Yashmina Shawki
Nome orixinal | Yashmina María Shawki–Aziz Gómez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1967 ![]() Vigo, España ![]() |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciada en Dereito e en Historia Contemporánea |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e xornalismo de opinión ![]() |
Lugar de traballo | Galicia ![]() |
Ocupación | xornalista, escritora, historiadora |
![]() ![]() ![]() |
Yashmina Shawki, nada en Vigo en 1967, é unha historiadora, xornalista, conferenciante[1] e escritora galega especializada en Oriente Próximo, e en concreto no pobo kurdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros tempos
[editar | editar a fonte]Nada en Vigo, é filla de nai galega e pai iraquí, e viviu os seus primeiros anos en Bagdad (Iraq), volvendo a Vigo para a súa escolarización. Con catorce anos regresou a Bagdad a cursar a educación secundaria,[2] se ben volveu a Vigo por mor da inseguridade do país.
Formación académica
[editar | editar a fonte]É licenciada en Dereito (1992) e en Historia Contemporánea (1993) pola Universidade de Santiago de Compostela.[3]
Xornalismo
[editar | editar a fonte]Comezou a súa actividade como xornalista e como articulista de opinión en El Correo Gallego en 1996, pasando a Atlántico Diario en 1998, e a La Voz de Galicia en 2001.[4]
Colabora en Radio Voz desde 2004, desde 2010 no programa Despierta Galicia. Participa regularmente no programa Galicia por diante de Radio Galega, así como na TVG en programas como Foro Aberto, A Chave, ou Volver ao Rego.
Obra
[editar | editar a fonte]Conta con obra tanto en castelán como en galego.[5]
Novelas
[editar | editar a fonte]- Baghdad, a un paso del infierno. (2017, Terra Ignota Ediciones)
- Fundación libélula. (2011, Edicións Xerais de Galicia)
- Kurdos, destino libertad. (2007, Ineditor).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla? (2013, USC Editora) ISBN 978-84-1587-607-6.
- "Armenios e curdos fronte ao novo imperio otomán" Arquivado 18 de marzo de 2021 en Wayback Machine. en O Mundo en Galego. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), p. 56 (en galego).
Contos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El 'despertar árabe', contado por Yashmina Shawki en Atlántico Diario
- ↑ Ficha en Biblioteca Virtual Wikia.
- ↑ Yashmina Shawki Aziz Arquivado 13 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Ficha na páxina no Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC.
- ↑ Biografía en La Voz de Galicia.
- ↑ Referencias en todostuslibros.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos da autora en La Voz de Galicia.
- Yashmina María Shawki–Aziz Gómez en Referentes galegas (en galego), (en castelán).