Wikipedia:Efemérides Destacadas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Efemérides Destacadas é unha sección da Portada onde se mostran algúns acontecementos históricos importantes seleccionados de entre as efemérides dos 366 días do ano. Pode modificar e mellorar as efemérides destacadas sempre que siga a guía de estilo que aparece nesta mesma páxina.
Índice |
Efemérides destacadas de hoxe
|
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 7 de xaneiro de 2009
- 891, nace Abderramán III, califa cordobés.
- 1325, morre o Rei Dinis de Portugal.
- 1610, Galileo descobre as lúas maiores de Xúpiter: Io, Europa e Calisto.
- 1950, morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Bos Aires, no exilio.
- 1965, aparece en Colombia a guerrilla procastrista Ejército de Liberación Nacional (ELN).
- 1977, un grupo de intelectuais checos amosan a Carta dos 77, un documento no que se esixe ó Goberno de Praga que respecte os dereitos humanos e civís dos cidadáns.
- 2004, morre Ingrid Thulin, actriz sueca.
Hoxe é o Día de Nadal para os cristiáns ortodoxos.
Pasadomañá será o 8 de xaneiro de 2009
- 1642, morre Galileo Galilei, matemático, físico, astrónomo e inventor italiano.
- 1870, nace Miguel Primo de Rivera, militar, presidente do Goberno español (1923-1930).
- 1879, morre Baldomero Espartero, militar e político liberal español.
- 1918, publícanse Os 14 puntos de Wilson, xérmolo da Sociedade de Nacións.
- 1935, nace Elvis Presley, cantante estadounidense de rock.
- 1959, Fidel Castro, á fronte das súas tropas revolucionarias, entra vitorioso en La Habana.
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
- As efemérides seleccionadas deberan ser entre 4 ou 6.
- As efemérides deben estar redactadas en tempo presente.
- As efemérides deberán estar en orde cronolóxica: das máis antigas ás máis recentes.
- As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
-
-
- Datas importantes para Galiza: Día Nacional de Galicia, Día de aprobación do estatuto de autonomía.
- Datas significativas para o galego: Día das letras galegas, publicación por primeira vez da revista A Nosa Terra.
- Datas importantes de persoeiros galegos: Morte de Castelao, fusilamento de Alexandre Bóveda.
- Datas importantes para España: Día do comezo da Guerra Civil, referendo da Constitución española de 1978.
- Datas significativas en xeral: Día da Paz, invención da imprenta.
-
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na relización da efemérides da Portada:
- Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|100px|thumb|DESCRICIÓN MOI BREVE.]]</div>-
-
- NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse debido a que algunhas se ven mal con 100 píxeles (100px).
-
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das Efemérides Destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de xaneiro:
1 de xaneiro (ver · editar)
- 1788, publícase en Londres o primeiro número do xornal The Times.
- 1820, Rafael del Riego reponse contra o absolutismo nas Cabezas de San Xoán (Sevilla), e proclama a Constitución de 1812.
- 1959, en Cuba triunfa a revolución socialista. O ditador Fulxencio Batista refúxiase nos Estados Unidos.
- 1986, España e Portugal ingresan na CEE.
- 1993, Checoslovaquia divídese en Chequia e Eslovaquia.
- 2002, entra en vigor o Euro como moeda única para 12 estados da Unión Europea.
Hoxe é Aninovo.
2 de xaneiro (ver · editar)
- 1492, os Reis Católicos entran en Granada.
- 1762, Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
- 1949, Luis Muñoz Marín convértese no primeiro presidente democrático de Porto Rico.
- 1997, Miguel Induráin anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
- 2000, O ex-axente da KGB Vladimir Putin exerce como presidente en funcións de Rusia tras a dimisión de Boris Yeltsin.
3 de xaneiro (ver · editar)
- 1496, Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
- 1521, o papa León X excomunga a Martín Lutero.
- 1874, o xeneral Pavía entra nas Cortes e pon remate á I República Española.
- 1892, nace J. R. R. Tolkien, escritor e filólogo británico-sudafricano.
- 1925, Benito Mussolini proclama que toma poderes ditatoriais sobre Italia.
- 2004, a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
4 de xaneiro (ver · editar)
- 41, Calígula é asasinado pola súa garda persoal.
- 1642, durante a Guerra Civil Inglesa, o Rei Carlos I de Inglaterra ataca o Parlamento.
- 1717, Holanda, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza.
- 1847, Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ao goberno dos Estados Unidos.
- 1918, Rusia recoñece a independencia de Finlandia.
- 1932, Gandhi é detido na India.
5 de xaneiro (ver · editar)
- 1813, o Tribunal da Inquisición é suprimido polas Cortes de Cádiz.
- 1919, fúndase o Partido Nacional Socialista Alemán (NSDAP), ó que pertenceu Adolf Hitler.
- 1932, nace Umberto Eco, escritor italiano.
- 1936, morre en Santiago Ramón María del Valle-Inclán, escritor arousán.
- 1938, nace Xoán Carlos I, rei de España.
Hoxe é a Noite de Reis.
6 de xaneiro (ver · editar)
- 1412, nace Xoana de Arco, heroína francesa, santa católica.
- 1854, segundo Arthur Conan Doyle é o nacemento de Sherlock Holmes.
- 1912, nace en Celanova (Ourense) Celso Emilio Ferreiro Míguez, poeta galego.
- 1945, tropas soviéticas ocupan o campo de concentración de Auschwitz (Polonia), liberando a máis de 5.000 prisioneiros.
- 1993, morre Dizzy Gillespie, músico de jazz (trompetista) estadounidense.
Hoxe é o Día de Epifanía para católicos, protestantes e anglicanos e concédese o Premio Nadal.
7 de xaneiro (ver · editar)
- 891, nace Abderramán III, califa cordobés.
- 1325, morre o Rei Dinis de Portugal.
- 1610, Galileo descobre as lúas maiores de Xúpiter: Io, Europa e Calisto.
- 1950, morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Bos Aires, no exilio.
- 1965, aparece en Colombia a guerrilla procastrista Ejército de Liberación Nacional (ELN).
- 1977, un grupo de intelectuais checos amosan a Carta dos 77, un documento no que se esixe ó Goberno de Praga que respecte os dereitos humanos e civís dos cidadáns.
- 2004, morre Ingrid Thulin, actriz sueca.
Hoxe é o Día de Nadal para os cristiáns ortodoxos.
8 de xaneiro (ver · editar)
- 1642, morre Galileo Galilei, matemático, físico, astrónomo e inventor italiano.
- 1870, nace Miguel Primo de Rivera, militar, presidente do Goberno español (1923-1930).
- 1879, morre Baldomero Espartero, militar e político liberal español.
- 1918, publícanse Os 14 puntos de Wilson, xérmolo da Sociedade de Nacións.
- 1935, nace Elvis Presley, cantante estadounidense de rock.
- 1959, Fidel Castro, á fronte das súas tropas revolucionarias, entra vitorioso en La Habana.
9 de xaneiro (ver · editar)
- 1324, morre Marco Polo, explorador italiano.
- 1693, un terremoto destrúe en Sicilia 60 vilas e aldeas, causando a morte a máis de 50.000 persoas.
- 1863, inaugúrase o Metro de Londres, o primeiro ferrocarril subterráneo do mundo.
- 1928, Sandino proclama en Nicaragua a república de Nueva Segovia, cunha capital chamada Ciudad Sandino.
- 1944, nace Jimmy Page, guitarrista británico.
10 de xaneiro (ver · editar)
- 1869, nace Grigori Rasputin, místico e cortesano ruso.
- 1880, nace Manuel Azaña, político, escritor e presidente da II República española.
- 1924, nace Eduardo Chillida, escultor español
- 1946, celébrase en Londres a primeira Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU).
- 1957, morre Gabriela Mistral, poetisa chilena Premio Nobel de Literatura en 1945
11 de xaneiro (ver · editar)
- 1859, nace Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego.
- 1913, o Tibet proclama a súa independencia.
- 1962, inaugúrase o Concilio Vaticano II, que actualiza as estruturas e doutrinas da Igrexa Católica.
- 1966, morre Alberto Giacometti, escultor e pintor suízo.
- 1993, a UNESCO declara a Ruta Xacobea Patrimonio da Humanidade.
12 de xaneiro (ver · editar)
- 1628, nace Charles Perrault, escritor francés de contos infantís.
- 1876, nace Jack London, escritor estadounidense.
- 1988, queda instalada a primeira base española na Antártida.
- 1993, 120 países asinan en París un acordo para prohibir as armas químicas.
13 de xaneiro (ver · editar)
- 1898, Émile Zola publica o seu famoso Eu acuso en L'Aurore.
- 1906, un incendio destrúe case toda a cidade de Panamá.
- 1933, o goberno republicano español sufoca violentamente a rebelión obreira e libertaria iniciada tres días antes en Casas Viejas (Cádiz).
- 1941, morre James Joyce, escritor irlandés.
- 1950, restablécese a pena de morte na Unión Soviética.
- 1953, Josip Broz Tito é escollido presidente da Iugoslavia.
- 1955, o presidente de Nicaragua, Anastasio Somoza, desafía ó presidente de Costa Rica, José Figueres, a resolver a disputa entre os dous países mediante un duelo a pistola.
14 de xaneiro (ver · editar)
- 1742, morre Edmond Halley, matemático e astrónomo británico.
- 1753, morre George Berkeley, filósofo irlandés.
- 1809, asínase unha alianza entre Inglaterra e España para loitar conxuntamente contra Napoleón.
- 1876, Alexander Graham Bell patenta o teléfono.
- 1949, nace José Bono, político español e Ministro de Defensa (PSOE, 2004-2007).
- 1968, lánzase a Soyuz 4.
Hoxe é o Festival do Pongal na India.
15 de xaneiro (ver · editar)
- 1526, parte da Coruña unha expedición marítima ao mando de Diego García de Moguer, á que se lle atribúe a descuberta do río da Prata.
- 1919, son asasinados Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, revolucionarios alemáns.
- 1929, nace Martin Luther King, defensor dos dereitos humanos.
- 1936, asínase en España o pacto electoral do Frente Popular, polo que republicanos, socialistas e comunistas constitúen unha coalición electoral, que obterá a maioría ese ano.
- 2001, a Wikipedia inicia a súa andaina on line.
16 de xaneiro (ver · editar)
- 929, Abderramán III proclamase califa de Córdoba.
- 1547, Rusia: Iván o Terrible proclámase tzar.
- 1809, o exército francés de Napoleón I derrota na Coruña ó exército británico na batalla de Elviña.
- 1991, Iraq: George Bush pai ordena o comezo da Guerra do Golfo coa operación Tormenta do deserto. Inícianse os bombardeos sobre a poboación civil en Bagdad.
- 2003, accidente do transbordador espacial Columbia.
Hoxe é o Día de Martin Luther King nos Estados Unidos.
17 de xaneiro (ver · editar)
- 1600, nace Pedro Calderón de la Barca, dramaturgo español.
- 1966, colisionan dous avións estadounidenses. Caen catro bombas atómicas, tres nas cercanías de Palomares e outra nas proximidades de Almería.
- 1986, asínase en A Haia o protocolo que establece relacións diplomáticas entre Israel e España.
- 2002, morre Camilo José Cela, escritor galego (en lingua castelá), Premio Nobel de Literatura en 1989.
18 de xaneiro (ver · editar)
- 1535, Francisco Pizarro funda Lima, capital do Perú.
- 1778, James Cook descubre as illas do Hawai
- 1856, nace en Santiago Xosé Castro "Chané" González, músico galego, máis coñecido coma Maestro Chané.
- 1871, xorde o II Reich da man de Otto von Bismarck.
- 1915, nace Santiago Carrillo, ex dirixente do PCE.
19 de xaneiro (ver · editar)
- 1809, nace Edgar Allan Poe, escritor estadounidense.
- 1839, nace Paul Cézanne, pintor francés.
- 1966, Indira Gandhi é electa primeira ministra da India, primeira muller que ocupa o cargo.
- 1982, morre Elis Regina, cantante brasileira.
- 1983, aparece o Apple Lisa, o primeiro ordenador persoal comercial cunha interface gráfica e rato.
20 de xaneiro (ver · editar)
- 1716, nace Carlos III de España.
- 1907, morre Dmitri Mendeleiev, químico ruso.
- 1920, nace Federico Fellini, director de cine italiano.
- 1944, nace José Luis Garci, director de cine español.
- 1961, John Fitzgerald Kennedy asume mandato como o 35º presidente dos Estados Unidos.
- 1984, morre Johnny Weissmüller, nadador e actor estadounidense.
21 de xaneiro (ver · editar)
- 1790, a Asemblea Constituínte francesa proclama a igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.
- 1924, morre Vladimir Ilich Uliánov, coñecido por Lenin, líder da Unión Soviética.
- 1925, Albania declarase unha república.
- 1939, o xeneral Rojo, xefe do estado maior do exército republicano, comunica a Negrín que xa non hai fronte.
- 1986, Estados Unidos celebra por primeira vez o día de Martin Luther King coma festa oficial.
- 2001, Jutta Kleinschmidt convértese na primeira muller que gaña o rallye París-Dakar.
22 de xaneiro (ver · editar)
- 1561, nace Francis Bacon, filósofo británico.
- 1905, comeza a Revolución de 1905 na Rusia, coa ocupación do Palacio de Inverno en San Petersburgo.
- 1963, Alemaña e Francia reconcílianse trala asinatura por Charles de Gaulle e Konrad Adenauer do Tratado do Elíseo.
- 1972, tras catro días de secuestro, a banda terrorista ETA pon en liberdade ó industrial Lorenzo Zabala.
- 1981, morre María Moliner, filóloga española. Autora do prestixioso Diccionario de uso del español.
- 2006, Evo Morales, líder indíxena, asume a presidencia de Bolivia.
23 de xaneiro (ver · editar)
- 1810, os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Xaén e Córdoba.
- 1950, Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
- 1979, a ofensiva da Fronte Polisario no Sáhara Occidental causa 800 baixas no Exército marroquí.
- 1995, Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de San Sebastián, é asasinado pola banda terrorista ETA dun tiro na cabeza.
- 2003, máis de 5.100 civís e militares traballan nas praias galegas afectadas polo vertido de fuel do Prestige.
24 de xaneiro (ver · editar)
- 1958, científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada.
- 1990, publicación do Decreto 3/1990 polo que se segregan as Universidades de Coruña e Vigo da Universidade de Santiago
- 2003, catástrofe ecolóxica do Prestige: o colectivo de mestres Area Negra (integrados en Nunca Máis) desprega unha cadea humana de 50.000 alumnos entre as localidades de Laxe e Muxía
- 2005, ponse en marcha oficialmente o Plan Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, que recolle máis de mil medidas para a extensión e uso do galego na sociedade.
25 de xaneiro (ver · editar)
- 1554, fúndase a cidade de São Paulo no Brasil.
- 1627, nace Robert Boyle, físico e químico angloirlandés.
- 1809, entran en Ribadeo as tropas francesas, esixindo gran cantidade de alimentos ás aldeas dos arredores.
- 1831, independencia de Polonia.
- 1882, nace Virginia Woolf, escritora británica (m. 1941).
- 1936, o Partido Galeguista nunha Asemblea Extraordinaria aproba o ingreso do PG na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte.
26 de xaneiro (ver · editar)
- 1531, un terremoto en Lisboa mata 30.000 persoas.
- 1546, fúndase a cidade de Santos no Brasil.
- 1908, nace Stéphane Grappelli, violinista francés (d. 1997)
- 1939, na Guerra civil española o exército franquista entra en Barcelona.
- 1950, independencia da India.
- 1973, morre Edward G. Robinson, actor (n. 1893)
27 de xaneiro (ver · editar)
- 1756, nace Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (m. 1791).
- 1822, créase a provincia do Bierzo, sendo a sua capital Vilafranca —esta provincia durou ata o 30 de novembro de 1833—.
- 1832, nace Lewis Carroll, autor das Aventuras de Alicia no País das Marabillas (m. 1898).
- 1926, John Logie Baird fai a primeira demostración de transmisión televisiva.
- 1926, nace Ingrid Thulin, actriz sueca (m. 7 de xaneiro de 2004.)
- 1940, as autoridades soviéticas ordenan executar a Isaak Babel, acusado de espionaxe, na prisión de Butyrka.
- 1945, o exército da URSS libera o campo de exterminio de Auschwitz.
- 1973, asínase en París o cesamento dos combates en Vietnam.
28 de xaneiro (ver · editar)
- 1547, morre Henrique VIII de Inglaterra, rei, creador da Igrexa Anglicana
- 1853, nace José Martí, revolucionario cubano (m. 1895).
- 1887, comeza a construción da Torre Eiffel.
- 1930, morre en Asados, Rianxo Manuel Antonio, poeta galego (n. Rianxo, 12 de xullo de 1900).
- 1935, Islandia é o primeiro país en legalizar o aborto.
29 de xaneiro (ver · editar)
- 1595, probable estrea de Romeo e Xulieta de William Shakespeare.
- 1899, nace Rafael Dieste, recoñecido escritor natural de Rianxo, autor de Dos arquivos do trasno.
- 1916, París é bombardeada por dirixibles alemáns proxectados polo conde Ferdinand von Zeppelin.
- 1933, Adolf Hitler é nomeado chanceler de Alemaña.
- 1947, nace Linda B. Buck, premio Nobel 1994 de Fisioloxía e Medicina.
- 2006, morre Nam June Paik, vídeo-artista nado en Seúl (Corea) o 20 de xuño de 1932.
30 de xaneiro (ver · editar)
- 1886, nace Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Castelao) en Rianxo, vila situada na ría de Arousa.
- 1925, nace Dorothy Malone, actriz.
- 1933, Adolf Hitler nomeado Chanceler alemán.
- 1937, nace Boris Spassky, campión mundial de xadrez ruso.
- 1948, Mahatma Gandhi (n. 1869), pacifista e líder da independencia da India é asasinado en Nova Deli por Nathuram Godse, extremista hindú.
31 de xaneiro (ver · editar)
- 1606, Guy Fawkes é executado por conspirar contra o parlamento e Xacobe I de Inglaterra, no que se coñeceu como O complot da pólvora ("The Gunpowder Plot").
- 1937, nace Philip Glass, músico e compositor.
- 1939, nace Volker Schlöndorff, director de cine alemán.
- 1968, independencia de Nauru.
- 1995, remata en Xapón a serie Dragon Ball Z.


