Saltar ao contido

Albert Szent-Györgyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Szent-Györgyi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Nagyrápolti Szent Györgyi Albert
(hu) Szent-Györgyi Albert Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Albert Imre Szent-Györgyi Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1986 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Woods Hole, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWoods Hole Village Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro da Asemblea Nacional de Hungría
4 de novembro de 1945 – 1947
Lexislatura: 1945-1947 legislative term (en) Traducir
Member of the Provisional National Assembly (en) Traducir
2 de abril de 1945 – 3 de novembro de 1945
Member of the Hungarian upper chamber (en) Traducir
1939 – 1943 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFitzwilliam College, Cambridge (pt) Traducir - Doutor en filosofía (–1927)
Universidade Eötvös Loránd - medicina (1911–1917) Editar o valor en Wikidata
Director de teseHartog Jacob Hamburger Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica e Fisioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Budapest Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, profesor universitario, activista pola paz, médico, químico, político, fisiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Szeged (1931–1945)
Fitzwilliam College, Cambridge (pt) Traducir (1926–1930)
Universidade de Groningen, Privatdozent. University Medical Center Groningen (en) Traducir (1925–1926)
Universidade de Groningen (1922–1926)
Universidade de Leiden (1920–1922) Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKornélia Demény
June Susan Wichterman
Márta Borbíró
Marcia Houston Editar o valor en Wikidata
NaiJozefina Lenhossék Editar o valor en Wikidata
ParentesGyörgy Libik, xenro
Mihály Lenhossék, tío Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Szent-Györgyi, Albert, 1893-1986, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Szent-Györgyi-5 Find a Grave: 7330283 Editar o valor en Wikidata

Albert Szent-Györgyi de Nagyrápolt, nado en Budapest o 16 de setembro de 1893 e finado en Woods Hole, Massachusetts, o 22 de outubro de 1986, foi un fisiólogo húngaro, galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937.

O seu pai, Miklós Szent-Györgyi era terratenente. A súa nai, Jozefin, era filla de József Lenhossék e irmá de Mihály Lenhossék, ambos profesores de anatomía na Universidade de Budapest.

Os traballos de Szent-Györgyi estiveron relacionados coa química da respiración. Na Universidade de Szeged, empregou o pemento como fonte de vitamina C (o L-enantiómero do ácido ascórbico) e deuse conta da súa actividade contra o escorbuto. Estudou a oxidación celular e descubriu a vitamina C en 1927.

En 1937 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos en relación cos procesos de combustión biolóxica, en especial os referidos á vitamina C e a catalese do ácido fumárico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 16 de setembro de 1893 na cidade de Budapest, naqueles momentos dentro do Imperio Austrohúngaro e hoxe en día capital de Hungría. Iniciou os seus estudos de medicina na Universidade de Budapest, que combinou coas súas propias investigacións no laboratorio químico do seu tío. Debido á primeira guerra mundial, onde serviu como médico, tivo que interromper os seus estudos. Durante a Gran Guerra disparouse nun pé para abandonar a fronte, feito que lle permitiu finalizar os seus estudos o ano 1917.

Iniciou a súa investigación científica na cidade de Pozsony, hoxe en día Bratislava. Cando a cidade pasou a formar parte de Checoslovaquia en xaneiro de 1919, abandonou a vila xunto á maior parte de poboación de orixe húngara. Posteriormente desenvolveu a súa investigación na Universidade de Groningen, centrándose na química da respiración celular. Grazas a estes traballos e a unha bolsa da Fundación Rockefeller viaxou á Universidade de Cambridge, onde recibiu o doutoramento en 1927 polo seu traballo no illamento do "ácido hexurónico", hoxe en día denominado Vitamina C.

Posteriormente, na Universidade de Szeged utilizou o pemento (Capsicum annuum) como fonte de vitamina C (o L-enantiómero do ácido ascórbico) e deuse conta da súa actividade anti-escorbútica. O ano 1937 foi galardoado co premio Nobel de Medicina e Fisioloxía «polo seu descubrimento relacionado cos procesos de combustión biolóxica, con especial referencia á vitamina C e á catalese dos ácidos fumáricos».

Durante a segunda guerra mundial participou activamente na Resistencia Húngara. Aínda que Hungría se aliara coas potencias do Eixo, o primeiro ministro húngaro Miklós Kállay enviou a Szent-Györgyi á cidade de Istambul o ano 1944 para realizar negociacións secretas cos Aliados.

Adolf Hitler ditou unha orde de detención contra Szent-Györgyi, pero este escapou da Gestapo e permaneceu agochado dous anos. Despois da guerra recuperou o seu posto e mesmo se especulou coa posibilidade de que os soviéticos o nomeasen primeiro ministro, polo que se afiliou ao Partido Comunista de Hungría e foi elixido membro do Parlamento á vez que creou o laboratorio de Bioquímica da Universidade de Budapest e restableceu a Academia de Ciencias de Hungría. Descontento co goberno, emigrou aos Estados Unidos o ano 1947, sendo nomeado cidadán americano o ano 1955.

Durante a súa estancia en norteamérica, creou o seu propio laboratorio na cidade de Woods Hole, situada no estado de Massachusetts e iniciou as súas investigacións sobre o cancro, desenvolvendo teorías sobre física cuántica aplicadas á bioquímica desta enfermidade. Durante a década de 1970 a súa procura conduciuno a deducir que os radicais libres eran unha causa potencial do cancro.

Morreu o 22 de outubro de 1986.