Saltar ao contido

Aleksei Nikolaevich Romanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexei Nikolaevich Romanov»)
Modelo:BiografíaAlteza Imperial Editar o valor en Wikidata
Aleksei Nikolaevich Romanov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Алексе́й Никола́евич Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1904 Editar o valor en Wikidata
Peterhof, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1918 Editar o valor en Wikidata (13 anos)
Casa Ipatiev, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo
Mosteiro de Novospassky Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalacio de Alexandre
Tsarskoe Selo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa e Cristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosDark blue (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio e cabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlexandra Fiodorovna Romanova, Pierre Gilliard (pt) Traducir, Sydney Gibbes (pt) Traducir e Sophie Buxhoeveden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xullo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBalalaica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCategory:Tsesarevichs of Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor en Wikidata
PaisNicolao II de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Alexandra Fiodorovna Romanova Editar o valor en Wikidata
IrmánsOlga Nikolaevna Romanova
Tatiana Nikolaevna Romanova
María Nikolaevna Romanova
Anastasia Nikolaevna Romanova Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
16 de xullo de 1918Execución da familia Romanov
1917Revolución Rusa de 1917
Abdication of Nicholas II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Романов-15 Find a Grave: 6635082 Editar o valor en Wikidata

Aleksei Nikolaevich Romanov (en ruso: Алексе́й Никола́евич Ромáнов), nado en Peterhof o 12 de agosto de 1904 e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o derradeiro tsarévich de Rusia. Foi o quinto fillo e único home nado do matrimonio entre o tsar Nicolao II de Rusia e Alexandra Fedorovna. Naceu con hemofilia, o que provocou o achegamento da súa nai ao staretz Grigorii Rasputin para que tratara a enfermidade, o que supuxo un importante factor debilitante da dinastía Romanov.

Trala Revolución de Febreiro de 1917, Aleksei e a súa familia permaneceron baixo arresto domiciliario primeiro en Tsarskoe Selo e máis adiante en Tobolsk e Ekaterimburgo. Foi asasinado xunto aos seus pais, irmás e outros catro reféns durante a guerra civil rusa por orde do goberno bolxevique. Os rumores de que sobrevivira mantivéronse ata o ano 2007 cando se descubriron os seus restos e os dunha das súas irmás. O 17 de xullo de 1998, no 80º aniversario do seu asasinato, a familia foi formalmente soterrada e máis adiante, no ano 2000, canonizada como portadores da paixón pola Igrexa Ortodoxa Rusa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacemento

[editar | editar a fonte]
Manifesto anunciando o nacemento do tsarevich Aleksei.

Aleksei naceu as 13:15[1] do 30 de xulloxul./ 12 de agosto de 1904greg. no Palacio de Peterhof. O seu esperado nacemento alegrou profundamente aos seus pais, que anhelaban a chegada dun herdeiro ao trono imperial.[2] As súas irmás foron as grandes duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia. O seu nacemento anunciouse co disparo de 301 salvas de canóns desde a Fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo,[2][1] e as campás das igrexas resoaron por todo o Imperio.[3][1]

A todos os nosos queridos súbditos, facemos saber: o trixésimo día do mes de xullo do presente, a Nosa querida Esposa Súa Maxestade a Emperatriz Alexandra Feodorovna, alumou felizmente un Neno que recibiu o nome de Aleksei. Considerando este feliz evento como un testemuño da bendición divina que nos está estendendo a Nós e ao noso Imperio, enviamos, xunto aos nosos fieis súbditos, ardentes oracións ao Todopoderoso pola súa entrega ao noso Fillo Primoxénito, chamado a sucedernos no trono e continuar o gran traballo que Nos confiou o Señor, a graza de crecer felizmente e prosperar ...
Feito en Peterhof, o día trece de xullo no ano do Noso Señor, mil novecentos catro, e décimo do Noso reinado.
Manifesto publicado o 31 de xulloxul./ 13 de agosto de 1904greg. anunciando o nacemento do tsarevich Aleksei.[3]

O 11 de agostoxul./ 24 de agostogreg. foi bautizado na capela de Peterhof.[1] Os seus principais padriños foron a súa avoa, a emperatriz viúva María Feodorovna; o seu tío avó, o gran duque Aleksei Aleksandrovich; a súa irmá Olga; Cristián IX de Dinamarca; Eduardo VII do Reino Unido e Guillerme II de Alemaña. Ademais, xa que Rusia estaba inmersa na Guerra Ruso-Xaponesa, todos os soldados do exército e armada rusa foron nomeados padriños honorarios.[3][1][4] A condesa Sofía Buxhoeveden narrou sobre a cerimonia:

O bebé xacía sobre unha almofada con brocados en ouro, colgado nas ombreiras da Princesa por unha ampla banda de ouro. Estaba cuberto co pesado manto de brocado de ouro, forrado en armiño, usado polo herdeiro da coroa. O manto era sostido por un lado polo príncipe Aleksandr Sergueievich Dolgorukov, gran mariscal da Corte, e polo outro polo conde [Paul] Benckendorff, nomeado por costume e sabia precaución. O bebé chorou en voz alta, como faría calquera bebé normal, cando o vello Pai Ianishev o somerxeu na fonte. As súas catro irmás, con vestidos curtos de Corte, contemplaban cos ollos abertos a cerimonia, Olga Nikolaevna, entón de nove anos, estaba na importante posición dunha das madriñas. Segundo a costume rusa, o Emperador e a Empreratriz non estiveron presentes no bautismo, pero inmediatamente despois da cerimonia, o Emperador foi á Igrexa. Tanto el como a Emperatriz sempre confesaron sentirse moi nerviosos nestas ocasións, por temor a que a princesa caera, ou que o Pai Ianishev, que era moi vello, puidese deixar o bebé no fondo.[4]

Aleksei foi bisneto por liña materna da raíña Vitoria.

Hemofilia

[editar | editar a fonte]
O antigo palacio dos Emperadores rusos no bosque de Białowieża, onde Aleksei sufriu unha grave crise de hemofilia a comezos de outubro de 1912
Aleksei nos brazos de Klementy Nagorny

O día 8 de setembroxul./ 21 de setembro de 1904greg. o neno comezou a sangrar polo embigo sen que se puidera deter a hemorraxia.[1] Aleksei herdou a hemofilia da súa nai Alexandra, enfermidade que se remonta por vía materna até a Raíña Vitoria.[5] En 2009 as análises xenéticas determinaron que sufría de hemofilia B.[6][7] Desde ese momento, o tsarévich tivo que ter cuidado de non danarse, xa que carecía dunha das proteínas necesarias para a coagulación do sangue. Segundo o seu tutor, Pierre Gilliard, a natureza da súa enfermidade foi mantida como segredo de Estado. A súa hemofilia foi tan severa que o máis mínimo dano como un mouratón, hemorraxia nasal ou un corte podían poñer en risco a súa vida. Dous mariñeiros, Andrei Eremeievich Derevenko[8] e Klementii Nagornii[9] foron asignados para o seu coidado e para evitar que se danase, o que seguía sendo inevitable. Os mariñeiros tamén levaban ao tsarévich en brazos cando este non podía camiñar. Ademais de ser unha gran causa de tormento para os seus pais, os frecuentes episodios de hemofilia interferiron dun xeito notable na educación de Aleksei.[1]

A súa enfermidade foi obxecto de controversia, xa que deu lugar aos rumores de que a súa nai mantiña unha relación co monxe Grigorii Rasputin. Rasputín afirmaba que era capaz de curar a Aleksei cando este estaba ás portas da morte por mor da hemofilia. O 8 de outubro de 1912, Aleksei recibiu a extremaunción durante unha grave crise provocada por unha inchazón na ingua. O accidente tivo lugar durante a visita dos Romanov ao seu palacio no bosque de Białowieża e o traslado a Spała (naquel entón parte do Polonia rusa). A Tsarina desesperada pediu a súa dama de compaña e mellor amiga, Anna Vyrubova,[10][11] para asegurar a axuda de Rasputín, naquel entón caído en desgraza. O día seguinte, o 9 de outubro, Rasputin respondeu enviando un curto telegrama que incluía unha profecía: "O pequeno non finará. Non deixes aos doutores (Eugene Botkin e Vladimir Derevenko) que o molesten demasiado."[12] A temperatura de Aleksei baixou e o hematoma desapareceu, mais o rapaz tardou un ano en recuperarse por completo. Segundo Gilliard,

O Tsar resistiu a influencia de Rasputin durante moito tempo. Ao principio tolerouno por non reducir a confianza da Tsarina nel, unha fe que a mantivo viva. Non lle gustaba mandalo lonxe porque, se Aleksei finaba, nos ollos da nai sería como asasinar o seu propio fillo.[13]

Hai varias explicacións para a habilidade de Rasputin, como que empregaba a hipnose co tsarévich, administrándolle herbas, ou que o seu consello de que os doutores non molestaran a Aleksei axudou a que este se curase. Outros especularon que, coa información obtida de Ana Vyrubova, Rasputin contaba o tempo para que Aleksei sanase de xeito natural e así levar el todo o mérito.[14]

Gilliard,[15] a historiadora francesa Hélène Carrère d'Encausse[16] e o xornalista Diarmuid Jeffreys, especularon con que as prácticas de Rasputín incluían a administración da aspirina, un analxésico dispoñible desde 1899.[17] O mecanismo de acción da aspirina é un antiagregante e ten efectos no sangue; prevén a coagulación e favorece o sangrado, o que puido provocar a hemartrose. A medicina máxica tería favorecido o sufrimento e a dor en Aleksei.[18][19]

Aleksei e as súas irmás foron ensinados a ver a Rasputín como O Noso Amigo e intercambiar confidencias con el. Aleksei era tamén consciente de que podía non chegar á idade adulta. Cando tiña dez anos, a súa irmá Olga sorprendeuno tombado mirando as nubes e preguntoulle que facía. Aleksei respondeu "Gustame pensar e facerme preguntas". Olga preguntoulle acerca dos seus pensamentos e o tsarévich respondeulle: "Oh, moitas cousas. Desfruto do sol e a beleza do verán tanto como podo. Quen sabe se calquera de estes días se me impide facelo?"[20]

Aleksei e os seus titores. De esquerda a dereita: Pierre Gilliard, Xeneral Voyeikov, o tsarévich Aleksei, Charles Sydney Gibbes e Pyotr Vassilievich Petrov

Segundo o seu titor francés, Pierre Gilliard, Aleksei era un simple e agarimoso rapaz, pero o seu ambiente o estaba botando a perder debido as adulacións da servidume e persoas que o rodeaban. Nunha ocasión, un grupo de campesiños acudiu a entregarlle presentes a Aleksei. O mariñeiro Derevenko, exixiulles que se axeonllasen ante o rapaz. Gilliard sinalou que Aleksei estaba "avergoñado e acorado", e cando lle preguntaba se lle gustaba ver a xente axeonllada diante del, respondeu dicindo: "Oh non, pero Derevenko di que ten que ser así!". Cando Gilliard aconsellou a Aleksei que dixese a Derevenko que deixase de insistirlle, o rapaz respondeu que non se atrevía. Gilliard falou entón con Derevenko, quen respondeulle que Aleksei estaba "encantado de librase de esa fastidiosa formalidade".[21]

"Aleksei era o centro da súa familia, o foco de todas as esperanzas e afeccións", escribiu Gilliard. "As súas irmás adorábano. Era o orgullo e alegría dos seus pais. Cando estaba san, o palacio transformábase. Todo o mundo parecía bañado polos raios do sol".[22] Aleksei gardaba certo parecido coa súa nai e era alto para a súa idade, cunha "cara longa e fina, faccións delicadas, cabelo castaño con destelos cobrizos e uns ollos grandes de cor gris azulado, como a súa nai",[23] Aínda que intelixente e agarimosa, a súa educación estaba frecuentemente interrompida polos casos de hemofilia.[24] Tiña prohibido montar en bicicleta ou xogar de xeito brusco.

Aleksei xunto ao seu pai, o tsar Nicolao II na Stavka.

Como todo neno pequeno, ocasionalmente gastaba bromas aos invitados. Un exemplo ocorreu nunha cena formal, na que Aleksei quitou o zapato a unha invitada desde debaixo da mesa e ensinoullo aou seu pai. Nicolao pediulle tranquilamente que devolvera o "trofeo", o que Aleksei fixo tras poñer unha gran fresa madura na punta do mesmo.[25]

Gilliard logrou convencer aos tsares para que permitiran un pouco máis de liberdade ao tsarévich, afirmando que isto axudaría ao rapaz a ter maior autonomía e a desenvolver mellor o autocontrol. Deste xeito Aleksei comezou a superar algunhas das súas debilidades anteriores.[26] Os cortesáns afirmaron que a súa enfermidade fixo que Aleksei se preocupara máis polos danos que sufrían os demais.[27] Durante a primeira guerra mundial, Aleksei viviu co seu pai durante longos períodos, no Cuartel Xeral do Exército en Mogilev, para poder observar a vida militar.[28] En decembro de 1916, o Maior Sir John Hanbury-Williams, xefe da delegación británica na Stavka, recibiu noticias da morte do seu fillo durante a foza expedicionaria británica en Francia. Nicolao enviou a Aleksei, entón de 12 anos, a que se sentara co xeneral e o tsarévich díxolle: "Papá díxome que viñera a sentar con vostede xa que pensou que podería sentirse só esta noite".[29] Aleksei, como todos os homes da familia Romanov, creceu levando uniformes de mariñeiro e xogando á guerra desde que era moi novo. O seu pai comezou a preparalo para o seu futuro cargo como Tsar invitándoo a asistir as longas reunións cos ministros do goberno.[27]

O tsarévich Aleksei foi un dos primeiros Boy Scouts de Rusia.

O coronel Mordinov recordaba a Aleksei:

Non tiña o que os rusos habitualmente chamaban un "corazón dourado". Facilmente sentía atracción pola xente, que lle gustaba e trataba de facer o mellor para axudalo, especialmente cando pensaba que alguén fora danado inxustamente. O seu amor, como o dos seus pais, estaba baseado principalmente na piedade. O Tsarévich Aleksei Nikolaevich era vago, pero un neno moi capaz (Penso que era vago precisamente por iso), captaba as cousas con facilidade, era pensativo e consciente para a súa idade... A pesar da súa boa natureza e compaixón, indubidablemente comprometeuse a ter un carácter firme e independente no futuro.[30]
O Tsarévich Aleksei con uniforme do exército coa súa irmá a gran duquesa Tatiana Nikolaevna en 1917.

O arresto da Familia Imperial

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Revolución Rusa de 1917.
O Tsar e Aleksei cortando leña en Tobolsk no 1918.

A Familia Imperial foi arrestada trala Revolución de Febreiro de 1917, que resultou na abdicación do Tsar Nicolao II. Durante a catividade en Tobolks, Aleksei queixábase no seu diario do aburrimento e rogaba a Deus clemencia para el. Permitíaselle xogar co seu amigo Kolya Derevenko, fillo dun dos doutores de Aleksei Vladimir Derevenko, e co mozo de cociña Leonid Sednev. Aleksei tratou de danarse sufrindo unha gran hemorraxia que provocoulle un gran sufrimento, o que provocou que non puidera ser trasladado á Casa Ipatiev de Ekaterimburgo en abril de 1918 xunto aos seus pais e a súa irmá María, trala chegada ao poder dos bolxeviques. Aleksei e as súas outras irmás, Olga, Tatiana e Anastasia, uníronse ao resto da familia semanas máis tarde.[31] Por mor da hemorraxia tivo que utilizar unha cadeira de rodas nas semanas restantes da súa vida.

A última imaxe coñecida de Aleksei e a súa irmá Olga abordo do buque Rus que os levou a Ekaterimburgo en maio de 1918.

O tsarévich Aleksei estaba a menos dun mes de cumprir os catorce anos de idade cando foi asasinado o 17 de xullo de 1918 no soto da Casa Ipatiev de Ekaterimburgo. O asasinato levárono a cabo as forzas bolxeviques baixo o mando de Iakov Iurovski. Segundo os reportes do asasinato, a familia foi despertada e obrigada a vestirse no medio da noite porque ían a ser desprazados. Nicolao II levou a Aleksei en brazos ata o soto. A súa nai pediu dúas cadeiras para sentar ela e o tsarévich. Cando a familia e os serventes estaban situados, Iurovski anunciou que ían ser executados. O escuadrón de fusilamento acertou a Nicolao, a tsarina e dous dos serventes. Aleksei permaneceu sentado na cadeira, "aterrorizado", antes de que os asasinos lle disparasen en repetidas ocasións. O neno e as súas irmás permanecían vivos e o escuadrón tivo que empregar baionetas para rematalos. O motivo disto foi que tanto a tsarina, como os seus fillos tiñan bordado na súas vestimentas varías pezas de xoiaría que actuaron como escudo. Finalmente Iurovski disparoulle dous tiros na testa a Aleksei finando así coa vida do rapaz.[32]

Descuberta dos restos e identificación

[editar | editar a fonte]

O 23 de agosto de 2007, un arqueólogo ruso anunciou o descubrimento de dous corpos queimados parcialmente nunha fogueira ás aforas de Ekaterimburgo que coincide co lugar descrito por Iurovski nas súas memorias. Os arqueólogos dixeron que os restos son dun neno que tiña entre 10 e 13 anos no tempo da súa morte e dunha rapariga que tiña entre 18 e 23 anos. Anastasia tiña 17 anos no momento do asasinato, mentres que María tiña 19. Aleksei, estaba a dúas semanas do seu 14 aniversario. As irmás máis vellas de Aleksei, Olga e Tatiana tiñan entre 21 e 22 anos no momento da súa morte. Ademais, atopáronse xunto aos corpos, recipientes de ácido e balas de diferente calibre. Os corpos foron atopados empregando detectores de metal. Tamén atopouse un material raiado, azul e branco, que se cre que pertencía a camiseta que frecuentemente levaba Aleksei.

Canonización

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 a familia Romanov foi canonizada como portadores da Paixón e nomeados mártires pola Igrexa Ortodoxa Rusa.

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Rappaport 2009.
  2. 2,0 2,1 de Grèce 1990, p. 19.
  3. 3,0 3,1 3,2 de Grèce 1990, p. 20.
  4. 4,0 4,1 Buxhoeveden 1928.
  5. de Grèce 1990, p. 27.
  6. Michael Price (8 de outubro de 2009). AAAS, ed. "Case Closed: Famous Royals Suffered From Hemophilia". ScienceNOW Daily News. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 9 de outubro 2009. 
  7. Evgeny I. Rogaev (8 de outubro de 2009). "Genotype Analysis Identifies the Cause of the "Royal Disease"". Science. Consultado o 9 de outubro de 2009. 
  8. de Grèce 1990, p. 33.
  9. de Grèce 1990, p. 82.
  10. Vyrubova, p. 94
  11. Moe, p. 156.
  12. Fuhrmann, pp. 100–101.
  13. Gilliard, Pierre (1921). Hutchinson & Co., ed. Thirteen Years at the Russian Court (3º ed.). Londres. pp. 177–178. 
  14. Edvard Radzinsky, The Rasputin File, Doubleday, 2000, p. 77
  15. "Le Précepteur des Romanov by Daniel GIRARDIN". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de febreiro de 2016. 
  16. H.C. d'Encausse (1996) Nicolas II, La transition interrompue, p. 147, (Fayard) [1]; Holy People of the World: A Cross-cultural Encyclopedia.
  17. Diarmuid Jeffreys (2004). Bloomsbury Publishing, ed. Aspirin: The Remarkable Story of a Wonder Drug. [2]
  18. Aspirin: The Story of a Wonder Drug Review by Boleslav L Lichterman in BMJ (British Medical Journal) 11 Dec 2004; 329(7479): 1408.[3]
  19. HEROIN® and ASPIRIN® The Connection! & The Collection! - Part II By Cecil Munsey
  20. Massie, p. 143
  21. Gilliard 1921.
  22. Massie 1967, p. 137.
  23. Massie 1967, p. 144.
  24. Kurth, Peter, "Tsar: the lost world of Nicholas and Alexandra", Allen & Unwin, 1998, p. 74, ISBN 1-86448-911-1
  25. Massie 1967, p. 136-143.
  26. Massie 1967, p. 145.
  27. 27,0 27,1 Massie 1967, p. 136-146.
  28. Massie, p. 296
  29. Massie 1967, p. 307.
  30. Zeepvat 2004, p. 20.
  31. King and Wilson, pp. 83–84
  32. King and Wilson, pp. 309–310

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]