Xiana
Xiana[1][2][3] é un nome propio feminino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.[2] En galego tamén conta coa variante Xuliana.[4]
En xaneiro de 2023 existían 1.664 mulleres en Galicia co nome Xiana, cunha media de idade de 13,1 anos.[5] Non existen persoas rexistradas co nome Xuliana.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Xiana provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín: Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexa, vizosa, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "a do cabelo encaracolado".
Personalidades
[editar | editar a fonte]- Xiana de Norwich, 1342 - >1416, foi unha anacoreta e mística inglesa.
- Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel, 1729 - 1796, raíña de Dinamarca e Noruega.
- Xiana dos Países Baixos, 1909 - 2004, foi raíña dos Países Baixos.
Galegas
[editar | editar a fonte]- Xiana do Teixeiro, é unha directora de cinema galega.
- Xiana Méndez, Pontevedra, 1977, é unha economista galega.
- Xiana Arias, A Fonsagrada, 1983, é unha poetisa e xornalista galega.
Santas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ Nome Xiana na Web do Intituto Galego de Estatística