Massive Attack
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Massive Attack | |
---|---|
Orixe | Bristol, Inglaterra |
Período | 1988 - presente |
Xénero(s) | trip-hop |
Selo(s) discográfico(s) | Wild Bunch, Circa, Virgin Records |
Membros | Robert "3D" Del Naja Grant "Daddy G" Marshall |
Antigos membros | Andrew "Mushroom" Vowles |
Na rede | |
massiveattack.co.uk | |
Massive Attack é un grupo de música electrónica de Bristol, Inglaterra. Actualmente está composto por dous integrantes: 3D e Daddy G'.
Historia
[editar | editar a fonte]Massive Attack comezou a mediados dos anos oitenta coma un colectivo cultural de DJ e músicos urbanos chamando The Wild Bunch con sede nun gueto xamaicano. Debido á mestura de culturas e sons, este colectivo empregaba xéneros tan diferentes coma jazz, soul, rock, hip hop e reggae e botaban man do cine, fotografía e arte urbana. Aquela liberdade de composición converteríase nun selo da banda non anos vindeiros.
En 1988 sacaron o seu primeiro LP, Any Love, e en 1991 firmaron o seu primeiro contrato coa discográfica independente Circa. Pouco despois sacaron o seu primeiro álbum de estudio, Blue Lines, que acadaría un éxito inmediato nas listas británicas e que actualmente figura entre un dos discos máis influentes da década dos noventa. Unfinished Sympathy sería a canción de presentación do traballo que interrompía dunha maneira fresca e independente no mercado discográfico e a prensa apresurouse a emprega-lo termo trip-hop para describir o seu estilo; termo que ós integrantes non lles gusta demasiado. Amais de mesturar multitude de sons e ritmos, outra das innovacións da banda foi contar con diferentes colaboracións polo que tódalas composicións eran cantadas e arranxadas por diferentes artistas do movemento de Bristol como Shara Nelson, Tricky e Horace Andy.
Sen Shara Nelson e con novas incorporacións, sae á luz Protection no 1994, diferenciándose do álbum anterior por un son máis minimalista e puro. Contaron coa colaboración especial de Tracy Horn do grupo de música electrónica Everything But the Girl para o LP de saída, Protection. Un ano máis tarde editarían unha remestura de Protection chamada Non Protection.
En 1998 volveron ó estudio para gravar o seu terceiro traballo, Mezzanine. Distínguese por se-lo traballo máis sombrío e intimista do grupo, engadindo guitarras eléctricas e distorsións tomando unha dirección cara ao rock. A Andrew Vowles, máis inspirado no soul e o hip-hop, non lle satisfizo o son do novo traballo e decidiu deixa-la banda. Foi substituído rapidamente por Neil Davidge, un colaborador habitual da banda.
A influencia de Davigne foi determinante no toque final de 100th Window, cuarto traballo de estudio do grupo, que entrou na súa primeira semana de debut entre os top-10 das listas inglesas. Seguindo o camiño marcado por Mezzanine, neste álbum cóidanse os arranxos electrónicos en detrimento dunha maior innovación musical. Entre as súas colaboracións habituais súmase á da cantante irlandensa Sinéad O'Connor. Non acadando o éxito dos anteriores, os membros comezan a pranificar carreiras en solitario.
Sen Marshall, Del Naja e Davigne compoñen a banda sonora da película de Luc Besson Danny the Dog, baseada en sons clásicos e new-wave. As vinte cancións son estritamente instrumentais.
En 2006 os tres integrantes volvéronse reunir para sacar Weather Underground malia que unha vez que saia á luz cada un tome camiños diferentes para sacar novos proxectos en solitario. Mentres tanto, os seguidores poden contar cun disco de grandes éxitos chamado Collectable que se compón dun CD dobre máis un DVD coa videografía do grupo de Bristol.
Posta en escena
[editar | editar a fonte]Comezando como unha banda urbana, a posta en escena madurou considerabremente coa saída de Mezzanine. Con máis recursos económicos e tecnolóxicos, ós concertos foron engadíndose máis e máis instrumentos e arranxos visuais coma pantallas xigantes e láser que completaban o espectáculo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Data | Título |
---|---|
Marzo de 2006 | Collected |
Abril de 2005 | Bullet Boy |
Outubro de 2004 | Danny the Dog |
Febreiro de 2003 | 100th Window |
Abril de 1998 | Mezzanine |
Febreiro de 1995 | No Protection |
Setembro de 1994 | Protection |
Xuño de 1991 | Blue Lines |
LP
[editar | editar a fonte]Data | Título |
---|---|
Marzo de 2006 | Live With Me |
Xuño de 2003 | Butterfly Caught |
Febreiro de 2003 | Special Cases |
Setembro de 1998 | Inertia Creeps |
Xullo de 1998 | Angel |
Xullo de 1998 | Singles 90/98 |
Abril de 1998 | Teardrop |
Xullo de 1997 | Risingson |
Marzo de 1995 | Karmacoma |
Xaneiro de 1995 | Protection |
Outubro de 1994 | Sly |
1992 | Hymn of the Big Wheel |
Febreiro de 1992 | Massive Attack |
Maio de 1991 | Safe from Harm |
Febreiro de 1991 | Unfinished Sympathy |
Outubro de 1990 | Daydreaming |
1990 | Musst Musst (Remestura) |
1988 | Any Love |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da banda Arquivado 29 de xullo de 2020 en Wayback Machine.