Ácido undecanoico
Ácido undecanoico | |
---|---|
Ácido undecanoico | |
Outros nomes Ácido undecílico, ácido hendecanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 112-37-8 |
PubChem | 8180 |
ChemSpider | 7888 |
UNII | 138ON3IIQG |
KEGG | C17715 |
ChEBI | CHEBI:32368 |
ChEMBL | CHEMBL108030 |
Ligando IUPHAR | 5533 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C11H22O2 |
Masa molecular | 186.29 g/mol |
Aspecto | Cristais incoloros |
Densidade | 0.89 g/cm3 |
Punto de fusión | 28,6 °C; 83,5 °F; 301,8 K |
Punto de ebulición | 284 °C; 543 °F; 557 K |
Viscosidade | mPa·s |
Estrutura | |
Momento dipolar | D |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | |
Palabra sinal GHS | Warning |
declaración de perigosidade GHS | H315 , 319 , 335 |
declaración de precaución GHS | P261, 264 , 271 , 280 , 302+352 , 304+340 , 305+351+338 , 312 , 321 , 332+313 , 337+313 , 362 , 403+233 , 405 , 501 |
Principais perigos | Corrosivo |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 113 °C; 235 °F; 386 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido undecanoico ou ácido undecílico é un ácido graxo que contén unha cadea liñal de once carbonos, non ramificada, coa fórmula C
11H
22O
2, simbolizado como C11:0.
A temperatura ambiente moderada é un sólido incoloro, que funde a 24,5 °C, con cheiro a aldehido. Descomponse a 275 °C[1] e a 15 mm de Hg de presión ferve a 164,5 °C.[2] A 25 °C a súa densidadde é de 0,912 g/cm3 e o seu índice de refracción é de 1,4478. O seu punto de inflamación é de 166 °C.[1] É insoluble en auga e moi soluble en etanol, cloroformo e acetona. É soluble en benceno en calquera proporción. Obtense do aceite de rícino por redución do ácido undecilénico.[2] A súa estrutura cristalina é ortorrómbica, e pertence ao grupo espacial P21/c, a súa cela elemental ten os seguintes valores: a = 25,839 Å, b = 4,9123 Å, c = 10,0285 Å, α = 90°, β = 99,010 ° e γ = 90°.[3]
Na natureza encóntrase na manteiga e nos aceites esenciais de Artemisia frigida, Chamaecyparis pisifera, Thymus marschollianus, no coco, nas mazás, no plátano (Musa sapientum), na guindeira (Prunus cerasus), en diferentes queixos (azul, suízo, cheddar), no viño branco, no té negro e na manga.[2]
Parece estar implicado na síntese de triacilglicerois. Atópase no leite humano, no plasma seminal e outros fluídos. En bebidas alcohólicas detectouse na cervexa, o viño, o brandy, o whisky e o ron.[4]
A súa toxicidade na rata é de LD50 oral = 2,5 g/kg. Irrita as mucosas en concentracións superiors ao 1 %. Emprégase como antimicrobiano. Tamén se emprega como funxicida contra os fungos da pel, en concentracións entre o 2 e o 10 %.[1]
Emprégase como axente aromático.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Paulus, W. Microbicides for the Protection of Materials: A Handbook. Springer Science & Business Media, 2012. ISBN 9789401121187.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Burdock, G.A.. Encyclopedia of Food and Color Additives. CRC Press, 1997. ISBN 9780849394140
- ↑ Bond, Andrew D. On the crystal structures and melting point alternation of the n-alkyl carboxylic acids. New J. Chem., 28, 1, 12-01-2004, pàg. 104–114. DOI: 10.1039/b307208h. ISSN: 1369-9261.
- ↑ Nykänen, L.; Suomalainen, H. Aroma of Beer, Wine and Distilled Alcoholic Beverages. Springer Science & Business Media, 1983. ISBN 9789027715531.