31ª edición dos Óscar
A 31.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 6 de abril de 1959 no RKO Pantages Theatre dos Anxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Jerry Lewis, Mort Sahl, Tony Randall, Bob Hope, David Niven e Laurence Olivier. Niven gañou o Oscar ao mellor actor, converténdose no único presentador da historia dos Óscar que gañou un premio na mesma cerimonia.[1]
O produtor da cerimonia, Jerry Wald, comezou a cortar números do show para asegurarse de que durase o tempo axustado. Cortou demasiado material e a cerimonia acabou vinte minutos antes, facendo que Jerry Lewis intentase encher o tempo. Finalmente, a NBC cortou a unha reemisión dun programa deportivo.
O filme Gigi gañou nove Óscars, batendo o récord previo. Porén, esta marca durou pouco, xa que Ben-Hur a superou na seguinte edición.
Premios
[editar | editar a fonte]





Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2]
Oscar honorífico
[editar | editar a fonte]- Maurice Chevalier, "polas súas contribucións ao mundo do entretemento durante máis de medio século"
Irving G. Thalberg Memorial Award
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "James Franco and Anne Hathaway to host Oscars". The Daily Telegraph (en inglés). 29 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2015-02-21. Consultado o 2015-02-20.
- ↑ "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-21.
Predecesor: 30ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 31ª edición dos Óscar |
Sucesor: 32ª edición dos Óscar |