Saltar ao contido

Ácido pentacosílico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido pentacosílico
Identificadores
PubChem 10468
ChemSpider 10036
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C25H50O2
Masa molar 382,66 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido pentacosílico ou ácido pentacosanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 25 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
25
H
50
O
2
, que se simboliza como C25:0.

O ácido pentacosílico é sólido a temperatura ambiente e funde a 83 °C.[1] O seu índice de refracción é de 1,4292 a 70 °C.[2] Na natureza illouse de diferentes plantas como por exemplo a bergamota (Citrus bergamia),[3] a Pergularia daemia,[4] o sisal (Agave sisalana) e Shorea maranti,[5] e identificouse na esponxa Ircinia spinulosa.[6] É lixeiramente soluble en cloroformo e, se se quenta, é lixeiramente soluble en acetato de etilo,[7]en acetona e metanol.

Estudouse o seu uso no tratamento e prevención da diabetes mellitus de tipo 1 e 2.[4]

  1. 506-38-7 CAS MSDS (PENTACOSANOIC ACID) Melting Point Boiling Point Density CAS Chemical Properties. www.chemicalbook.com. [Consultado: 18 de outubro de 2018].
  2. LipidBank - Fatty acid(DFA0025) Arquivado 12 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. lipidbank.jp. [Consultado: 18 de outubro de 2018].
  3. Showing Compound Pentacosanoic acid (FDB003081) - FooDB». foodb.ca. [Consultado: 18 de outubro de 2018].
  4. 4,0 4,1 Uma Makheswari, M. Drug designing for diabetes mellitus using pentacosanoic acid.. [Consulta: 12 febrer 2018]
  5. Gunstone, F.D.; Harwood, J.L.; Padley, F.B.. The Lipid Handbook, Second Edition. CRC Press, 1994-07-21. ISBN 9780412433207.
  6. Rhandour, Z. i col. Extraction and Recovery of Bioactive Metabolites from Marine Sponge "Ircinia spinulosa". World Journal of Innovative Research, 1, 2, Decembro de 2016, páx. 9-13.
  7. TRC | Details of CAS = 506-38-7, ChemicalName = Pentacosanoic Acid, synonym = n-Pentacosanoic Acid; Hyenic Acid; NSC 89289;, MolFormula = C₂₅H₅₀O₂. www.trc-canada.com. [Consultado: 18 de outubro de 2018].