William Turner (compositor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1651 Oxford, Reino Unido |
Morte | 13 de xaneiro de 1740 (88/89 anos) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Movemento | Música barroca |
Tesitura | Contratenor |
Instrumento | Órgano e voz |
Familia | |
Fillos | Ann Robinson |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
William Turner, nado en 1651 (ou 1652) e finado en Londres o 13 de xaneiro de 1740, foi un compositor e contratenor do Barroco inglés, coetáneo de John Blow e Henry Purcell. É particularmente coñecido polos seus himnos relixiosos, dos cales se conservan arredor de corenta. Como cantante, foi cabaleiro da Capela Real desde 1669 ata a súa morte.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A relación de Turner coa Capela Real empezou nos primeiros anos da década de 1660, cando se apuntou ao seu coro, sendo un rapaz, con voz de soprano. En 1666 a súa voz madurou, un ano despois do seu nomeamento como mestre de coristas da catedral de Lincoln. En 1669, con todo, volveu á Capela Real como contratenor, e á morte de Henry Cooke en 1672 (quen se preocupara por Turner no ano transcorrido entre a madureza da súa voz e a súa incorporación á catedral de Lincoln) pasou a ser membro do King's Private Musick. A súa carreira como cantante seguiu a prosperar e cantou composicións de John Blow e de Henry Purcell, incluíndo as partes de solo alto nas representacións do día se Santa Icía de 1687 (oda de G. B. Draghi), de 1692 (oda de Henry Purcell) e de 1695 (oda de John Blow).
A partir de 1696 pasou a coñecerse normalmente como "Dr. Turner", xa que desde xuño dese ano comezou a concederse o grao honorario da Universidade de Cambridge.[2]
Música
[editar | editar a fonte]A maior parte das composicións de Turner escribiuse antes de 1700 e pertence, maioritariamente, ao xénero de música sacra. Entre estes traballos hai cancións, máis de 40 himnos (algúns dos cales inclúe partes para instrumentos de corda) e un motet. Contribuíu tamén con cancións e con música para polo menos cinco representacións teatrais, entre as que cómpre salientar The Libertine, de Thomas Shadwell.[2] Compuxo máis de cincuenta cancións profanas, a maioría delas publicadas,[3] así como unha pequena cantidade pezas instrumentais, maiormente para teclado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New Grove Dictionary of Music & Musicians. Ed. Stanley Sadie; 1980. ISBN 1-56159-174-2
- ↑ 2,0 2,1 Idem.
- ↑ Day e Murrie. English Song Books 1651-1702: a Bibliography. Londres, 1940.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franklin. Turner, William (II). En Macy, Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press.
- Day e Murrie. English Song Books 1651-1702: a Bibliography. Londres, 1940.
- Dexter, Turner, William (1651/2-1740). En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press, 2004.