Saltar ao contido

Gish Bar Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gish Bar
Imaxe de alta resolución de Gish Bar Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 110 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 18,6° N 87,7° O[1]
Procedencia do nome Deus babilonio do Sol.[1]

Gish Bar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 110 kms de diámetro e cobre unha área duns 9.600 km2. Está situado a 18,6° N 87,7° O . O nome de Gish Bar provén da mitoloxía babilonia, onde Gish Bar era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1] Está situado ó sur da base do Gish Bar Mons, unha montaña de 11 kms de altitude. Cara ao nordeste está Skythia Mons, e cara ao leste está Monan Mons, ó note e sur están Monan Patera e Ah Peku Patera, respectivamente.[2]

A sonda Galileo detectou actividade volcánica no pasado recente de Gish Bar Patera, particularmente en 1996, e unha nova erupción foi detectada polos instrumentos de espectrometría infravermella da Galileo en agosto do 2001.[3] A sección occidental da patera é principalmente verde, cons algunhas manchas brillantes, mentres que a parte oriental é principalmente laranxa. A rexión do noroeste de Gish Bar Patera está cheo de manchas procedentes de varias erupcións. O chan do patera podería estar formado por silicatos.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Gish Bar Patera on Io". Consultado o 01-08-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  3. pirlwww.lpl.arizona.edu (ed.). "Recent Eruption at Gish Bar Patera on Io". Arquivado dende o orixinal o 11-11-2007. Consultado o 20-10-2007. 
  4. www.lpi.usra.edu (ed.). "Gish Bar Patera, Io: geology and volcanic activity, 1996-2001." (PDF). Consultado o 20-10-2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]