Xentiobiosa


A xentiobiosa ou amigdalosa é un disacárido formado por dúas unidades de D-glicosa unidas por enlace O-glicosídico β(1→6) co nome sistemático 6-O-β-D-glicopiranosil-D-glicosa [1]. É un sólido branco cristalino soluble en auga ou en metanol quente cunha masa de 342,30 g/mol.[2]
Non se atopa como azucre libre, senón formando parte de glicósidos. A xentiobiosa forma parte da estrutura da crocina, o composto que lle dá cor ao azafrán. Forma parte tamén da estrutura da amigdalina, presente nas améndoas amargas, e nas sementes de moitas froitas con óso, como os pexegos.[3] É un produto da caramelización da glicosa.
Son isómeros da xentiobiosa os seguintes azucres tamén formados por glicosas pero con diferente enlace glicosídico: trehalosa (con enlace α(1→1)α), maltosa (enlace α(1→4)), Isomaltosa (enlace α(1→6)), soforosa (enlace β(1→2)), e celobiosa (enlace β(1→4)).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem
- ↑ Merck Index, 11ma. Edición, 4288.
- ↑ Calvo M. GLUCOSIDOS CIANOGENICOS Bioquímica de los alimentos