Amaterasu Patera
Aparencia
Ah Peku | |
---|---|
Amaterasu Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Patera |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 93,1 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 38,13° N 306,53° O[1] |
Procedencia do nome | Deusa xaponesa do Sol.[1] |
Amaterasu Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. A súa temperatura foi estimada o 5 de marzo de 1979 en 218° kelvins. É un dos accidentes xeolóxicos máis escuros de Ío, e a medición do seu especro termal axudou a rexeita-la correlación entre o albedo e a temperatura dos puntos quentes de Ío.[2] Este cráter aínda se volveu máis escuro dende a primeira vez que a sonda Galileo orbitou ó redor de Xúpiter.[3] Ten uns 100 kms de diámetro é está situado a 38,1° N 306,5° W.[1] O seu nome procede da mitoloxía xaponesa, onde Amaterasu e a deusa do Sol.[1] Ó norte están Kinich Ahau Patera e Dazhbog Patera, e en dirección oeste está Manua Patera e Fuchi Patera.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Amaterasu Patera". Consultado o 30-07-2010.
- ↑ J. C. Pearl (1985). "Io: Amaterasu Patera is Hot" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 17: 691.
- ↑ xtec.es (ed.). "Galileo". Arquivado dende o orixinal o 19-12-2005. Consultado o 19-10-2007.
- ↑ NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.