A Roda de Espiño
A Roda de Espiño | |
---|---|
Parroquia | Grixalba |
Concello | Sobrado |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15080016 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 0,55 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
A Roda de Espiño[1][2][3] (ou simplemente A Roda),[2] tamén coñecida coma o alto de Espiño,[1] alto da Roda[4] ou castro de Sante[2][3], é un castro da parroquia de Grixalba (Sobrado) situado nas inmediacións dos lugares de Sante e As Cruces.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «A Roda de Espiño» está formado polo tamén topónimo «Roda» e polo antropónimo «Espiño».
Canto a «Roda», procedería do latín rota (‘roda’), isto é, un espazo arredondado ou circular.[5] No entanto, tamén podería ser un hidrónimo que tería orixe na raíz indoeuropea rod-, da cal proceden diferentes hidrotopónimos de toda Europa.[6][a]
Pola súa banda, «Espiño» fai referencia á casa a que pertencen as terras do castro.[1]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A unha altitude de 585 msnm, o seu recinto ten uns 75 metros de diámetro e consta dun «aparente complexo sistema defensivo», desfigurado polos camiños e os labores agrícolas. A parte sueste está destruída. No interior existen abondosos afloramentos rochosos.[2] O acceso orixinal non se conserva e podería estar ó leste.[8]
Alén disto, cómpre salientar a posíbel existencia dun segundo recinto duns 40 metros de diámetro inmediato ó sur-sueste do principal.[2] A complexa estrutura global do castro permite teorizar sobre un castro primitivo coa súa posterior ampliación.[3]
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Porén, téñense atopado tégulas, unha columna (nunha leira do nordeste) e catro muíños de man.[9][2]
Por outra banda, en 1978 achouse nas proximidades unha machada neolítica, a cal se conserva no Museo da Terra de Melide.[10]
Folclore
[editar | editar a fonte]É un dos castros do concello de Sobrado con maior número de lendas asociadas. Estes relatos fan referencia sobre todo ós mouros, mais tamén á existencia dunha cova ou mina, ás trabes de ouro e alcatrán etc.[11][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Río López 1986, p. 93.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Catálogo (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Sobrado. 2009. GA15080016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Historia". Concello de Sobrado. Consultado o 5.5.2019.
- ↑ "Visor de cartografía catastral". Sede Electrónica del Catastro (en castelán). Consultado o 5.5.2019.
- ↑ Menéndez de Luarca Navia Osorio, José Ramón (2000). La construccion del territorio, mapa histórico del noroeste (PDF) (versión dixital) (en castelán). I: Prehistoria, romanización y germanización. p. 22.
- ↑ 6,0 6,1 Llamazares Sanjuán, Ángel (2002). "Toponimia e historia: ¿Roderos, un ‘topónimo de oficio’?". Tierras de León: Revista de la Diputación Provincial (en castelán) 40 (115): 162, 168–169. ISSN 0495-5773.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF) (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 297.
- ↑ Río López 1986, p. 95.
- ↑ Río López 1986, p. 96.
- ↑ Río López 1986, pp. 50-51, 99.
- ↑ Río López 1986, p. 96-99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Río López, Antonio (1986). La cultura castreña en Sobrado de los Monjes (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-86040-12-4.