Alberto Pombo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) Galicia, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | docente, músico, fotografía, escritor |
Francisco Alberto Pombo Añón, máis coñecido como Alberto Pombo, nado en Loureda en 1985, é un profesor, fotógrafo, músico e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade da Coruña, é doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios con mestrados en Pedagoxía e en Literatura, Cultura e Diversidade. Foi profesor de Historia da Galiza e de Literatura Galega na Universidade de Estremadura ocupándose da xestión cultural do Centro de Estudos Galegos, entre 2010 e 2014, e integrando o grupo de investigación LEPOLL.[1]. É profesor de no IES Rafael Dieste da Coruña.
Obtivo unha residencia creativa na Writers House of Georgia en 2017. Impartiu palestras e cursos en diferentes facultades de Austria, do Brasil, da China, do Estado español, de Irlanda e Portugal.[2] É membro do Grupo Illa de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña.
Ten publicado obra gráfica nas revistas Dorna, Campo de los Patos e Kultur Austausch. Colaborou na Revista Galega de Filoloxía, desde o ano 2009 ocúpase da xestión do Portal Galego da Língua e en 2010 participou no nacemento do portal de noticias Diário Liberdade.
Foi músico no grupo Avante![3] Participou en exposicións individuais e colectivas dentro e fóra da Galiza, desde 2012, compaxinando esta faceta artística con traballos comerciais para moda e a publicidade. En 2019, na Sala Xohana Torres, expuxo as fotografías de Canción do escuro.[4]
#Aquitaménsefala foi o lema da campaña que Alberto Pombo desenvolveu no IES Rafael Dieste: para afianzar o galego entre a mocidade coa musica como un vehículo imprescindible.[5] A campaña Aquí tamén se fala, creada con Arcadio González fíxose viral en Galicia en poucos meses.[6]
A súa tese de doutoramento na Universidade da Coruña foi Relacións entre literatura galega e música (1960-2000) (2022).[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Autorretrato (2014). Amor de madre (Fotografía artística).
- Verso e acorde: Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000) (2024). Vigo: Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-1110-526-2.[8] Tese de doutoramento.
Tradutor
[editar | editar a fonte]- Rapsodia en negro de Jidi Majia (2016). Vigo: Galaxia (Dombate). ISBN 9788491510246.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2010: Premio A Coruña Son, polo rock metal en galego.
- 2020: Premio Mil Primaveras (CTNL) polo traballo desenvolvido en prol da promoción da lingua galega entre a mocidade.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega - Información de Investigador/a". illa.udc.gal. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ "Alberto Pombo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ "Alberto Pombo". www.diarioliberdade.org. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ "Facultade de Ciencias da Educación". educacion.udc.es.
- ↑ Cerqueiro, Ubaldo (2023-06-02). "#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego". Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ Diario, Nós (2024-02-06). "Alberto Pombo, profesor de Lingua Galega e Literatura: "É a propia rapazada quen dinamiza a lingua galega"". Nós Diario. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ Pombo Añón, Francisco Alberto (2022). "Verso e acorde: relacións entre literatura galega e música (1960-2000)" (en castelán). Universidade da Coruña.
- ↑ "Verso e acorde - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ "Os Premios Mil Primaveras nacen para recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que procuren pór en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio. Con estes premios preténdese recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.". www.milprimaveras.gal. Consultado o 2024-04-04.