Saltar ao contido

Yank Crime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yank Crime
Álbum de Drive Like Jehu
Publicado26 de abril de 1994
Gravación1994
Estudio(s)Westbeach Recorders, Big Fish Studios
Duración53:20
Xénero(s)post-hardcore, math rock, post-punk, emo
Selo(s)Interscope Records
Producido porDrive Like Jehu
Cronoloxía
Drive Like Jehu
(1991)
Yank Crime -

Yank Crime é o segundo e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Drive Like Jehu, publicado o 26 de abril de 1994 a través do selo Interscope Records. Foi a estrea do grupo na discográfica e a arte foi creada polo cantante/guitarrista Rick Froberg. A banda realizou unha xira para promocionar o disco, pero despois disolveuse silenciosamente ao ano seguinte cando os membros se mudaron para perseguir outros intereses.[1]

Nos anos posteriores, como o guitarrista John Reis conseguiu recoñecemento internacional coa súa banda Rocket from the Crypt, un público cada vez maior comezou a identificar a música de Drive Like Jehu como un catalizador para a ecléctica escena musical de San Diego e a emerxente escena emo nacional dos anos 90. En 2002 Reis volveu lanzar Yank Crime polo seu selo Swami Records, incluíndo nela as cancións do sinxelo "Hand Over Fist"/"Bullet Train to Vegas" da banda, e a versión orixinal de "Sinews" que aparecera no recompilatorio Head Start to Purgatory.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Drive Like Jehu. 

N.º Título Duración
1. "Here Come the Rome Plows"   5:44
2. "Do You Compute"   7:12
3. "Golden Brown"   3:14
4. "Luau"   9:27
5. "Super Unison"   7:24
6. "New Intro"   3:32
7. "New Math"   4:06
8. "Human Interest"   3:24
9. "Sinews"   9:12
53:20
  1. Terich, Jeff (2018-08-02). "Drive Like Jehu : Yank Crime - A symphony of tension". Treble (en inglés). Consultado o 2024-08-02. 
  2. "Drive Like Jehu - Yank Crime". Discogs. Consultado o 3 de agosto de 2024.