Xoán Abreu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1965 (59 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | director teatral, actor de teatro |
Xoán Manuel Abreu Fernández, nado en Vigo o 10 de abril de 1965, é un director de escena e actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xoán Abreu é licenciado en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2010). Alén diso, tense formado en materia actoral, canto coral, danza, baile deportivo, espazo escénico, coreografía, ortofonía, canto e iluminación teatral. Fai parte da compañía teatral Avento Producións.
En 1985 integrouse como actor no grupo de teatro Ítaca, de Santiago de Compostela e, desde 1988, fai parte do grupo de teatro Avento, de Vigo, compañía á que ficará ligado até a actualidade.[1] En 1994 ingresou no grupo de teatro Artello, co cal realiza unha xira polo Brasil.
Desde 1991 dirixe a maioría das producións de Avento, e na primeira década do século gaña numerosos premios de dirección, posta en escena e actuación en certames de teatro de ámbito estatal[2]. En 2014 a compañía profesionalízase baixo o nome Avento Producións.
Nos últimos anos ten dirixido musicais, como Fantasticks ou Hansel e Gretel, así como pezas de autores actuais, como BU21, presentada en Vigo tan só uns meses despois da súa estrea en Londres nunha produción de Kuleshov Theatre[3].
Ten dado aulas en escolas de teatro e de baile, e feito pequenos papeis no cine e na televisión.
Teatro
[editar | editar a fonte]Ítaca
Grupo de Teatro Avento
- Imos botar (dirixida por Armando Freiría, 1989, actor)
- Para ti, Shakespeare (dirixida por An Alfaya, 1990, actor)
Artello
- Batea (1994)
Compañía de teatro Avento
- Rin rin (1992, director, dramaturxia, actor)
- Quen matou a Mari Lauri? (1996, director, dramaturxia, actor)
- Papá e mamá están ben (1998, director)
- Boas noites, mamá (2002, director)
- E agora que facemos? (2004, director e actor)
- Monstros (2006, director e actor)
- A insólita historia de Jimmy Pelostristes (2008, director, coreógrafo e actor)
- Humano. The game (2010, director e actor)
- Fantasticks (musical, 2012, director, coreógrafo, actor)
Escena T
- Mambo (de Juan Antonio Castillo, 2012, director e actor)
Catrocadeiras
- O Feo (de Marius von Mayenburg, 2013, actor)
Avento Producións
- Laranxus 7 (infantil, monicreques, 2014, dramaturxia, director e manipulador)
- Hansel e Gretel (musical infantil, 2015, director, dramaturxia e música).
- O Mago de Oz (musical infantil, 2015 director, dramaturxia e música).
- Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016, actor e axudante de dirección).
- BU21 (de Stuart Slade, 2017, director).
- Aladino e a lámpada marabillosa (musical infantil, 2018, director, dramaturxia, música e actor).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ “Hai infinitas formas de vivir a dor, e esa é unha das cousas que nos fan iguais como seres humanos”, entrevista en Praza.
- ↑ ""Avento triunfa en el X Certamen de Teatro al lograr cinco premios."". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2018.
- ↑ ""BU2" de Avento Producións, en Vigo cultura.". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 23 de maio de 2017. Arquivado 03 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MV García (1 de marzo de 2012). "Emprender coa palabra, na escena. Mambo, amore, power". Faro de Vigo. Consultábel en: Emprender coa palabra, na escena. Mambo, amore, power Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- "Hai infinitas formas de vivir a dor e esa é unha das cousas que nos fan iguais como seres humanos". Entrevista no Praza sobre BU21.
- "A maxia e o xenio", artigo de Vanesa M. Sotelo na revista Erregueté.