Saltar ao contido

Willy DeVille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilly DeVille

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Paul Borsay Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1950 Editar o valor en Wikidata
Stamford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 2009 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFairfield Memorial Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, compositor, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBlues, Soul, Rhythm and blues, Música cajun (pt) Traducir e música de América Latina Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, Harmónica e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Atlantic Records
Era Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeToots Deville Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webwillydevillemusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0212151 Allocine: 38072 Allmovie: p18836
BNE: XX877527 Last fm: Willy+DeVille Musicbrainz: b09775a9-957d-4101-aa88-da78b9c6ad36 Songkick: 247431 Discogs: 260258 Allmusic: mn0000678353 Find a Grave: 103683407 Editar o valor en Wikidata

Willy DeVille, nado en Stamford (Connecticut) o 25 de agosto de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un cantante e compositor estadounidense.

Primeiro coa súa banda Mink DeVille (1974-1985) e, máis tarde por libre, ao longo de 35 anos de carreira creou cancións enteiramente orixinais malia estaren enraizadas no estilo musical tradicional americano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

DeVille traballou con colaboradores de todo o espectro da música americana, incluíndo Jack Nitzsche, doc Pomus, Dr John, Mark Knopfler, Allen Toussaint, Eddie Bo, Brenda Lee, Los Camperos de Nati Cano, e David Hidalgo. A típica canción de Deville en calquera das súas músicas está chea de anhelos románticos. Os ritmos latino, riffs de blues, doo-WOP, música caxún, aires de cabaré francés, e ecos do principios dos 60 atópanse nas súas obras.

Mink DeVille foi a banda do histórico club neoiorquino CBGB, no que naceu o punk rock a mediados da década dos 70. Deville axudou a axustar o son de Brill Building, e despois da súa mudanza a Nova Orleáns en 1988, axudou a desencadear o renacemento da música tradicional da cidade, o rithm & blues. As súas letras sentimentais e a exploración dos ritmos e sons americanos axudaron a definir un novo estilo musical, ás veces chamado "hispano-americano." Jack Nitzsche dixo de DeVille que era o mellor cantante co que chegara a traballar. Maila ser unha estrela en Europa, non foi moi coñecido nos Estados Unidos.

O crítico Robert Palmer escribiu sobre el en 1980:

O señor DeVille é un intérprete magnético, pero a súa actitude de machote agocha unha fina intelixencia musical; as súas cancións e arranxos son ricos en ritmos étnicos e en ecos blues (...). El encarna o feixe de contradicións culturais (de Nova York) (...)

Doc Pomus, membro do Salón da Fama do Rock and Roll e co cal compuxo varias cancións, escribiu sobre el:

DeVille coñece a verdade das rúa da cidade e a coraxe dunha canción de amor de gueto (...)

DeVille morreu de cancro pancreático durante a noite do 6 de agosto do 2009 nun hospital de Nova York.