Zantedeschia aethiopica
Cala Zantedeschia aethiopica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Véxase o texto |
Zantedeschia aethiopica, coñecida comunmente como cala de Etiopía, cartucho, cornos ou flor do xerro, é unha planta perenne herbácea de orixe surafricana, da familia das aráceas, a máis robusta e amplamente naturalizada do xénero Zantedeschia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1826 polo médico e botánico alemán Kurt Polycarp Joachim Sprengel,[2][3], nun trabalo publicado en Systema Vegetabilium, editio decima sexta 3: 756-765.[4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
- Arodes aethiopicum (L.) Kuntze
- Aroides aethiopicum (L.) Kuntze
- Calla aethiopica L. (protónimo)
- Calla aethiopica var. nana Hovey
- Calla ambigua Salisb.
- Calla moschata Moench
- Colocasia aethiopica (L.) Link
- Otosma aethiopica (L.) Raf.
- Pseudohomalomena pastoensis A.D.Hawkes
- Richardia aethiopica (L.) Spreng.
- Richardia africana Kunth
- Zantedeschia aethiopica var. minor Engl.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Zantedeschia.
O epíteto específico, aethiopica, alude á súa distribución na Rexión Etiópica.
Cacterísticas
[editar | editar a fonte]Especie herbácea perenne de entre 60 a 100 cm de altura. Posúe un rizoma oblongo e groso do que xorden raíces de até 15 cm de longo. Produce numerosas follas de cor verde brillante basais, saxitadas e longamente pecioladas. As inflorescencias erectas chámanse espádices, poden medir de 4 a 18 cm de longo e están envolvidas por unha espata (bráctea modificada) branca de forma acampanada. Nas variedades poden ser de diversas cores. É monoica, polo que as diminutas flores de ambos os sexos se atopan na mesma planta; en cada espata as femininas sitúanse baixo as masculinas, que forman as anteras amarelas.[6]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Esta planta é orixinaria de África do Sur, onde se encontra en Suazilandia, Lesoto e Suráfrica (Cabo Occidental, Cabo Oriental, KwaZulu-Natal, Provincia de Limpopo, Estado Libre e Gauteng).[1]
Naturalizouse e cultívase en moitas outras partes do mundo de clima cálido ou tropical, como o sur de Europa, América, Nova Zelandia e Australia Occidental, onde se clasificou como especie tóxica, tanto para os humanos como o gando e maleza.[7]
Prefire áreas húmidas e sombreadas con abundancia de auga.
Usos e cultivo
[editar | editar a fonte]Cultívase como planta ornamental ou para flor cortada polas súas vistosas espatas de cor branca.
Segundo algúns estudos científicos pode ser útil na limpeza de augas residuais evitando a proliferación de algas.[8]
En África do Sur, onde se atopa naturalizada, tanto as follas como os rizomas utilízanse tradicionalmente como emplasto para feridas e picaduras e, tamén, as mesmas partes da planta, consómense cociñadas para neutralizar o oxalato cálcico.
Aínda que é de orixe tropical, resiste moderadamente o frío. Cultívase no exterior en sombra ou semisombra, en terreos húmidos e fértiles ou como planta semiacuática. Dependendo da pluviometría pode comportarse como caducifolia ou perenne.
Toxicidade
[editar | editar a fonte]Toda a planta é tóxica, polo que non debe ser inxerida. Como principio activo contén cristais de oxalato de calcio. O zume é moi irritante. Os signos clínicos son tanto locais como xerais. Entre os locais (por contacto directo) produce irritación da pel, beizos, mucosa bucal. Entre os xerais, gastroenterites e diarrea.[9]
Simboloxía
[editar | editar a fonte]En Galicia o seu uso está moi asociado á festa dos maios.
A "cala" foi utilizada como símbolo político polos nacionalistas republicanos de Irlanda do Norte nas súas pretensións de conseguir a independencia ou ben a integración da provincia na República de Irlanda.[Cómpre referencia]
Na América Latina é unha flor asociada aos cemiterios, pois emprégase, canda outras flores, para adornar as tumbas no día dos defuntos.[10]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie non se enfronta a grandes ameazas e que está moi estendida, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Foden, W. (2010): [https://www.iucnredlist.org/species/164507/5896429#assessment-information Zantedeschia aethiopica na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 1 de novembro de 2022.
- ↑ Zantedeschia Spreng na BioLib. Consulatada o 1 de novembro de 2022,
- ↑ Zantedeschia Spreng. En World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens Kew.
- ↑ "Zantedeschia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de novembro de 2022.
- ↑ Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng. no GBIF. Consultado o 1 de novembro de 2022.
- ↑ "Flora Ibérica" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2017. Consultado o 04 de abril de 2017.
- ↑ "Weeds Australia - Weed identification". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 04 de abril de 2017. Arquivado 16 de abril de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ "Kew Royal Botanic Gardens". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2016. Consultado o 04 de abril de 2017.
- ↑ Toxicity of houseplants. CRC Press Inc. ISBN 0-8493-6655-0.
- ↑ "Una florida tradición | elsalvador.com". elsalvador.com (en castelán). 2016-11-02. Consultado o 2017-04-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zantedeschia aethiopica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zantedeschia aethiopica |