Xavier Rodríguez Baixeras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Tarragona, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Spanish poetry (en) e actividade tradutora |
Ocupación | escritor, tradutor, poeta |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Familia | |
Irmáns | Rafael Baixeras |
Premios | |
Francisco Xavier Rodríguez Baixeras, nado en Tarragona en 1945, é un poeta, ensaísta e tradutor galego. É irmán do pintor Rafael Baixeras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tarragona, onde estaba destinado como militar o seu avó paterno, orixinario de Nois (Foz). O seu pai, galego, era secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalá. Por tanto medra políglota en tres idiomas: catalán, castelán e galego[1]. A familia marcha despois a Ribadeo. Alí fai os estudos primarios. En 1957 trasladáronse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. En Segovia estuda o bacharelato. Pasa pola Universidade de Valladolid, e despois pola de Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.
En Madrid retomou o contacto con Galicia a través das clases que na delegación da UNESCO dirixía Ben-Cho-Shey. Tamén coñeceu a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasladouse novamente coa familia á Coruña, onde comezou a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtivo praza en Palma, onde viviu tres anos. En 1977 trasladouse a Vigo onde entrou en contacto con escritores e xente da cultura, e comezou a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor[2][3]. Amigo persoal de poetas e artístas da Movida viguesa dos 80, como Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello ou Ramiro Fonte. Desde 2006, unha vez xubilado como profesor de lingua e literatura do instituto Castelao do Calvario de Vigo, pasou a residir en Salvador de Baía (Brasil) durante catro anos. Reside en Vigo alternando estadías en Nois (Foz) onde cultiva a poesía, ensaio e a tradución. Como tradutor traduciu ao galego a autores italianos, cataláns e de lingua portuguesa ao galego; tamén a autores galegos ao castelán e ao catalán[1][4]. Participa activamente en recitais poéticos[5], presentacións, colaboracións literarias e congresos[6].
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da Crítica española no 1988, por Anos de viaxe.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 1996, por Visitantes.
- Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 1996, por Nadador.
- Premio da Crítica Española na modalidade de poesía galega no 1997, por Beira Norte[7]
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2001, por Eclipse.
- Premio de poesía Afundación VIII (antes Caixanova) 2009 [8], por Deserto Diamantino.[9]
- Homenaxe O Escritor na súa Terra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2007.[10]
- Premio da XXX edición de Poesía Cidade de Ourense no 2013, por A luz extinta.
- Premio Ramón Cabanillas de Tradución, da Xunta de Galicia no 1992, por "O deserto dos tártaros"
- En 2020 gañou o XXVI Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro convocado polo Concello de Lalín no marco da Feira do Cocido polo Dicionario da comida galega.[11]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Fentos no mar (1981, Ediciós do Castro).
- Lembranza do areal (1985, Caixa Ourense).
- Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987, Xerais), que inclúe a súa obra anterior máis Os celestes faiados e A gándara da noite (da que hai edición bilingüe en 1991[12]).
- Sonetos do irmán (1991).
- Visitantes (1991, Deputación da Coruña).
- Nadador, Premios da Crítica Galicia de creación literaria (1996, Espiral Maior).
- Beira Norte , Premio da Crítica Española na modalidade de poesía galega (1997, Sotelo Blanco. Edición anterior, máis pequena, de 1996, en Monograma).
- As augas abandonadas. Las augas abandonadas (1999, Ediciones Trea, Xixón). Antoloxía bilingüe galego-castelán.
- Eclipse (2001, Espiral Maior).
- Francesca (2003, Deputación de Pontevedra).
- O pan da tarde (2006, Galaxia). Edición bilingüe galego-castelá no 2008.[13]
- Deserto diamantino, VIII Premio Caixa Nova 2009 (2010, PEN Clube de Galicia-Caixanova).
- Luz extinta (2015, Espiral Maior).
- O bosque sem saída (2020). Laiovento. 162 páxs.
- Onde ferve a memoria (2023, colección Dombate, Editorial Galaxia) 102 páxs. Ilustrado por Baldo Ramos.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Trece poetas cataláns (1996, Espiral Maior).
- Diario de comidas (2004, Galaxia).
- Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980 (2009, Espiral Maior).
- Brasil no centro (2011, Galaxia).
Dicionarios
[editar | editar a fonte]- Dicionario da Comida Galega (2018, Aira/Engaiolarte)[14].
- O Dicionário Electrónico e-Estraviz, de Estraviz e Xavier Baixeras (colaborador).
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]- O deserto dos tártaros (Dino Buzzati, 1991, Xerais).
- Flanagan de luxe (Andreu Martín e Jaume Ribera, 1994, Xerais).
- Alfagann é Flanagan (Andreu Martín e Jaume Ribera, 1996, Xerais).
- Os noivos (Alessandro Manzoni, 1996, Galaxia).
- O Gatopardo (Giuseppe Tomasi di Lampedusa, 2005, Galaxia).
- O oficio de vivir (Cesare Pavese, 2006).
- A memoria da árbore (Tina Vallès, 2019)[15].
- Crónicas da verdade oculta (Pere Calders, Xabarín, Xerais).
- O demo nos outeiros (Cesare Pavese, Xerais).
- O deserto dos tártaros (Dino Buzzati, Xerais).
- O can que viu a Deus e outros contos (Dino Buzzati, Ed. do Cumio)
- Así é (se vos parece) ( L. Pirandello, Xerais).
- Os Noivos (Alessandro Manzoni, Galaxia).
- Andreu Milà (M. A. Riera. Xerais).
- Camiño de sirga (Jesús Moncada, Xerais).
- O violín de Auswitz (Àngels Anglada, Xerais).
- Antoloxía da poesía mallorquina (Espiral Maior).
- Antoloxía (Josep Mª Llompart, Espiral Maior).
- Antoloxía (Blai Bonet, Espiral Maior).
- Antoloxía (B. Rossellò Porcel, Espiral Maior).
- Antoloxía (Marià Villangómez Espiral Maior).
- Antoloxía (Miguel Costa i Llobera, Espiral Maior).
- Antoloxía (Joan Alcover, Espiral Maior).
- Marido e outros contos (Lídia Jorge, Xerais).
- Montedemo (Hélia Correia, Xerais).
- Preludio (Antoni Marí, Kalandraka).
Edicións críticas
[editar | editar a fonte]- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1990, Xerais).
- O divino sainete, de Manuel Curros Enríquez (1999, Xerais).
- Obra poética completa, de Xosé Mª Álvarez Blázquez. (2004, Xerais)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
- V Festival da Poesía no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- VII Festival da Poesía no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesía no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- Sede central. 1 (1988, Clube Cultural Adiante).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán.
- XI Festival da Poesía no Condado (1991, S. C. D. Condado).
- XIV Festival da Poesía no Condado (1994, S. C. D. Condado).
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy (1995. Deputación de Granada). Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Manuel María (2001, Ophiusa).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
- Galicia: nai e señora (2002, Nigra).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Son de poesía (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
- Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]Traducións ao castelán
[editar | editar a fonte]- Debacle, de Camilo Gonsar (2003, Trea, Xixón).
- En el país de las lágrimas, J. Viale Moutinho. Ed. Xerais.
- Bretaña Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Xerais.
- Arnoia, Arnoia, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Anaya.
- Amor de Artur, X. L. Méndez Ferrín (en col.) Ed. Debate.
- Danina y Lalila, J. Cardoso Pires, Alianza ed.
- Lisboa. Diario de abordo, J. Cardoso Pires, Alianza ed.
- Un juego de apócrifos, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe.
- La rosa de Borges, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe.
- Una abeja en la lluvia, Carlos de Oliveira. Ed. KRK.
- Finisterra, Carlos de Oliveira. Ed. KRK.
- Diario de una expedición, Euclides da Cunha, Ed. KRK.
- Adiós norte, Ramiro Fonte, Ed. Renacimiento.
- Capitán invierno, Ramiro Fonte, Ed. Pre-textos.
- La gándara de la noche, Xavier Rodríguez Baixeras, Ed Libertarias.
- Mar al norte, Álvaro Cunqueiro, Ed. Alento.
Obra en catalán
[editar | editar a fonte]Traducións ao catalán
[editar | editar a fonte]- Bretanya Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Laia.
- La llum dels esgarriats, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Abella.
- Sis poetes gallecs, colaboración con Àlex Susanna. Ed. Columna, Barcelona 1990[16].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Xavier Rodríguez Baixeras". Aira Editorial. 2019-06-12. Consultado o 2019-07-24.[Ligazón morta]
- ↑ "Páxina de error". bvg.udc.es. Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Rodríguez Baixeras, Xavier (1945-VVVV). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com. Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Rodríguez i Baixeras, Xavier". www.visat.cat (en catalán). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Evento: Recital poético de lecturas rosalianas | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Rodríguez Baixeras, Xavier (1945-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Premio de la Crítica (gallego):". epdlp.com. Consultado o 2019-07-29.
- ↑ "gandores_premio_poesía" (PDF). afundacion.org. Consultado o 24/04/2020.
- ↑ Comesaña, Sara. "Xavier Rodríguez Baixeras: "Hay que dejar de lado la sociedad y escucharse a uno mismo"". La Opinión Coruña (en castelán). Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Xavier Rodríguez Baixeras: “O bonito da homenaxe que me vai render a AELG é que os compañeiros estarán comigo” | Axenda cultural AELG". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Consultado o 2019-07-24.
- ↑ "Rodríguez Baixeras gana este año el premio Álvaro Cunqueiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-28. Consultado o 2020-01-28.
- ↑ "La gándara de la noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El pan de la tarde= O pan da tarde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Xavier Rodríguez Baixeras: «A nosa cociña é sinónimo de cultura»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-05. Consultado o 2019-07-24.
- ↑ A memoria da árbore, Lecturafilia.com, 23 de abril de 2019.
- ↑ "Rodríguez i Baixeras, Xavier". www.visat.cat (en catalán). Consultado o 2019-07-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xavier Rodríguez Baixeras na Biblioteca Virtual Galega.
- Galiza: Berço da Lusofonia, páxina 122 nomea a Xavier Rodriguez Baixeras como colaborador do dicionario en liña Estaviz. http://palavracomum.com/wp-content/uploads/2016/11/Arcosonline-galiza-berco-da-lusofonia.pdf