Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia
Aparencia
(Redirección desde «Premio Estornela»)
O premio Anisia Miranda de teatro para a infancia, antes premio Estornela de teatro, é un premio de teatro para nenos creado pola Fundación Xosé Neira Vilas para estimular a creación nese xénero. Comezou a entregarse en 2000. O último concedido con esa denominación foi en 2014. En 2022 volveu convocarse co nome Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia. Ten carácter bianual e altérnase co premio Arume de poesía.
Premiados
[editar | editar a fonte]Premio Estornela de teatro
[editar | editar a fonte]- 2000: Música da noite de Manuel Lourenzo González. Mención especial a O país acuático, de Eduardo Alonso.
- 2002: Os mundiños, de Heidi Kühn-Bode.
- 2004: O ensaio de Xosé Agrelo, O porco que perdera a cabeza de Ana María Galego Gen e Xoguetes de Fran Peleteiro (ex aequo).
- 2006: O filibusteiro do mar da Marola de Antonio Cordero Álvarez.[1]
- 2008: Larpancia saborosa do lobo e a raposa de Bernardino Graña.
- 2010: Teatro de xoguete de Carlos Labraña. Mención de honra para Xosé Luna.[2]
- 2012: Arlequino Viceversa de Diana Varela Puñal.
- 2014: A pequena compaña de Carlos Labraña.
Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia
[editar | editar a fonte]- 2022. Medo me dá de Ramón Domínguez Veiga.
- 2024. O dedo e os monstros de Francisco Antonio Vidal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Cordero gaña o premio Estornela de teatro". La Voz de Galicia. 13 de decembro de 2006.
- ↑ Xan Salgueiro (11 de decembro de 2010). "Carlos Labraña, de Cedeira, gaña o Premio Estornela cunha triloxía". Faro de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Premio Estornela na web da Fundación Xosé Neira Vilas.
- Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia na web da Fundación Xosé Neira Vilas.