Saltar ao contido

Alaska y los Pegamoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alaska y los Pegamoides
Alaska, líder de Alaska y los Pegamoides
OrixeMadrid, España
Período1979 - 1982
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)Hispavox
MembrosOlvido Gara (Alaska)
Nacho Canut
Carlos Berlanga
Ana Curra
Eduardo Benavente
Na rede
BNE: XX206892 Musicbrainz: d7a16aab-6822-4d14-985e-8f87a2602051 Discogs: 98927 Editar o valor en Wikidata

Alaska y los Pegamoides é un grupo de pop, procedente de España.

Alaska y los Pegamoides formouse en 1979 tras a separación do grupo Kaka de Luxe, do que catro dos seus compoñentes formaban parte (Alaska, Nacho Canut, Manuel Campoamor e Carlos Berlanga). O grupo Kaka de Luxe non se separou, senón que os catro compoñentes que posteriormente fundaron Alaska y los Pegamoides déronse conta de que a afinidade entre eles era maior e os seus intereses comúns eran completamente diferentes ao do resto de compoñentes (Fernando Márquez "El Zurdo", Enrique Sierra e Pablo Martínez), polo que decidiron comunicarlles a súa decisión de seguir por camiños diferentes. A eles uníronse dúas persoas, Ana Curra, á que coñeceron no Pentagrama (bar de Madrid), e Eduardo Benavente, ao que aceptaron tras unha proba, motivada pola saída do grupo de Álvaro de Torres. Esta saída produciuse polo desencontro ideolóxico entre Álvaro e o resto do grupo, que non quería introducir a caixa de ritmos para as súas cancións, entre outros desencontros. Outra saída do grupo foi a de Manolo Campoamor, que comezou sendo o vocalista. O seu posto foi ocupado por Alaska tras a súa marcha.

O grupo gravou o seu primeiro single "Horror en el Hipermercado", producido por Julián Ruíz, en 1980. Esta canción converteuse nun grande éxito grazas á súa emisión por radio, o que facilitou a gravación do seu segundo single dous anos despois, "Otra dimensión". Ese mesmo ano o grupo sacou ao mercado o seu único álbum: Alaska y los Pegamoides.

A estética do grupo variou durante a súa vida do pop, os colorines e á estética gótica, o pesimismo e o negro (ver a famosa sesión de fotos nun cemiterio).

A disolución do grupo fraguouse durante a gravación do álbum, en 1982, cando se formaron dúas formacións diferentes a partir do grupo inicial: Parálisis Permanente, con Ana Curra e Eduardo Benavente e Alaska y Dinarama, co resto de compoñentes, que se convertería posteriormente nun dos grupos máis populares da escena musical española durante os anos 1980.

Algunhas das máis coñecidas cancións do grupo son Bailando (todo un himno xeracional), Horror en el Hipermercado, Bote de Colón, La rebelión de los electrodomésticos e La tribo de las chochoni.

Olvido Gara - <voz solista>

Ana Curra - <órgano e caixa de ritmos>

Eduardo Benavente - <batería>

Carlos Berlanga - <guitarra e coros>

Nacho Canut - <guitarra e coros>

Membros pasados

Álvaro de Torres - <batería> (desde 1979 ata 1980)

Manuel de Campoamor - <voz solista> (desde a súa formación ata finais de 1979)

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums

  • Grandes éxitos - 1982

vendeu 50.000 copias

Sinxelos

  • "Horror en el Hipermercado" - 1980
  • "Otra dimensión" - 1982

Recompilacións

  • Fundamentales - 2004 (EMI,CD)
  • Simplemente lo mejor - 2001 (Disky Records,CD)