Almanzor
Nome orixinal | (ar) أبو عامر محمد بنفانيسا أبي عامر ابن عبد |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 938 Alxeciras, España |
Morte | 9 de agosto de 1010 (71/72 anos) Medinaceli, España |
Lugar de sepultura | Medinaceli |
Hájibe (pt) | |
978 – 1002 ← Al-Mushafî (en) – Abd al-Malik al-Muzaffar (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Medina Alzahira (pt) |
Relixión | Sunnismo |
Actividade | |
Ocupación | político, militar, comandante |
Carreira militar | |
Conflito | Battle of Rueda (en) Battle of Cervera (en) Sack of Barcelona (en) Battle of Torrevicente (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Urraca Sánchez de Pamplona (983–) Asma Bint Ghalib (978–) valor descoñecido (977–) A'isha Oneca of Castile |
Parella | sen valor |
Fillos | Abd al-Malik al-Muzaffar () Abd al-Rahman Sanchuelo () Urraca Sánchez de Pamplona |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada The Nuttall Encyclopædia >>>:Almansur, Abu Mohammed Encyclopædia Britannica |
Almanzor, ou Abu Amir Muhamad "Al-Mansur bi-Allah", nado en Torrox no 938 e finado en Medinaceli o 10 de agosto de 1002, foi un xeneral do califato de Córdoba e o virtual gobernante de Al-Andalus durante a segunda metade do século X.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Almanzor era membro dunha familia árabe de orixe iemení, con posesións preto de Alxeciras. Trasladouse moi novo a Córdoba para estudar xurisprudencia e literatura. Iniciou a súa carreira política como secretario do qadí Ibn al-Salim. As súas capacidades leváronmo a ser nomeado administrador da sultá Subh, de orixe navarra, e despois titor de Hisam. A morte prematura do califa Al-Hakam II puxo no poder ao seu sucesor Hisam, con só 11 anos.
Almanzor é nomeado entón visir e titor do califa mozo, o que o leva a se enfrontar con Al-Mushafí, verdadeiro director da política de palacio. Co apoio do seu sogro, o xeneral Galib, consegue que o califa lle outorgue publicamente os poderes absolutos do goberno, ao nomealo hajib, ou mordomo do pazo, que viña a ser como primeiro ministro, adicándose o califa á vida piadosa. Estamos no ano 978 e despois se desfacía do seu sogro Galib, traendo tropas dende África, para substituílas polas de Galib, e instauralas como garda persoal. Tras este enfrontamento, ao seu retorno a Córdoba foille dado o título de Al-Mansur bi-Allah ("O Vitorioso pola Graza de Deus"), de onde procede o nome de Almanzor, como se coñeceu no mundo cristián.
Puxo en marcha un programa de reformas tanto na administración civil como na militar, rematando coa organización tribal do exército, que era causa de continuos conflitos, e dispersando en diferentes unidades os membros máis destacados das familias. Expulsou os mercenarios eslavos que chegaran a se converter nunha caste privilexiada na corte cordobesa, o que lle achegou unha enorme popularidade.
Entre os anos 977 e 1002 levou a cabo 57 expedicións sen ser vencido, de aí o título de Al-Mansur (O vitorioso) co que pasaría á historia. Así, asolou Salamanca (977), venceu ás tropas unidas de Ramiro III de León, García Fernández de Castela e Sancho II de Navarra en Gormaz, Langa e Estercuel. Saqueou Barcelona no 985, arrasou Coímbra, León e Zamora (987 e 988), Osma no ano 990 e castigou Astorga e Santiago de Compostela no 997.
Construíu un novo pazo en Córdoba, onde trasladou a administración, chamado Madinat al-Zahira, e o seu fillo e sucesor, Abd al-Malik, foi quen de rematalo. Co seu segundo fillo, coñecido como Sanchuelo, extinguiuse a dinastía de gobernantes e sucesores de Almanzor.
En 1002, nunha expedición contra San Millán de la Cogolla, caeu enfermo e morreu en Medinaceli.
Almanzor en Galiza
[editar | editar a fonte]A súa xesta máis importante foi o saqueo de Santiago de Compostela o 10 de agosto de 997, cando incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo, e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da Catedral e mais as súas portas até Córdoba.
Corre a lenda de que cando Almanzor entrou na cámara sepulcral, atopou un monxe rezando ante o sartego do Apóstolo, e que conmovido pola súa devoción ordenou respecta-la súa vida e o propio sepulcro. Trátase dunha versión dulcificada das conquistas de Almanzor, posiblemente procedente dos propios cronistas árabes. Manuel Chamoso Lamas, estudoso da historia da catedral de Santiago escribe o seguinte:
"La falsedad de esta noticia se hizo evidente al explorar en 1950 la cámara sepulcral y hallar reducidos a pequeñísimos fragmentos los pórfidos alejandrinos de época romana que la revestían, e igualmente, bien a la vista se halla aún hoy la huella de la calcinación en los sillares romanos de la fachada de la cripta que contiene dicha cámara, probando que ésta, como el resto del templo, fue incendiada".(Chamoso Lamas:1976, 13).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Almanzor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CHAMOSO LAMAS, Manuel: La Catedral de Santiago de Compostela. Editorial Everest, León 1976.
- SANTOS CASTROVIEJO, Nanina: "Almanzor" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada