Ácido nonacosílico
Ácido nonacosílico | |
---|---|
![]() | |
Ácido nonacosanoico | |
Outros nomes Ácido nonacosílico | |
Identificadores | |
PubChem | 20245 |
ChemSpider | 19071 |
ChEBI | CHEBI:84867 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C29H58O2 |
Masa molar | 438,77 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido nonacosílico ou ácido nonacosanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 29 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
29H
58O
2, que se simboliza como C29:0.
A temperatura ambiente é un sólido que funde a 90,3–90,5 °C. Atópase na cera montana que se obtén a partir do lignito.[1][2] É un ácido graxo habitual nos humanos que se atopa en moitos tecidos como substituínte das ceramidas (o compoñente principal do estrato córneo da pel)[3], nos lípidos da substancia branca do cerebro normal[4] e nas glándulas sebáceas.[5][6] Tamén aparece nalgunhas plantas, como Butea monosperma[7] ou Antenoron filiforme.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LipidBank - Fatty acid(DFA0029) Arquivado 15 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 18 de outubro de 2018].
- ↑ Raymond E. Kirk , Donald F. Othmer : Enciclopedia de Tecnología Química. Vol. 6, 1951, p. 258.
- ↑ Hamanaka S, Hara M, Nishio H, Otsuka F, Suzuki A, Uchida Y. Human epidermal glucosylceramides are major precursors of stratum corneum ceramides. J Invest Dermatol. 2002 Aug;119(2):416-23. PMID 12190865 . DOI 10.1046/j.1523-1747.2002.01836.x
- ↑ Wilson R, Sargent JR. Lipid and fatty acid composition of brain tissue from adrenoleukodystrophy patients. J Neurochem. 1993 Jul;61(1):290-7. PMID 8515276.
- ↑ Nordstrom KM, Labows JN, McGinley KJ, Leyden JJ. Characterization of wax esters, triglycerides, and free fatty acids of follicular casts. . J Invest Dermatol. 1986 Jun;86(6):700-5. PMID 2940302
- ↑ Pubchem. «NONACOSANOIC ACID». [Consultado: 18 de outubro de 2018].
- ↑ Mishra M , Shukla YN , Kumar S. Euphane triterpenoid and lipid constituents from Butea monosperma. Phytochemistry [01 Aug 2000, 54(8):835-838]. PMID 11014275
- ↑ Zhao YX , Li HF , Ma QY , Li N , Huang SZ. Studies on the chemical constituents of the herb of Antenoron filiforme. Zhong yao cai = Zhongyaocai = Journal of Chinese Medicinal Materials [01 May 2011, 34(5):704-707]. PMID 21954553
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |