Xiana Méndez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1977 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade Pontificia Comillas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial, avogada, funcionaria pública ![]() |
Familia | |
Pai | Constantino Méndez Martínez ![]() |
Irmáns | Elena Méndez Bértolo ![]() |
![]() |
Xiana Margarida Méndez Bértolo, nada o 27 de xullo de 1977 en Pontevedra, é unha economista galega. Desde xuño de 2018 é Secretaria de Estado de Comercio no goberno de Pedro Sánchez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito e en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid. En 2004 ingresou mediante concurso oposición no Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e comezou a súa traxectoria profesional na Comisión Nacional da Competencia (CNC).[1]
Entre os anos 2013 e 2015, desempeñou diferentes postos na Dirección Xeral de Política Económica do Ministerio de Economía, chegando a especializarse nos sectores do transporte, infraestuturas e crédito oficial.
A partir do mes de agosto de 2015, pasou a ser a Conselleira Económica e Comercial da Embaixada de España en Ecuador, situada na cidade de Quito.[1]
En 2018 regresou a España após ser nomeada polo Consello de Ministros, como a nova Secretaría de Estado de Comercio e tamén a nova Presidenta do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).[2][3] O 16 de xaneiro de 2023 estivo a piques de ser cesada pola ministra Reyes Maroto a favor de Juan Ignacio Díaz Bidart[4] por presións de Nadia Calviño, pero a operación foi abortada por Moncloa[5].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmá da xeógrafa Elena Méndez Bértolo e do psicólogo Constantino Méndez Bértolo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 J., G. C. (23 de xuño de 2018). "O Goberno designa á galega Xiana Méndez secretaria de Estado de Comercio". La Opinión A Coruña. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ Europa Press (22 de xuño de 2018). "A pontevedresa Xiana Méndez, nova secretaria de Estado de Comercio". Faro de Vigo. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ Axencia EFE (22 de xuño de 2018). "Xiana Méndez Bértolo, nueva secretaria de Estado de Comercio". La Vanguardia. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ Ketty Garat (17 de xaneiro de 2023). "Maroto maniobra para cesar a la secretaria de Comercio y nombrar a su jefe de gabinete". Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ Ketty Garat (27 de xuño de 2023). "El 'dos' de Maroto cesó a la cúpula de Industria tras negarse a colocar al marido de Calviño". Consultado o 28 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xiana Méndez no Portal da transparencia do Goberno de España Arquivado 26 de xuño de 2020 en Wayback Machine.