Xosé Carlos Carracedo Porto
![]() (2025) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1990 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Xosé Carlos Carracedo Porto, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1990, é un mestre e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Graduado en Maxisterio e escritor. Na mocidade e con certa axuda de Neira Vilas escribiu a súa ópera prima Somos de Arxerís, que ilustrou o fotógrafo Fuco Reyes.[2] Posteriormente empezou a traballar con nenos e nenas de altas capacidades en proxectos impulsados pola Universidade de Santiago de Compostela en diversos lugares da xeografía galega. No 2018 participou con María Solar, María Oruña e Armando Requeixo no Congreso Internacional de Altas Capacidades como relator na mesa de Talento Literario.
Na década de 2020 empezou a publicar textos nas súas redes sociais e publicou o libro autobiográfico Diario dun confinamento. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en 2023.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Somos de Arxerís (2017). Noia: Edicións Toxosoutos. 154 páxs. ISBN 978-84-120613-1-4 (2ª, 2019).
- Diario dun confinamento (2021). Santiago: Edicións Bolanda 160 páxs. ISBN 978-8418176678.[4]
- Utensilios de cociña e algúns obxectos caleidoscópicos (2024). Culleredo: Espiral Maior. 82 páxs. ISBN 978-84-127343-4-8.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cortés, Javier A. (2017-07-28). "Xosé Carlos Carracedo Porto: "Un texto debe ter algunha emoción que o identifique como humano"". Faro de Vigo (en castelán). Lalín. Consultado o 2023-04-25.
- ↑ "Xosé Carlos Carracedo: «Un suspenso en Lingua e un mestre xenial provocárono todo»". La Voz de Galicia. 2019-07-31. Consultado o 2023-04-25.
- ↑ Sanmartín, Xabier (29/10/2023). "El compostelano Xosé Carlos Carracedo Porto gana el premio de poesía Pérez Parallé 2023" El Correo Gallego (en castelán).
- ↑ Redacción (1/6/2021). "Bolanda publica ‘Diario dun confinamento’, libro de Xosé Carlos Carracedo". El Correo Gallego (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Inspiración entre catro paredes". Faro de Vigo. 13/5/2020.
- Entrevista no programa de televisión Santiago Sí (22/3/2018), El Correo Gallego, en YouTube.
- "Carlos Carracedo participa en el Congreso de Altas Capacidades". Faro de Vigo. 7/6/2018.
- Recitado na Libraría Paz en xaneiro de 2025.