Manuel Rivas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Manuel Rivas fotografado nos anos '80

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Sinatura de Manuel Rivas

Manolo Rivas estudou no IES Monelos e comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.

É colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza.

Maneul Rivas presentando dous libros

Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais.

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por ¿Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.

Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, estando a súa obra traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés[1]

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine.

Foi membro fundador de Greenpeace, polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca máis ou más recentemente coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.

Está casado con María Isabel López e Mariño e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.

Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.

[editar] Obra

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña e Portugal. O número galego inspirou o título de Un millón de vacas.

[editar] Teatro

[editar] Artigos e ensaios literarios

Adicatoria de Manuel Rivas

[editar] Outros

[editar] Participación en Obras Colectivas

[editar] Audiovisual

[editar] Premios

[editar] Premios xornalísticos

  • Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
  • Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
  • Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
  • Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testemuño como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testemuña comprometida fronte á realidade.

[editar] Premios literarios

[editar] Notas

  1. O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
  3. Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
  4. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
  5. Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Araguas, Vicente et al. (2003), Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3.

[editar] Ligazóns externas

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais