Saltar ao contido

Xoana Manuel de Villena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoana Manuel de Villena

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Juana Manuel de Villena Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1339 Editar o valor en Wikidata
Reino de Castela Editar o valor en Wikidata
Morte27 de marzo de 1381 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María de Toledo Editar o valor en Wikidata
Raiña de Castilla
1369 – 1379
← Branca de Bourbon (pt) TraducirLionor de Aragón e de Sicilia → Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor de Biscaia (1370–1379)
Raiña de Castilla (1369–1379)
Duchess of Villena (en) Traducir (1361–1381) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Manuel de Villena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique II de Castela (1350 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosXoán I de Castela, Lionor de Trastámara Editar o valor en Wikidata
PaisDon Juan Manuel Editar o valor en Wikidata  e Branca Nunes de Lara Editar o valor en Wikidata
IrmánsCostanza Manuel
Fernando Manuel de Villena
Sancho Manuel de Villena
Henrique Manuel de Vilhena Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Peñafiel-2

Xoana Manuel de Villena, coñecida tamén como Xoana Manuel, nada en 1339 e finada en 27 de marzo de 1381 en Salamanca, Reino de Castela e León, foi unha nobre castelá, que foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel e, desde o 22 de marzo de 1366, raíña consorte de Castela e León, polo seu matrimonio co infante Henrique de Trastámara, máis tarde Henrique II de Castela.

Era filla do infante Juan Manuel, señor de Villena, e de Branca Núñez de Lara.

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Foi a última filla do nobre, político e escritor Don Juan Manuel e de Blanca Núñez de Lara. Por parte paterna foron seus avós o infante Manuel de Castela e a súa su esposa Beatriz de Savoia. Por parte materna os seus avós foron Fernando de la Cerda e Xoana Núñez de Lara.[1][2][3]

Foi irmá de Fernando Manuel de Villena, duque de Villena e señor de Escalona e de Peñafiel.

Foi bisneta de Fernando III o Santo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xa despois de contraer matrimonio con Henrique de Trastámara, futuro rei Henrique II, Xoana Manuel foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel, e por hernaza da súa nai, tamén señora de Lara e dd Biscaia.

A súa media irmá máis vella, Costanza,[4] foi a primeira raíña consorte de Castela. O 28 de novembro de 1325, en Valladolid, o seu pai casou a Costanza, aínda unha nena, co xove rei de Catela e León Afonso XI, único fillo varón do rei Fernando IV e da raíña Costanza de Portugal.[1] Pouco despois diso, en 1327, foi repudiada, recluída na cidade de Toro, e o seu matrimonio anulado (por non consumarse debido á pouca idade da esposa). Máis tarde (1336) casou co infante herdeiro do Reino de Portugal, Pedro. A voda celebrouse no convento de San Francesco de Évora, por poderes, poque Afonso impedira á noiva deixar a cidade de Toro. Finalmente, tres anos máis tarde, o 24 de agosto de 1339, o matrimonio celebrouse, xa en persoa, na catedral de Lisboa.[5] Costanza e Pedro tiveron un fillo que foi rei de Portugal co nome de Fernando I.[5]

O 27 de xullo de 1350, Xoana casou, en segredo, no palacio real de Sevilla, con Henrique de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e da súa amante Lionor de Guzmán.

En 1361, á morte da súa xove sobriña Branca, filla única do seu medio irmán Fernando Manuel, que morrera en 1350,[1][2] Xoana Manuel herdou os señoríos de Villena, Escalona e Peñafiel.[1]

Como descendente directa de Xoana Núñez de Lara, chamada "La Palomilla" (1286-1351), despois da morte da súa prima Isabel de Lara e da súa xove filla Florentina, en 1370, Xoana herdou tamén os señoríos de Lara e de Biscaia.

Henrique, en 1369 converteuse en soberano castelán ao matar ao se medio irmán Pedro I tras a batalla de Montiel.

Véxase tamén: Guerras fernandinas.

Xoana Manuel ao quedar viúva en 1379, retirouse á cidade de Salamanca, onde faleceu o día 27 de marzo de 1381.

Sepultura

[editar | editar a fonte]
Sepulcro da raíña Xoana Manuel de Villena.

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Xoana Manuel recibiu sepultura na Capela dos Reyes Nuevos da catedral de Toledo, na que fora sepultado seu esposo, Henrique II.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Henrique II de Castela e Xoana Manuel de Villena tiveron tres fillos:

Antepasados de Xoana Manuel

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Afonso IX de León
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Berenguela de León e Castela
 
 
 
 
 
 
 
4. Manuel de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Filipe de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
9. Beatriz de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Irene Anxo
 
 
 
 
 
 
 
2. Juan Manuel, príncipe de Villena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Tomé I de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
10. Amedeo IV de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Margarida de Xenebra
 
 
 
 
 
 
 
5. Beatriz of Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Barral de Baux
 
 
 
 
 
 
 
11. Cecilia de Baux
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Sibila de Anduze
 
 
 
 
 
 
 
1. Xoana Manuel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Afonso X de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Violante de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Lois IX de Francia
 
 
 
 
 
 
 
13. Branca de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Margarida da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
3. Branca de la Cerda y Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Nuño González de Lara el Bueno
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán Núñez I de Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Teresa Afonso de León
 
 
 
 
 
 
 
7. Xoana Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Diego López III de Haro
 
 
 
 
 
 
 
15. Teresa de Haro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Costanza de Bearne
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xoana de Castro

Raíña consorte da Coroa de Castela

22 de marzo de 1366 - 29 de maio de 1379
Sucesor:
Lionor de Aragón
Predecesor:
María de Portugal

Raíña nai de Castela e León

29 de maio de 1379 - 27 de marzo de 1381
Sucesor:
Catarina de Lancaster
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nobreza castelá en Medieval Lns (en inglés).
  2. 2,0 2,1 Casa de Ivrea-genealogy Arquivado 09 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).
  3. Xoana Manuel en PEDIGREE (en inglés).
  4. Costanza Manuel (ca. 1323–1345) era fillia do segundo matrimonio do pai de Xoana, isto é, filla de Costanza de Aragón (1300 – 1327), filla á súa vez do rei de Aragón Xaime II.
  5. 5,0 5,1 Reis de Portugal en Medieval Lands (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Del Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. 
  • Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén; Negro, Marta (1990). El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, 2ª ed. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social: Editorial Evergráficas, S. A. ISBN 84-2419-999-5. 
  • López de Ayala, Pedro (1994-1997). Crónica del rey don Pedro y del rey don Enrique, su hermano, hijos del rey don Alfonso Onceno (edición crítica y notas de Germán Orduna; estudio preliminar de Germán Orduna Y José Luis Moure). Buenos Aires. 
  • Valdeón Baruque, Julio (1996). Enrique II. Palencia: Diputación Provincial de Palencia. ISBN 84-8173-051-3. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]