Xabier Cid
Xabier Cid en 2008 | |
Nome orixinal | Xabier Cid Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de setembro de 1975 (49 anos) Ourense, España |
Residencia | Stirling |
Formación profesional | Filoloxía e xestión deportiva |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - Filoloxía galega Universidade de Stirling |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor, wikimedista |
Empregador | Universidade de Stirling |
Xénero artístico | Narrativa e poesía |
Obra | |
Obras destacables Terá as túas balas | |
Premios | |
| |
Sitio web | xabiercid.eu |
Xabier Cid Fernández, nado en Ourense o 7 de setembro de 1975, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en filoloxía e mestrado en xestión deportiva, foi consultor da Navalla Suíza. Este xestor de proxectos dixitais traballou de administrativo, de árbitro, de xornalista, de profesor de galego, de guía turístico, de empresario, de tradutor e de repartidor de comida. Viviu en Stirling e Glasgow (Escocia) durante catorce anos, despois en Pontevedra foi profesor no colexio Doroteas antes de marchar a Madrid.[1]
Colaborou un ano na Radio Galega e foi candidato pola circunscrición electoral da Coruña, na lista de Converxencia 21, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.[2] É editor habitual na Galipedia desde 2006. Colaborou en Praza.gal.[3]
En 2022 publicou 10.000 millas de andar na bici. Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional, experiencias que conta nesta narración.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Terá as túas balas (2000). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-371-6.
- As bicis (2018). Culleredo: Espiral Maior.[5] ISBN 978-84-949164-2-7.
- 10.000 millas de andar na bici (2022). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-087-8. ePub: ISBN 978-84-1110-101-1.
Traducións
[editar | editar a fonte]- O devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade galega, de Craig Patterson (2008). Fundación Otero Pedrayo.
- Unha viaxe á Lúa, de George Tucker (2009). Santiago: Urco Editora.
- A princesa e o trasno, de George MacDonald (2009). Santiago: Urco Editora.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2018: gañador do XXI Premio de poesía Concello de Carral co poemario As bicis.[6]
- 2000: finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey con Terá as túas balas.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ Resolución do 29 de agosto de 2016 DOG.
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-02-07). "crítica de AS BICIS, de Xabier Cid, en Espiral Maior.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ "Xabier Cid gaña o XXI Certame de Poesía do Concello de Carral". Sermos Galiza. 6 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 07 de maio de 2018.
- ↑ "XABIER CID GAÑA O XXI CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL” Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2022-04-24.