Saltar ao contido

Adelita del Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdelita del Campo
Biografía
Nacemento(es) Adela Carreras Taurà Editar o valor en Wikidata
3 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Mutxamel, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMutxamel
París
Tolosa
Fontenay-sous-Bois Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, bailarina, política, locutora de radio Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRadio París Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFederación Ibérica de Xuventudes Libertarias Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAdelita del Campo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulián Antonio Ramírez Hernando Editar o valor en Wikidata

Adela Carreras Taurà, coñecida como Adelita del Campo, nada en Barcelona o 3 de agosto de 1916 e finada en Perpiñán o 24 de xuño de 1999, foi unha bailarina, actriz e activista feminista e anarcocomunista española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con dous meses de idade os pais partiron de xira por América e Adela quedou cos seus avós. Desde nena acudiu co seu avó ás reunións obreiras da cidade. Desde a infancia mostrou interese por ser artista, polo que ás tardes tomaba clases de danza con Pauleta Pàmies.[1]

A finais da década de 1920 os pais de Adela formaron a compañía de variedades Espectáculos Rialto, onde debutou Adela con 12 anos. Presentábana como «la pequena artista Adelita Carreras» e cantaba La filla del pagès aparecendo de amoret nun cadro que representaba o Olimpo.[1]

De moza logo se incorporou ás Mocidades Libertarias en Alcañiz (Teruel), onde vivía entón. Alí pasou boa parte da Guerra Civil e destacou pola súa apaixonada militancia na retagarda nos distintos proxectos sociais e culturais de apoio aos combatentes.

Ante a chamada de voluntarios polo Goberno a colaborar nos hospitais de sangue, Adela asistiu a un curso acelerado como axudante de enfermaría co doutor Armengol e incorporouse a un hospital de sangue instalado nunha igrexa desafectada.[1]

Formou parte da organización anarquista Mujeres Libres, da que foi unha destacada participante en Aragón. Actuou no Teatro da Fronte, sostido pola Unión General de Trabajadores, e colaborou co periódico Titán.

Ao finalizar a Guerra Civil exiliouse en Francia. Alí pasou polo menos por tres campos de concentración, polo que a alcumaron Adelita del Campo. No campo de Argelès-sur-Mer desenvolveu un intenso labor de fomento da cultura a través de recitais poéticos, campañas de educación e alfabetización e edición de xornais, entre outros o Boletín del Estudiante. Fóra dos campos dirixiu a escola maternal da Colonia Escolar Canigó. Nesa época coñeceu a quen foi máis tarde a súa parella, o líder comunista Julián Antonio Ramírez Hernando. Este fora membro do grupo teatral La Barraca e influíu no ingreso de Adela no Partido Comunista de España no exilio. Adela colaborou coa resistencia francesa durante a ocupación do país pola Alemaña nazi. Ao final da Segunda Guerra Mundial estabeleceuse en Tolosa con Julián Ramírez.

Tras un periplo por Francia, onde mantivo activa a súa militancia política e traballou en diversas empresas, en 1946 instalouse co seu xa marido en París. Ambos se incorporaron ao proxecto de Radio París na súa emisión en lingua española, unha das emisoras antifranquistas máis activas e duradeiras. Isto foi posíbel grazas a que Adelita conseguiu ingresar no grupo teatral radiofónico español.[2] Até 1976 a súa voz acompañaba as noites dos españois no exilio e dos demócratas que ficaran en España, abrindo a programación coa frase «Aquí Radio París!». Coa Transición política puideron volver a España e estabelecéronse en Mutxamel (Alacant). Continuou activa nos proxectos de comunicación do Partido Comunista até o seu pasamento en 1999.

O arquivo de Adela e Julián foi doado en 2016 polo seu fillo, Carlos Ramírez Carreras, á Biblioteca Valenciana Nicolau Primitiu.[3] Está composto por documentos textuais e gráficos correspondentes maioritariamente á época do exilio. É unha fonte destacada de información sobre o mundo dos espectáculos de variedades entre os anos 20 e os anos 50.[4]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]