Xosé María Castellano
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Xosé María Castellano nunha rolda de prensa en 2012. | |
Nome orixinal | (gl) Xosé María Castellano Ríos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) José María Castellano Ríos 1947 A Coruña, Galiza |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Empresario |
Empregador | NCG Banco (2011–2014) ONO (2008–2014) Inditex (1984–2005) |
Membro de | |
Xosé María Castellano Ríos, nado na Coruña en 1947, é un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou e licenciouse en Económicas e Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar no departamento tecnolóxico da aseguradora Aegon, dende onde pasou á filial española da alimentaria Conagra como director financeiro e logo como director xeral. En 1984 incorporouse a Inditex, a empresa onde forxaría a maior parte da súa carreira empresarial, e na que permaneceu 21 anos.
Catedrático de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade da Coruña, no grupo téxtil galego chegou a ocupar (1997) os postos de vicepresidente e conselleiro delegado do grupo téxtil Inditex. Como conselleiro delegado deixoulle o paso en 2003 a Pablo Isla, e en 2005 dimitiu de todos os seus cargos[1] en desacordo coa intención, logo fracasada, do fundador de Inditex Amancio Ortega de mercar Unión Fenosa.
Con posterioridade a Inditex foi nomeado membro do consello de administración de diversas empresas, entre elas Fadesa, Ono, Puig, Adolfo Domínguez, Rothschild (banco de investimento do que é vicepresidente para España), Kiluva (Naturhouse), Indukern. Einsa, La Voz de Galicia ou Tous. En novembro de 2008 nomeárono presidente de Ono, en substitución de Eugenio Galdón.
Pero en 2011 a súa carreira vira de novo ao prometer achegar capital para a reestruturación económica de Nova Caixa Galicia en banco, a cambio de facerse coa dirección executiva da entidade resultante o NCG Banco[2]. Nese momento cesa como vicepresidente de La Voz de Galicia[3], pero non a presidencia de Ono. En xuño anúnciase que a partir de agosto será o presidente executivo da nova entidade[4].
Galardóns
[editar | editar a fonte]Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José María Castellano dimite de la vicepresidencia de Inditex, El País, 24/9/2005.
- ↑ Un mirlo blanco llamado José María Castellano, artigo de Fernando Macías en La Opinión de A Coruña, 12/6/2011.
- ↑ Lois Blanco, nuevo Director General de la Corporación Voz de Galicia, La Voz de Galicia, 9/6/2011.
- ↑ El consejo de NCG aprueba la designación de Castellano como presidente Arquivado 20 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16/6/2011.