Saltar ao contido

Ácido araquídico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido araquídico
Identificadores
Número CAS 506-30-9
PubChem 10467
ChemSpider 10035
KEGG C06425
ChEBI CHEBI:28822
ChEMBL CHEMBL1173381
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades[1]
Fórmula molecular C20H40O2
Masa molar 312,53 g mol−1
Aspecto sólido cristalino branco
Densidade 0,8240 g/cm3
Punto de fusión 755 °C; 1 391 °F; 1 028 K
Punto de ebulición 328 °C; 622 °F; 601 K
Solubilidade en auga Practicamente insoluble en auga
Perigosidade
Punto de inflamabilidade 1 697 °C; 3 087 °F; 1 970 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido araquídico[2], tamén chamado ácido eicosanoico ou ácido icosanoico, é un ácido graxo saturado de 20 átomos de carbono. É un constituínte menor do aceite de cacahuete (Arachis hypogaea), no que supón do 1,1% ao 1,7%,[3] e do aceite de millo, no que supón o 3%.[4] O seu nome deriva do latín arachis, cacahuete. Os seus sales e ésteres son os araquidatos. Pode formarse por hidroxenación do ácido araquidónico.

A redución do ácido araquídico rende alcohol araquidílico.

O ácido araquídico utilízase para a produción de deterxentes, materiais fotográficos e lubricantes. Utilízase como película orgánica fina na produción de cristais líquidos con múltiples aplicacións técnicas.[5]

  1. *Merck Index, 11th Edition, 791
  2. ChemSpider Arachic acid
  3. Beare-Rogers, J.; Dieffenbacher, A.; Holm, J.V. (2001). "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. doi:10.1351/pac200173040685. 
  4. U.S. Department of Agriculture, Agricultural Research Service. 2007. USDA National Nutrient Database for Standard Reference, Release 20. Nutrient Data Laboratory Home Page
  5. CHEBI arachidic acid