Alcoutim
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Faro | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.917 (2011) (5,07 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 575,36 km² | |||
Bañado por | Río Guadiana | |||
Altitude | 193 m | |||
Comparte fronteira con | Ayamonte Mértola El Granado (pt) Sanlúcar de Guadiana (pt) Almodôvar (pt) Tavira Loulé Castro Marim San Silvestre de Guzmán (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 8970 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | cm-alcoutim.pt |
Alcoutim é unha vila arraiana portuguesa pertencente ao distrito de Faro, na rexión do Algarve, que conta con cerca de 1 100 habitantes.
Até a división administrativa de 1832 pertencía á provincia do Alentejo.
Historia
[editar | editar a fonte]As investigacións arqueolóxicas, efectuadas no interior do recinto do actual castelo, indican que a ocupación humana desta zona remóntase á prehistoria (neolítico e calcolítico). Segundo os vestixios encontrados, existiría na zona un castro lusitano. A finais do século X a.C., os fenicios estabeleceron unha factoría no Guadiana, baixo a vixilancia do castro lusitano. Mediado o século XVII a.C., os gregos crearon unha colonia na zona, que se fundiu coa poboación lusitana. A pricipios do século II a.C, no curso da invasión romana da Península Ibérica, os romanos conquistaron Alcoutim cando este era xa un centro rico, cun porto fluvial moi frecuentado; a antiga fortaleza transformouse nun forte militar, base da ocupación e importante centro político, denominado Alcoutinium. Durante as invasións bárbaras da península, no ano 415 a vila foi tomada polos alanos, e a praza entrou en franca decadencia debido á paralización das exportacións minerais. En 715, durante a invasión musulmá da Península Ibérica, a vila foi conquistada polos mouros, que lle cambiaron o nome polo de al-Quṭamî. Durante o período musulmán a vila non conseguiu recuperar a súa antiga importancia política e comercial. A súa defensa concentrouse non no treito do Guadiana onde estaba a antiga fortaleza, senón noutro, cerca dun quilómetro cara ao norte da actual poboación, coñecido como Castelo Vello de Alcoutim, abandonado nalgún momento entre os séculos XI e XII.[1]
Na época da reconquista cristiá, a rexión foi conquistada polas forzas de Sancho II de Portugal en 1240. Co fin de incrementar o poboamento e a defensa destes dominios, o soberano privilexiou o sitio da actual vila, para cuxa defensa erixiuse un novo castelo, prolongándose os traballos da súa construción durante toda a segunda metade do século XIII.[2]
Baixo o reinado de Dinís de Portugal (1279-1325), a poboación recibiu a súa carta foral (1304).[2] Data deste período a ampla cintura de murallas, na que se abren tres portas no castelo: a do Guadiana, a de Tavira e a de Mértola, dispostas segundo a orientación xeográfica correspondente.
Nas dependencias deste castelo foi asinado o tratado de Alcoutim, tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas, e estipulabase o casamento do rei portugués con Leonor de Trastámara filla do rei castelán.[2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo Adalberto Alves, no seu Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa, a orixe do topónimo Alcoutim é a expresión árabe al-Quṭamî, "o falcón real".[4] Porén, segundo outros autores, o nome derivaría do latino Alcontinium.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila é a capital do municipio homónimo, o cal ocupa unha superficie de 576,57 km².[5] O municipio tiña no ano 2011 unha poboación de 2 917 habitantes,[6][7] o que facía unha densidade de 5,1 hab./km².
O xentilicio dos seus hbitantes é Alcoutenejo.
O municipio limita ao norte con Mértola, ao leste con España (municipios andaluces de El Granado, Sanlúcar de Guadiana e San Silvestre de Guzmán), ao sueste con Castro Marim, ao suroeste con Tavira e ao oeste con Loulé.
O concello está subdividido en 4 freguesías:[8]
Evolución da poboación do concello de Alcoutim (1864 – 2011)[10] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
8 063 | 8 736 | 8 912 | 9 306 | 9 204 | 8 747 | 9 124 | 10 620 | 10 808 | 9 288 | 6 727 | 5 262 | 4 571 | 3 770 | 2 917 |
En 2014 só naceron catro nenos en Alcoutim, o que situou ao concello no último lugar do ranking da natalidade no europeo.
En 2015 naceron 13 nenos.
En 2014, máis do 60 % da poboación do municipio tiña unha idade superior a 65 anos.[11]
Saldo vexetativo do concello de Alcoutim (2005 – 2009) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Nados vivos | Finados | ||||||
2005 | 13 | 74 | ||||||
2006 | 19 | 87 | ||||||
2007 | 5 | 85 | ||||||
2008 | 14 | 87 | ||||||
2009 | 10 | 74 |
Comunicacións con España
[editar | editar a fonte]Existe unha balsa de pasaxeiros para Sanlúcar de Guadiana, pero non transporta vehículos.
Por estrada a distancia é de 70 km.
Irmandamento
[editar | editar a fonte]O concello de Alcoutim está irmandado con:
- Blain, Loira Atlántico, Francia, desde o 25 de abril de 2004.[12]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fortaleza de Alcoutim Arquivado 27 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en portugués).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 de Oliveira Marques, A. H. R. (1977): História de Portugal. Volume I. Queluz de Baixo, Oeiras: Editorial Presença. ISBN 978-97-2232-189-1.
- ↑ Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1.
- ↑ Alves, Adalberto (2013): Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, S. A. ISBN 978-97-2272-163-9.
- ↑ Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09-12-2013. Consultado o 20/10/2017.
- ↑ INE (2012). Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Algarve (PDF). Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 95. ISBN 978-989-25-0183-3. ISSN 0872-6493. Consultado o 20/10/2017.
- ↑ INE (2012). "Quadros de apuramento por freguesia" (XLSX-ZIP). Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 20/10/2017.
- ↑ Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
- ↑ Resultado da fusión das antigas freguesias de Alcountim e de Oereiro.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População).
- ↑ "Câmara dá cinco mil euros por cada bebé". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 20-102017.
- ↑ "Geminações de Cidades e Vilas. Alcoutim". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcoutim |