3 Libras
«3 Libras» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de A Perfect Circle | |||||
do álbum Mer de Noms | |||||
Lanzamento | 13 de febreiro de 2001 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:35 | ||||
Discográfica | Virgin | ||||
Produtor(es) | Billy Howerdel, Alan Moulder | ||||
Escritor(es) | A Perfect Circle | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"3 Libras" é unha canción da banda de rock alternativo A Perfect Circle, editada o 13 de febreiro do 2001 como segundo sinxelo do seu álbum de estrea Mer de Noms. O tema foi ben recibido tanto pola crítica como comercialmente, chegando ao número 12 das listas da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock en 2001.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Ao igual que con todo o álbum Mer de Noms, a música de "3 Libras" foi composta polo guitarrista Billy Howerdel, mentres que as letras foron escritas polo vocalista Maynard James Keenan e Christopher Washington.[1] Os dous imaxinaron orixinalmente este tema como primeiro sinxelo do seu álbum de estrea, antes de que os executivos da discográfica os convencesen para escoller a máis dura "Judith", que pensaban que este tema era mellor para dar a coñecer o grupo debido a que afastábase menos da outra banda de Keenan, Tool.[2]
Fixéronse dúas versións "remix" oficiais da canción; a "Feel My Ice Dub Mix" polo membro da banda Danny Lohner, e a "All Main Courses Mix" por Robert "3D" Del Naja de Massive Attack. Estes temas foron recompilados no álbum de remesturas de 2004 aMOTION.
Composición
[editar | editar a fonte]Mentres que gran parte do son de Mer de Noms identifícase cunha estética hard rock convencional, o son de "3 Libras" está conducido principalmente por guitarra acústica e violín.[3] A meirande parte da canción consiste en melódicos tons limpos de guitarra, e unha melodía de violín tocada por riba, composta pola baixista e violinista da banda Paz Lenchantin.[3][4] O batería Josh Freese toca o aro da batería cada oitava nota, estando o tema interpretado nun tempo 6/8.[4] A canción remata cunha banda ao completo e guitarras eléctricas distorsionadas no outro do tema, finalizando cun escuro acorde de guitarra.[4]
Varias versións do tema teñen composicións diferentes. A "Feel My Ice Dub Mix" ten un tempo ralentizado e engade beats e efectos electrónicos, dándolle un son máis trance, e a "All Main Courses Mix" usa extensivamente estática de radio e efectos de ruído.[5] Cando é interpretada ao vivo, na ausencia dun violinista, a banda normalmente toca unha versión alternativa da canción, con Howerdel tocando a guitarra eléctrica con tons limpos durante toda a súa extensión, mentres o resto da banda acompaña no fondo cos seus respectivos instrumentos.[6]
Recepción
[editar | editar a fonte]Polo xeral a canción foi ben recibida, tanto comercialmente como pola crítica. Puido escoitarse con frecuencia a través da radio, e acadou o número 12 das listas estadounidenses da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock.[7] Os críticos loubaron a canción. Sputnik Music falou dela como "unha das cancións máis fermosas que APC editou" e "unha das edicións máis emocionais do álbum".[4] O editor xefe de Artist Direct, Rick Florino, nomeou á pista unha das "mellores 20 cancións de Maynard James Keenan", calificándoa como "...un momento tenro de de anhelo encerrado nunha fermosa melodía feliz...'3 Libras' ilumina o gran rango vocal e habilidade do cantante".[8] Á parte, Florino eloxiou tamén a interpretación ao vivo por parte da banda, afirmando que sentía que acadou "alturas celestiais" cando foi tocada nas xiras de reunión en 2010.[9]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Toda a música composta por Billy Howerdel e todas as letras escritas por Maynard James Keenan.
CD 1
[editar | editar a fonte]- "3 Libras"
- "Magdalena (Live)"
- "3 Libras (Feel My Ice Dub Mix)"
- "Judith (Live)"
- "3 Libras (Live)"
CD 2
[editar | editar a fonte]- "3 Libras (Live in Phoenix)"
- "3 Libras (Feel My Ice Dub)"
- "Sleeping Beauty (Live in Phoenix)"
- [Untitled Track] [galería de imaxes interactiva] [CD-ROM Track]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allmusic (ed.). "Mer de Noms en Allmusic". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Steal the Spotlight (ed.). "Entrevista a Billy Howerdel". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 Louisville Music News (ed.). "Entrevista a Paz Lenchantin". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Sputnik Music (ed.). "Mer de Noms en Sputnik Music". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Sputnik Music (ed.). "aMOTION en Sputnik Music". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ IGN (ed.). "A Perfect Circle: local eyzed". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Blabbernouth (ed.). "A Perfect Circles's 'Thirteenth Step' Enters Billboard Chart At No. 2!". Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Artist Direct (ed.). "Feature: ARTISTdirect.com's Top 20 Maynard James Keenan Songs From Tool, A Perfect Circle, and Puscifer Feature: ARTISTdirect.com's Top 20 Maynard James Keenan Songs From Tool, A Perfect Circle, and Puscifer". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ Artist Direct (ed.). "Live Review: A Perfect Circle Perform "Mer De Noms" — Avalon, Hollywood Live Review: A Perfect Circle Perform "Mer De Noms" — Avalon, Hollywood". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2014.