Heidi Kühn-Bode
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1945 Eching (Alemaña) |
Morte | 20 de maio de 2020 (74 anos) A Coruña (España) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, profesora |
Xénero artístico | Narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Q123146699 |
Heidi Kühn-Bode, nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945 e finada na Coruña o 20 de maio de 2020[1], foi unha tradutora e escritora alemá en galego, alemán, castelán e inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kühn-Bode chegou a España nos anos sesenta, primeiro para traballar como tradutora en Bilbao, e despois en Madrid[2]. Alí, durante unha manifestación antifranquista, coñeceu a quen sería seu home, con quen se instalou a vivir na Coruña desde 1968. Na cidade coruñesa deu clase de inglés en colexios da cidade (Compañía de María)[3] e despois foi profesora da escola de idiomas.
Era especialista na obra de Henry James e traduciu ao alemán escolmas de poesía galega.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilio Gundín Fandiño, e foi nai de Sonia, Katia e Jenny Gundín Kühn[4].
Obras
[editar | editar a fonte]Literatura infantil-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Fideliño o casteiro, 1991, Bruño.
- Os mundiños, 2003, Ediciós do Castro.
- Teatro para contistas. Xogos infantís no escenario, 2003, Baía.
- Falou un queixo, 2009, Galaxia.
- Tres mulleres do seu tempo, 2009, Baía.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Pomerania, meu amor, 2005, Espiral Maior.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- E dixo fresquiño, o libro riquiño, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos, 2006, Xunta de Galicia.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas no 2003, por Os mundiños.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade". ErreGueTé. 25 de maio de 2020.
- ↑ Omayra Lista (13 de setembro de 2009). "Heidi vive en Galicia". El País (en castelán).
- ↑ "Muere a los 74 años la filóloga, escritora e intérprete Heidi Kuhn Bode". La Voz de Galicia. 25/5/2020. p. 36.
- ↑ "Heidi Kühn-Bode. Necrolóxica". Pompas Fúnebres Noroeste. Maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heidi Kühn-Bode |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xan Carballa (29 de decembro de 2006). "Heidi Kühn-Bode: 'Veño dunha familia sarcástica e esa vea está na miña escrita'". A Nosa Terra. p. 36. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2020.