A Veneira de Roques, Ferreiros, A Pobra do Brollón
Aparencia
A Veneira de Roques | |
---|---|
Val de Lemos | |
Parroquia | Ferreiros |
Concello | A Pobra do Brollón |
Coordenadas | 42°37′03″N 7°19′17″O / 42.617524194444, -7.321417 |
Poboación | 10 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Veneira de Roques é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón. En 2007 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lugar sitúase a 969 m de altitude na cara leste do concello, en plena Serra do Courel. Accédese por unha estrada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón.
O motivo do orixe da aldea son as súas minas subterráneas.
Hai unha pequena capela sen arranxar na honra a Santa María Madalena, patroa da aldea, na que se celebran misas ocasionalmente. As festas celébranse no mes de xullo e dende 2008 celébrase o mesmo día a Festa do Caldo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques |