Agudelo, Barro
Agudelo | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Barro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°31′39″N 8°39′09″O / 42.5275, -8.6525 |
Poboación | 422 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Agudelo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Barro na comarca de Pontevedra. Segundo INE de 2016 tiña 453 habitantes (234 mulleres e 219 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha perda en relación ao ano 2004 cando tiña 464 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Martiño é do século XII (estilo románico). Posúe planta de cruz latina e a súa cabeceira termina nunha ábsida semicircular á que parece que se lle engadiu unha absidiola rectangular que alterou o seu sentido inicial.
A nave, moi modificada, conserva unha entrada lateral tapiada, e a abertura das fiestras. Á nave ábrense, mediante arcos de medio punto, dúas capelas laterais de planta cuadrangular, cubertas con bóveda de cruzaría, con ménsulas de arranque de época posterior á do resto da igrexa. A ábsida está composta por un tramo recto, e un semicírculo dividido en cinco tramos por medio de catro columnas entregas.
No interior o máis destacado é o arco triunfal, rematado por unha chambrana de catro filas de tacos, descansado sobre columnas con fustes de cinco tambores entregos, con capiteis decorados. Nun destes capiteis vense uns paxaros con figura humana. A imaxe central do tímpano suponse que representa a Martiño de Dumio, sentado, con báculo en actitude de bendicir, titular da igrexa e da freguesía; e á súa dereita, un Agnus Dei. Nun capitel do arco triunfal pódese ver a representación dun músico, tocando a zanfona.
Non se conservan na igrexa cornixas románicas; as que existen son do século XVIII, así como os pináculos que rematan as columnas na súa parte superior. A fachada occidental demostra claramente o influxo do mestre Mateu, na carnosa decoración vexetal da arquivolta; é unha igrexa vinculada ao paso das peregrinacións a Compostela.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ábsida da igrexa de San Martiño de Agudelo.
-
unha das ventás da ábsida
-
Detalle dun capitel da fachada, representado unhas sereas-ave
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Agudelo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Agudelo no concello de Barro (Pontevedra) | |
---|---|
Os Casás | Concello | Faxil | Goimil | A Lardoeira | Madalena | Valbón |
Parroquias de Barro
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega, 2003, tomo I, s.v. Agudelo.