade situada no estado estadounidense de Pensilvania, próxima a Scranton, no condado de Luzerne.
Historia
[editar | editar a fonte]A principios do século XVIII o val de Wyoming estaba habitado por tribos de nativos americanos Shawnee e Lenape. En 1769 un grupo de europeos, liderado por John Durkee, converteuse no primeiro asentamento non nativo en chegar á zona. Foi chamado Wilkes-Barre en honra a John Wilkes e Isaac Barré, dous membros do Parlamento británico que apoiaron a colonización de terras de ultramar que máis tarde se converteron en Estados Unidos.
A comunidade inicialmente estivo do lado de Connecticut, que reclamou a propiedade desas terras contra o seu rival Pensilvania. Un grupo de homes armados leais a Pensilvania tentou dúas veces expulsar aos habitantes de Wilkes-Barre nas chamadas Guerras da Pennamita. Despois da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, o asunto resolveuse cun compromiso: os veciños obtiveron a propiedade da terra ao aceptar anexionala a Pensilvania.
Fundación e Industria
[editar | editar a fonte]A poboación de Wilkes-Barre aumentou significativamente tras o descubrimento dun depósito de antracita a principios do século XIX, o que deu á cidade o alcume de "A Cidade Diamante". Centos de miles de inmigrantes invadiron a cidade atopando traballo nas numerosas minas xurdidas en pouco tempo. Foi fundada en 1769, incorporada en 1806 e oficialmente recoñecida como cidade en 1871[1].
Século XX
[editar | editar a fonte]A industria mineira sobreviviu a numerosos desastres que provocaron a morte de moitos mineiros. Estes inclúen a explosión da Baltimore Colliery en 1919, que causou a morte de 92 traballadores. Porén, a industria do carbón non sobreviviu ao descubrimento doutras fontes de enerxía que substituíron aos poucos este combustible. A maioría das compañías abandonaron Wilkes-Barre ao final da Segunda guerra mundial e en 1959, após o Desastre da mina Knox a cidade entrou nun declive que durou varias décadas, acelerado polo furacán Agnes en 1972[2].
Inundación desastrosa
[editar | editar a fonte]As fábricas e tendas seguiron sendo as principais actividades de Wilkes-Barre, pero a economía da cidade alcanzou o seu punto máis baixo tras o furacán que a azoutou en 1972. As augas do río Susquehanna alcanzaron o nivel duns doce metros, 1,5 metros por riba do nivel da cidade, alcanzando unha altura duns 3 metros no centro da cidade. Seis persoas perderon a vida e 25.000 vivendas e locais comerciais e industriais resultaron danados ou destruídos. Os danos estimáronse en mil millóns de dólares e o presidente Richard Nixon fixo que o Congreso concedese axuda inmediata para a zona afectada.
Entre 1972 e finais de 1980, Wilkes-Barre comprometeuse a reparar os danos mediante a reconstrución dos edificios destruídos ou danados e elevando as marxes do río até a máxima altura alcanzada polo mesmo nesa ocasión. Esta disposición resultou útil durante as choivas de 1996, 2004 e 2006.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a súa poboación era de 43.123 habitantes.[3] En 2006, estimouse unha poboación de 41.288 habitantes,[4] un descenso de 1.835 (-4,3%). Na localidade naceron importantes científicos como o físico cuántico David Bohm e o Premio Nobel de Física de 1997 William Daniel Phillips.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos (USCB), ten unha superficie de 18,6 km², dos cales 17,7 km² cubertos por terra e 0,9 km² cubertos por auga.
Localidades veciñas
[editar | editar a fonte]Nun radio de 4 km arredor de Wilkes-Barre encóntranse as localidades de Wilkes-Barre Township, Pringle, Edwardsville, Kingston, Laurel Run e Ashley.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "City Facts & Figures ; Wilkes-Barre". www.wilkes-barre.city. Consultado o 2022-07-17.
- ↑ "Wilkes-Barre Preservation Society presents “Agnes” Documentary Film - The F.M. Kirby Center for the Performing Arts". www.kirbycenter.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-07-17.
- ↑ "U.S. Census Bureau. Census 2000 Summary File 1". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-11. Consultado o 2007-11-05.
- ↑ "U.S. Census Bureau. Estimativa da poboación (xullo de 2006)". www.census.gov. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 5 de novembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wilkes-Barre |
- Scranton/Wilkes-Barre RailRaiders (equipo de béisbol)
- Wilkes-Barre/Scranton Penguins (equipo de hockey sobre xeo, a súa mascota chámase Tux, como a de Linux)