Saltar ao contido

Xeografía de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe por satélite da Australia.

A maior parte da xeografía de Australia está composta por desertos ou zonas semiáridas (o 40 % da masa terrestre está cuberta por dunas de area). Só os extremos sueste e suroeste teñen un clima temperado e un chan moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é bosque tropical, parte son pastos e parte é deserto. A Gran Barreira de Coral, o maior arrecife de coral do mundo, sitúase a pouca distancia da costa nordeste e esténdese por máis de 1.200 km. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monólito do mundo e sitúase na Australia central.

Datos xerais

[editar | editar a fonte]

Localízase en Oceanía, continente situado entre o océano Índico e o océano Pacífico sur.

As súas coordenadas xeográficas son 27°0′ S, 133°0′ E.

Ten unha área total de 7.686.850 km², dos que 7.617.930 son de terra e 68.920 de auga, incluídas a illas de Lord Howe e a illa Maccarie.

Non ten fronteiras terrestres e a súa costa é de 25.760 km.

Reivindicacións marítimas

[editar | editar a fonte]
  • Zona contigua: 24 millas náuticas.
  • Plataforma continental: 200 millas náuticas ou ata o bordo do talude continental.
  • zona económica exclusiva: 200 millas náuticas.
  • Mar territorial: 12 millas náuticas.

Configuración e aproveitamento do terreo

[editar | editar a fonte]

A maior parte do territorio é un planalto baixo e desértico; unha planicie fértil no sueste. O punto máis baixo do territorio é o Lago Eyre (15 m) e máis elevado é o Monte Kosciuszko (2.229 m).

Os recursos naturais máis abundantes son: bauxita, carbón, ferro, cobre, estaño, ouro, prata, uranio, níquel, tungsteno, areas minerais, chumbo, cinc, diamantes, gas natural e petróleo.

Canto ao uso da terra, en estimacións de 1993, un 6 % é de labor, non hai cultivos permanentes, o 54 % corresponde a pastos permanentes, un 19 % a bosques e o 21 % restante a outros aproveitamentos. De todo o territorio, 21.070 km2 son de terra irrigada.

Cuestión ambiental

[editar | editar a fonte]

Perigos naturais

[editar | editar a fonte]
  • Ciclóns ao longo da costa.
  • Secas severas e inundacións ocasionais.
  • Incendios forestais frecuentes.

Problemas actuais

[editar | editar a fonte]

Acordos internacionas asinados

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]