Wish You Were Here
Wish You Were Here | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pink Floyd | ||||
Publicado | 12 de setembro de 1975 | |||
Gravación | xaneiro e xuño de 1975 | |||
Estudio(s) | Abbey Road Studios, Londres | |||
Duración | 44:24 | |||
Xénero(s) | rock progresivo | |||
Selo(s) | Harvest, EMI | |||
Produtor | Pink Floyd | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Wish You Were Here é o noveno álbum de estudio da banda británica de rock progresivo Pink Floyd, publicado en setembro de 1975 e inspirado no material que compuxeron durante a súa xira europea de 1974 e que gravaron nos Abbey Road Studios de Londres. A temática do álbum explora a ausencia, a industria musical e os problemas mentais do anterior membro da banda Syd Barrett. As sesións de gravación foron arduas e complicadas, en parte pola idea de Roger Waters de dividir a canción "Shine On You Crazy Diamond", para despois unir cada metade con tres novas composicións. "Shine On" é un tributo a Barrett, quen se presentara nos estudos o 5 de xuño no momento no que se gravaba.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1974 Pink Floyd compuxo tres novos temas; "Raving and Drooling", "Gotta Be Crazy" e "Shine On You Crazy Diamond", que tocaron previamente nunha serie de concertos por Francia e en Gran Bretaña, como parte da súa primeira xira desde a que fixeran en 1973 para promocionar o álbum The Dark Side of the Moon. A banda nunca contratara un publicista. A súa relación coa prensa comezou a volverse máis tensa, polo que despois dunha forte crítica de Nick Kent (devoto de Syd Barrett) sobre o seu novo material e outra de Pete Erskine da revista NME, regresaron aos estudos de gravación en 1975 para comezar a dar forma o seu novo disco.