Xosé Díaz Díaz (escritor)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xosé Díaz Díaz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (44/45 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, mestre |
Xosé Díaz Díaz, nado en Lugo en 1980, é un profesor de ensino secundario e escritor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou os estudos de doutoramento en Filosofía cunha tese sobre a obra xeométrica de Rafael Dieste.
Traballa como profesor de Matemáticas no ensino secundario no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).
Obra
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- O dómine indómito (2004). USC. 73 páxs. ISBN 84-9750-278-7.
- A morriña das balas (2006). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 112 páxs. ISBN 978-8497825108.
Relatos
[editar | editar a fonte]- Fraquezas (2011). Biblos Clube de Lectores. 120 páxs. ISBN 9788415086109.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Futuro / animal olvidado (2020). Urutau. ISBN 9786587076638. En castelán.
- Pascua (2021). Medulia. 50 páxinas. ISBN 978-84-123646-9-9. Ilustracións de José Manuel Iglesias García.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O misterioso Dr. Saa. A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata (2012). Con Belén Fernández Guzmán. Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-348-4.[3]
- Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste (2015). Axóuxere. 176 páxs. ISBN 978-8494137952.[4]
- Autogoberno e Sistemas de Financiamento. O papel da Nación Galega (2024). Laiovento. 234 páxs. ISBN 9788484876557.
Tradución
[editar | editar a fonte]- Un conto enleado, de Lewis Carroll (2017). Toxosoutos.
- Apoloxía dun matemático, de G. H. Hardy (2020). Toxosoutos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos (1999).
- Nun edificio e catro contos máis (2002).
- Os Viadutos. V Certame literario de relatos curtos (2004).
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII, XXVIII e XXIX (2004)
Premios
[editar | editar a fonte]- 2001: XXVII Premio Modesto R. Figueiredo, mención de honra por O Galbao.
- 2002: Premio Modesto R. Figueiredo, accésit por Lupanar.
- 2002: Premio Ourense de contos para a Mocidade, Nun edificio.[5]
- 2004: IV Premio historias na universidade, O dómine indómito.[6]
- 2004: Certame de Relatos Curtos Os Viadutos.[7]
- 2006: Finalista do I Premio Jules Verne de literatura xuvenil, A morriña das balas.
- 2013: Accésit no XIX Premio Carvalho Calero, modalidade de ensaio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-24.
- ↑ "XOSE DIAZ DIAZ Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2021-09-24.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-24.
- ↑ Piñeiro, Xesús Manuel. "“Debémoslle a Rafael Dieste outra lectura da súa obra”". Nós Diario. Consultado o 2021-09-25.
- ↑ "Un lucense de 22 anos gaña o premio Ourense de Contos 2002". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-05-16. Consultado o 2021-09-24.
- ↑ "O dómine indómito Universidade de Santiago de Compostela LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-09-24.
- ↑ "Xosé Díaz Díaz". NOVENOITES. Consultado o 2021-09-24.