Saltar ao contido

Xosé Neira Vilas

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neira Vilas»)

Modelo:BiografíaXosé Neira Vilas

Neira Vilas en 2009. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Xosé Santiago Neira Vilas Editar o valor en Wikidata
3 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Gres, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Gres, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGres Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGalicia, Arxentina, Cuba
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura galega, xornalismo e literatura española Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, ensaísta, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarración, ensaio e poesía Editar o valor en Wikidata
Movementorealismo social [1]
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnisia Miranda (1957–2009) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 202716 BNE: XX1024896 Bitraga: 287 AELG: 258 BUSC: neira-vilas-xose-1928-2015 Dialnet: 1892053

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xosé Santiago foi o fillo máis vello de Xosé Neira Silva e Manuela Vilas Arteaga, labregos que tiveron en total sete rapaces (Xosé, María, Xesús, Mercedes, Santiago, Manuel e Carme). O pai estivo na Arxentina seis meses xestionando o cobro dunha herdanza. Cos cartos que trouxo fixo unha casa e a familia trasladouse da do Romano, onde nacera Xosé e os irmáns máis vellos, á nova, onde a familia seguiu medrando. O mozo Xosé complementou a súa escasa formación primaria nunha pasantía de Camanzo, estudou comercio por correspondencia e, con dezaseis anos de idade, traballou de contable nun serradoiro.[2]

Na Arxentina

[editar | editar a fonte]
Entrada na Arxentina o 10/2/1949. José Neira Vilas tiña vinte anos.

En xaneiro de 1949 emigrou a América, inicialmente á Arxentina, exercendo traballos diversos de tipo comercial, sempre en calidade de asalariado. Alí publicou os seus primeiros traballos na prensa galega da emigración, como Opinión Gallega. Entrou en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela, Emilio Pita ou Alberto Vilanova. Integrou o grupo de teatro galego que dirixía Ricardo Flores Pérez. Estendeu a súa colaboración xornalística a publicacións de Uruguai e México.

Xosé e Anisia no día do seu casamento.

En 1953, con outros mozos e mozas emigrantes, fundou as Mocedades Galeguistas, grupo político nacionalista xuvenil, das que foi secretario xeral e participou no proxecto do seu boletín Adiante (1954), publicado integramente en galego, do que saíron poucos números.[3] Foi Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega (1956).[4] O 21 de febreiro de 1957 casou coa cubana de pais celanoveses Anisia Miranda Fernández, que se trasladara a Buenos Aires en 1953 e estudou xornalismo con Xosé. Nunca tiveron fillos. Vivindo nunha casa da rúa Asunción, en xullo dese mesmo ano, e por consello de Francisco Fernández del Riego, fundaron xuntos Follas Novas, unha modesta editorial e importante distribuidora en América de libros en galego[5] na que, despois de dez anos na capital arxentina e de reunir os poemas que foran aparecendo en distintos xornais e revistas, publica o seu propio primeiro libro: Dende lonxe (1960). Daquela traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza, a escribir. De aí, en tres meses, saíu o seu segundo libro, primeiro en prosa, Memorias dun neno labrego (1961).

Neste tempo usou os pseudónimos Xosé Ulla e P. Neirando.[6]

En 1961 o matrimonio marchou para Cuba, permanecendo trinta e un anos no Caribe, onde escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na illa traballou a prol da revolución.[7] Alí fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desempeñou diversos traballos na administración, no Ministerio de Industria Básica (MINBAS), tendo ao seu cargo a división "Organismos internacionales y convenios de colaboración científica y técnica". Colaborou na prensa de dentro e fóra, como Nova Galicia, e exerceu durante seis anos (1983-1989) a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún.[8] Dende 1972 a parella fixo unha ducia de viaxes a Galicia.

A volta definitiva a Galicia

[editar | editar a fonte]

Xa xubilados, regresaron definitivamente a Galicia en 1992 para viviren en Gres. Alí continuaron co labor cultural e xornalístico e dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas, constituída en maio de 1993. Foi catalogada oficialmente como de interese cultural[9] e de interese galego,[10] co obxecto de promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos, en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia. A fundación ten a súa sede na Casa do Romano, que alberga un museo etnográfico e unha biblioteca pública de 8 500 volumes[11] . A FXNV convoca bianual e alternativamente o Premio Arume de poesía e o Premio Estornela de teatro para nenos.

Na Fundación Neira Vilas, en 2008.

Neira Vilas escribiu as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente en Faro de Vigo (os domingos de 1992 a 1995) e despois en El Correo Gallego (1995-1999). Neste mesmo xornal, fixo a columna dominical "Arredor do mundo" e "O sarillo do tempo" e, máis adiante, puntualmente, artigos culturais en Galicia Hoxe.[12]

Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega no ano 2001, a proposta de Xesús Alonso Montero, Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei,[13] pronunciando o discurso A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960, respondido por Alonso Montero.[14] Tralo seu pasamento a súa cadeira foi ocupada en xaneiro de 2017 por Marilar Aleixandre.

Anisia Miranda finou o 22 de outubro de 2009. O de Gres faleceu na súa cama na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.[15]

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega[16] con máis de 700 000 exemplares vendidos.[17][18] Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto. As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego (1961), Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977). Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta e recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio (1965),[19] A muller de ferro (1969)[a] e Querido Tomás (1980). Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar (1973), Nai (1980) e Pan (1986). O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso (1967), na colección de contos Historias de emigrantes (1968), en Remuíño de sombras (1972) e en Tempo novo (1987).

Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo (1971), O cabaliño de buxo (1971), A marela Taravela (1976), Contos vellos pra rapaces novos (trad., 1983) e Chegan forasteiros (1992). En colaboración coa súa muller, Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda (1975).

Listaxe da obra en galego

[editar | editar a fonte]
MEMORIAS DUN NENO LABREGO, DE
XOSÉ NEIRA VILAS, REMATOUSE DE
IMPENTAR EN ARTES GRAFICAS AL-
FONSO RUIZ, RUA GENERAL URQUIZA
Nº 564, BUENOS AIRES, O 5 DE XANEIRO
DO 1961.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
 

Estatuas a Balbino, protagonista de Memorias dun neno
labrego
, en Lalín e Vigo.

  • Querido Tomás (1980).[28] Sada: Ediciós do Castro. Foi traducida ao castelán.[29] En Galaxia, Biblioteca Neira Vilas: 2011, 140 páxs. ISBN 978-84-9865-394-6.
  • Encrucilladas (1981).[d] Vigo: Galaxia. ISBN 9788471543431.
  • Pan (1986). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-7154-551-0.
  • Tempo novo (1987). Sada: Ediciós do Castro. Galaxia: Ed. en 2022, Biblioteca Neira Vilas, 162 páxs. ISBN 978-84-9151-803-7. Ambienta os seus relatos no período de cambio que se opera en Cuba tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais.
  • Papeis, As toupas e O home dos ferranchos (1992). Contos do Castromil.
  • Charamuscas (1993). Vigo: Galaxia. Inclúe Lar, Nai e Pan. 184 páxs. ISBN 9788471548795.
  • Contos de tres mundos (1995). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas. 232 páxs. ISBN 9788475079127. Edición e prólogo de Xosé Manuel Enríquez. Textos escollidos de: Xente no rodicio, A muller de ferro, Historias de emigrantes, Tempo novo, Pan.
  • O home de pau (1999). Vigo: Xerais. Ilustracións de Siro López.[e] 176 páxs. ISBN 9788483026571. [30]
  • Relatos mariñeiros (2003). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xaquín Marín. 128 páxs. ISBN 978-84-8302-933-6. Unha vintena de narracións curtas inspiradas na comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do século XX.[31]
  • A fuxida de Manuel (2007). Pío García Edicións. Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Prólogo de Xaquín Monteagudo.[32]
  • Esperando o leiteiro (2012). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-421-9. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires.
  • Lar. Nai. Pan (2014). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 224 páxs. ISBN 978-84-9865-568-1.
  • Romaría de historias (2015). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas. 152 páxs. ISBN 978-84-9865-644-2. Novela ambientada na aldea galega.
  • Os papeis do vello mariñeiro (2017). (póstuma). Edicións Bolanda. Máis de sesenta historias de mariños da mercante.[33] 88 páxs. ISBN 978-8469737033.
  • Co pai (2019). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[34] 92 páxs. ISBN 978-84-9151-350-6. As vivencias co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos (póstuma, inéditos).
Xente no rodicio, 1965.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
Inquedo latexar, 1969.
  • Memoria da emigración I (1994). Sada: Ediciós do Castro.[41] Serie Documentos.
  • Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires (1995). Sada: Ediciós do Castro. 280 páxs. ISBN 9788474927238.
  • A lingua galega en Cuba (1995).[40] Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-87172-94-6.
  • Memoria da emigración II (1995). Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474927627.
  • Memoria da emigración III (1996). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927986.
  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba (1998).[40] Sada: Ediciós do Castro. 244 páxs. ISBN 9788474928822.
  • Acto de investidura como "doutor honoris causa"…. 1999.[42] UDC.
  • Crónicas galegas de América. Rolda primeira (1999).[43] Sada: Ediciós do Castro. 316 páxs. ISBN 9788474929478.
  • Crónicas galegas de América. Rolda segunda (2000).[44] Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-993-5.
  • Manuel Murguía e os galegos da Habana (2000). Sada: Ediciós do Castro. 240 páxs. ISBN 9788474929683.
  • A cultura galega en Buenos Aires, 1950-1960 (2001).[14] Discurso de ingreso na RAG.
  • Crónicas galegas de América. Rolda terceira (2002).[45] Sada: Ediciós do Castro. 400 páxs. ISBN 9788484850458.
  • Prosas varias (2004). Fundación Otero Pedrayo-Ed. Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-920781-8-9.
  • O sarillo do tempo (2004). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497820868. A vida, o mundo, as amizades, as homenaxes, a historia, a literatura protagonizan este centenar de artigos escritos ao compás do sarillo do tempo que marca o existir e o facer de Neira Vilas.
  • Xentes e camiños (2005). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788497822626. Son cen artigos de acentuado carácter memorialístico, publicados no xornal El Correo Gallego, onde se convocan a xentes moi diversas que percorren os camiños do tempo máis variados.
  • Vinte anos retornando (2006). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9782-477-4. Recolle a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia.
  • Arredor do mundo (2007). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 9788497826372. Un cento de artigos noutros tantos temas e acontecementos que ocorren no mundo que se chama Galicia.
  • Neira Vilas, os anos da Arxentina: 1949-1961: textos recuperados (2008). Vigo: Galaxia. Ed. de N. Longhini. 312 páxs. ISBN 978-84-9865-060-0.
Entrevista na Casa do Romano, en 2013.
  • Lóstregos (2009). Vigo: Xerais, Crónica, Xornalismo. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-025-4. Cen temas variados que informan, analizan ou denuncian cuestións ou acontecementos pretéritos que dalgún xeito inciden nas nosas vidas.
  • Presenza galega en Cuba (2010). Vigo: Xerais. Tradución de Xosé Manuel García Crego. 184 páxs. ISBN 978-84-9914-080-3.[46]
  • Penúltimo dietario (2011). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-286-9. Memoria dos últimos dezasete anos (del e de Ansia) vivindo no retrinco do mundo onde eu: a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña...
  • 100 anos do Himno galego (2012). Ferrol: Edicións Embora. 118 páxs. ISBN 978-84-92644-42-1.[47]
  • Cancela aberta (2013). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788499145143. Textos que nos levan a lugares, persoas e feitos recreados ou descoñecidos, sempre novidosos.[h]
  • Neira Vilas. Memoria gráfica (2013). Santiago: Edicións Bolanda. ISBN 9788461668649.
  • Con Anisia Miranda na Costa da Morte (2014). Ferrol: Edicións Embora. 176 páxs. ISBN 978-84-92644-86-5.[48]
  • Días de Cuba (2014).[49] Vigo: Galaxia, Col. Memoria. 412 páxs. + 18. ISBN 978-84-9865-523-0. Lembranzas de 1961 a 1992, cando residiu en Cuba.
  • Galicia en Cuba. Lingua, Rosalía, loitas (2014).[40] Consello da Cultura Galega.
  • Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade (2014). Santiago: Edicións Bolanda. 424 páxs. ISBN 978-84-616-9448-8.[50]
  • Semente galega en América (2015). Santiago: Edicións Bolanda. 216 páxs. ISBN 978-84-616-6864-9. As historias de cen "sementes" galegas en América.
  • Olladas no camiño (2016). Silleda: Edicións Fervenza. 216 páxs. ISBN 978-84-943036-6-1. Recompilación de distintos artigos de Xosé Neira Vilas publicados en medios escritos.
  • De Gres a Cádiz (2018). Vigo: Galaxia, Biblioteca Neira Vilas.[i] 216 páxs. ISBN 978-84-9151-167-0.[51]
  • Caderno de Gres (2021).[52] Fundación Xosé Neira Vilas.

Epistolarios

[editar | editar a fonte]

Con Anisia Miranda

[editar | editar a fonte]

Outras obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Homenaxe da AELG.
  • II Festival da Poesía do Condado. SCD Condado, 1982.
  • IV Festival da Poesía no Condado. SCD Condado, 1984.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais, 1994.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.
  • Construír a paz. Xerais, 1996.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Xerais, 1996.
  • E dixo o corvo.... Xunta de Galicia, 1997.
  • Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes. "Obradoiro de História", 1997.
  • Novo do trinque. Bloque Nacionalista Galego, 1997.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973). USC, 1997.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I. Consello da Cultura Galega, 2001.
  • Un futuro para a lingua. Xunta de Galicia, 2002.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra. Consello da Cultura Galega, 2003.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía. Ir Indo, 2003.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), Xunta de Galicia, 2006.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, Difusora, 2006.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación. Fundación Manuel María, 2009.
  • Encontros con Laxeiro. Ir Indo, 2009.
  • Cartas de vellos amigos (1959-1998). Galaxia, 2010. Edición de Dolores Vilavedra.[k]
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.
  • Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Cadernos Ramón Piñeiro XXII, CIRP, 2012.[56]
  • Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Galaxia, 2013.
  • Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII, CIRP, 2015. Ed. de A. Requeixo.[57]

Listaxe da obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • En la extraña ciudad: cuentos y recuentos (1982). A Habana: Arte y Literatura.
Biblioteca na avda. Martínez Garrido, Vigo.
  • Los días cubanos de Alfonso Castelao (1988). A Habana: Unión.
  • Presencia diversa de los gallegos en Cuba (2007). Xunta de Galicia.

Traducións

[editar | editar a fonte]
Do castelán ao galego
Do galego ao castelán
Os seus restos repousaron en S. Domingos de Bonaval antes de ser enterrado en Gres.

Igualmente, traduciu varios libros da súa propia autoría, previamente publicados en galego, para publicar en castelán en editoriais cubanas: Memorias de un niño campesino, Aquellos años de Moncho, Querido Tomás, Camino nebuloso, Pescadores gallegos de La Habana e Los días cubanos de Alfonso Castelao.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A traxectoria de Neira Vilas foi recoñecida con varios premios e recoñecementos, destacando entre eles os seguintes:

Multimedia externa
Gravacións de son
"Neira Vilas: 'Días de Cuba'" RNE, 3/10/2015 (en castelán).
Vídeos
Entrevista, por Fernanda Tabarés, en V Televisión, 5/3/2012.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Conxunto de 23 relatos. Inclúe: "A muller de ferro", "Home e gato", "Marcha", "O berro", "A parede", "O señor Manuel", "Formigas", "A casa engruñada", "Tres ovos de carrizo", "O corgo", "Despois do camiño", "Letreiros", "As toupas", "O crime de todos", "Ovellas, "O papel", "Valentín e o coto", "Un padriño", "Iñor", "O can doente", "O faiado", "O home dos ferranchos" e "A morte da árbore".
  2. Inclúe vinte relatos: "O muiñeiro", "O suicidio", "A ofrenda", "Vidro e sol", "María", "A serra", "Auga", "Noxo", "O delicto de Tomás", "O trebón", "Corredoira", "A sombra", "Lucinda", "A seca", "Abel", "¿Como é o mar?", "A irmá de Susiño", "Isaura", "O Pesco" e "Todo para Carme".
  3. Inclúe Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
  4. Contén: Xente no rodicio, Camiño bretemoso e A muller de ferro. Con prólogo de Valentín Paz-Andrade.
  5. Os quince contos («O home de pau», «Coches», «Unto», «Casa», «O parvo», «Alameda», «O xigante Med», «Folga», «Papeis», «Babel S.A.», «Fumes», «Decibelios», «Cadelandia», «Anuncios» e «Reloxos») foron escritos ao longo do ano 1988 na Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993
  6. Inclúe: "Os tres irmáns e o vello sabio"; "A pedra de facer sopa"; "O rei Svatopluk e os tres paus"; "O rei e o labrego"; "Sempre de Chós"; "O vello que foi á escola"; "Os catro mozos"; "A fuxida do pintor Li"; "A mangosta"; "A agulla que trema"; "Eu non sei nada"; "Catro adiviñas"; "Thanh Xiong"; "O vello gardián"; "O cabalo sen amo"; "O porco e o elefante"; "Un conto que hai que relembrar"; "O xuízo de Karakush"; "O home parvo"; "Como a araña Pakaiana enmagreceu a súa cintura"; "Baramba o fachendoso"; "O escravo que era máis sabio que o rei"; "O Kakuí"; "As persoas que buscaban o día de mañá"; "O mellor e o peor"; "Caupolicán"; "As torres do rei"; "O rapaz hortelán"; "As sandalias do chasqui"; "A flor de camalote"; "A bulsa de veneno da iguana"; "O sapoconcho e o mono comparten unha árbore" e "Maui, o portador do fogo".
  7. Abrangue oito décadas (de 1878 a 1960) da prensa galega editada en Cuba. Un libro no que se recollen 71 publicacións, entre revistas e semanarios.
  8. Están Rosalía de Castro, Mario Benedetti, Herminio Barreiro, Amílcar Cabral, José Antonio Labordeta, Emilio Pita, Mercedes Sosa, Juan Gelman
  9. Comezou a escribir en 1996 este libro, ata entón inédito, que reúne lembranzas, ou o que el denominou “prosas condensadas”, dun tempo esencial para a vida e a formación do escritor. De Gres, a aldea onde naceu, a Cádiz, a cidade na que embarcou aos vinte anos con rumbo a América
  10. Recolle cartas de personaxes como Arturo Cuadrado, Santiago Álvarez, Luis Soto, Ramón de Valenzuela, García-Sabell, Carlos Casares, Pura e Dora Vázquez, Ricardo Palmás, Victoriano Taibo, Eduardo Moreiras, Reimundo Patiño...
  11. Inclúe misivas de 42 remitentes, entre outros, Valentín Paz-Andrade, Celestino Fernández de la Vega, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel María, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Juan Naya Pérez, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Piñeiro, Ricardo Carballo Calero, Carlos Velo, Leandro Carré Alvarellos, Antón Fraguas e Lois Tobío Fernández.
  12. O Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra Neira Vilas; o CEP Xosé Neira Vilas, en Peitieiros, Gondomar e o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Perillo, Oleiros.
Referencias
  1. Alonso Montero (1968). Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega Editorial Ciencia Nueva (en castelán).
  2. Rábade Paredes 1992, p. 7.
  3. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 23-24. ISBN 84-8288-137-X. 
  4. Actas do primeiro Congreso da Emigración Galega. 1956. Buenos Aires Facsímile, 2006. ISBN 84-96530-18-3.
  5. "Follas Novas". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  6. "n". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-06. 
  7. Gómez & Queixas 2001, p. 298.
  8. Chouciño Fernandez, Ana (2007). Diez años de Zunzún: revista infantil cubana (1980-1990) (en castelán). USC. ISBN 978-84-9750-907-7. 
  9. "Orde do 22 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG
  10. "Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se recoñece de interese galego … a Fundación Xosé Neira Vilas" DOG.
  11. Sitio web da Fundación Xosé Neira Vilas
  12. Biografía de Xosé Fundación XNV.
  13. "Membros da Academia. Xosé Neira Vilas". Real Academia Galega. 
  14. 14,0 14,1 Neira Vilas, Xosé (2001). A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960. A Coruña: Real Academia Galega. 
  15. "Falece aos 87 anos Xosé Neira Vilas". Pontevedra Viva. 27/11/2015. 
  16. Montse Dopico (27/11/2015). "Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”". Praza Pública. Consultado o 27/11/2015. 
  17. "A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación…". Xunta de Galicia. 14/1/2014. 
  18. F, X (22/7/2015). "«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35". La Voz de Galicia. Consultado o 4/1/2016. 
  19. Rábade Paredes 1992.
  20. "Memorias dun neno labrego". Biblioteca da Tradución Galega. 
  21. "Gente en el rodezno". Biblioteca da Tradución Galega. 
  22. "Camino nebuloso". Biblioteca da Tradución Galega. 
  23. "Historias de emigrantes". Biblioteca da Tradución Galega. 
  24. "En la extraña ciudad: cuentos y recuentos". Biblioteca da Tradución Galega. 
  25. Con prólogo de Basilio Losada. Imaxe da portada
  26. "Remolino de sombras". Biblioteca da Tradución Galega. 
  27. "Aquellos años de Moncho". Biblioteca da Tradución Galega. 
  28. Neira Vilas lendo un fragmento de Querido Tomás.
  29. "Querido Tomás". Biblioteca da Tradución Galega. 
  30. "O home de pau". Librotea (en castelán). Consultado o 5/6/2022. 
  31. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 5/6/2022. 
  32. "A fuxida de Manuel" (PDF). galeguizargalicia.gal. 
  33. Emigración, Crónicas de la. "‘Os papeis do vello mariñeiro’, obra póstuma de Neira Vilas, le da voz a un navegante gallego al otro lado del mar". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2022-06-05. 
  34. "Galaxia pon nas librarías un novo inédito de Neira Vilas". Editorial Galaxia. Consultado o 25/6/2019. 
  35. "Espantallo amigo". Biblioteca da Tradución Galega. 
  36. "Quique na aldea · Bolanda · Ediciones y Marketing". www.bolanda.es. Consultado o 2022-06-05. 
  37. "Gallegos en el golfo de México". Biblioteca da Tradución Galega. 
  38. Reeitado en 2011 polo CIRP: A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 2011. ISBN 978-84-453-5020-1. 
  39. Discurso pronunciado por Xosé Neira Vilas na inauguración do instituto de BUP que leva o seu nome (en Perillo - Oleiros, o 2 de maio do 1989)
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 Neira Vilas, X. (2013). Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas. CCG. ISBN 978-84-92923-55-7. 
  41. "A memoria da emigración". La Voz de Galicia. 2015-11-28. Consultado o 2022-06-06. 
  42. Acto de investidura como "doutor honoris causa" do Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas celebrado o día 16 de xaneiro de 1998 BNE.
  43. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda primeira
  44. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda segunda
  45. Índice de Crónicas galegas de América. Rolda terceira
  46. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 5/6/2022. 
  47. Xolda.com. "Edicións Embora - Título 100 anos do Himno Galego". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06. 
  48. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Con Anisia Miranda na Costa da Morte". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06. 
  49. Días de Cuba ficha na páxina web da editorial.
  50. "Isacc Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade · Bolanda · Ediciones y Marketing". bolanda.es. Consultado o 2022-06-06. 
  51. De Gres a Cádiz ficha na páxina web da editorial.
  52. "«Caderno de Gres» saca á luz parte do derradeiro dietario de Neira Vilas". La Voz de Galicia. 2021-06-18. Consultado o 2022-06-06. 
  53. "Editorial Galaxia Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-05. 
  54. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Epistolario diverso". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-06-06. 
  55. Ares Espiño, Javier; Lorenzo Vizcaíno, María del Carmen (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Correspondencia entre Xosé Neira Vilas e Carlos García-Picco". Grial LX (233): 69–78. ISSN 0017-4181. 
  56. Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro
  57. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas
  58. Investido o 16 de xaneiro de 1998, sendo o seu padriño o catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro.[1]
  59. Socio de honra da AELG. Letra E 1999
  60. Baujín, José Antonio (2003). "Discurso de elogio a José Neira Vilas en el Acto académico de investidura como Doctor Honoris Causa en Letras por la Universidad de La Habana". Memoria II. La Habana: Arte y literatura / Cátedra de Cultura Gallega de la Universidad de La Habana.
  61. "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia. 24/2/2005. 
  62. Premio Laxeiro 2010: Xosé Neira Vilas Fundación Laxeiro.
  63. "Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro" DOG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
"Carta a Balbino" de Xosé Neira Vilas.
"Entrevista con Xosé Neira Vilas".
"Carta de Otero Pedrayo a Neira Vilas". 1961.
"As catro vidas de Neira Vilas" de A. Vázquez-Monxardín.
"O noso catecismo" de X. L. Axeitos.
"A humildade dun clásico" de Pilar Sampedro.
"Neira Vilas, sociológo e antropólogo…" de A. Muleiro.
"Catro ilustradores…" de Xabier Limia de Gardón.
"Trangalladas" de Cándido Pazó.
"Pepe Velo e Anisia Miranda…" de A. Piñeiro.
"Homenaxe Neira Vilas" de Rosa Aneiros.
"Neira Vilas, escenarios…" de Felipe Senén López.
"O cura e o xudío, dous persoeiros…" de V. Pérez.
"Balbino" de Xosé Luís Rivas Cruz. Mini.
"Pepe Neira amigo" de B. Iglesias Dobarrio. Mero.
"As memorias para un neno de cidade" de X.M. Dobarro
"Memorias con R de rebeldía" de Marilar Aleixandre.
"Alén do mar e de Balbino" de Belén Regueira.
"Palabras dende Gres…" de Marga do Val.
"Datos para a historia".

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]