Prometheus (volcán)
Prometheus | |
---|---|
Mosaico de imaxes a toda cor feitas pola sonda Galileo do volcán Prometheus e das súas coladas de lava. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Volcán |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 438,91 km km[1] |
Altitude | ? |
Coordenadas | 1,52° S 153,94° O[1] |
Procedencia do nome | Deus grego do lume.[1] |
Prometheus é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. As súas coordenadas na superficie de Ío son 1,52° S 153,94° O.[1] Prometheus consiste nun cumio de 28 kms de ancho chamado Prometheus Patera[2] e 100 kms de coladas de lava, todo isto rodeado dunha grande extensión circular de depósitos de sulfuro vermello e de brillante dióxido de sulfuro, procedentes dos materiais depositados polas columnas (plumas) volcanicas.[3] O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo de 1979.[4] Ese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional deulle oficialmente o nome de Prometheus, deus grego do lume.
Prometheus é un lugar volcanicamente activo coma mínimo dende o encontro da Voyager 1 con Ío no ano 1979. Entre a chegada da Voyager e as primeiras observacións da sonda Galileo, foron depositadas coladas de lava sobre superficie duns 6.700 km2.[5] Observacións posteriores da Galileo amosaron numerosas fendas no leito volcánico, especialmente na parte occidental destes campos de lava.[6]
Prometheus é un volcán con dúas columnas volcánicas: unha máis pequena, rica en sulfuros procedentes do magma que se descarga cara ao final da parte oriental dos leitos de lava, acadando unhas alturas que oscilan entre 75 a 100 km; e a outra columna eruptiva rica en SO2 que está activa en fronte de onde finaliza a outra.[3] A primeira forma un deposito difuso e vermello cara ao leste de Prometheus. A segunda forma un brillante e circular deposito ó redor da totalidade do volcán e dos seus campos de lava. A columna eruptiva rica en SO2 é xerada da lava que corre cara ao final da parte occidental dos leitos de lava, cubrindo, quentando e vaporizando a xeada de dióxido de sulfuro. Isto vai acompañado da aparición de moitas fendas, as cales xeran gas e po que se suma para forma-la columna (pluma) volcánica.[7] A columna de Prometheus foi vista tanto pola Voyager coma pola Galileo, coma pola New Horizons, cando cada sonda tivo a oportunidade de tomar imaxes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Eruptive center: Prometheus on Io". Consultado o 10-08-2010.
- ↑ USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Prometheus Patera on Io". Consultado o 10-08-2010.
- ↑ 3,0 3,1 Davies, A. (2007). "Prometheus and Amirani: effusive activity and insulated flows". En Cambridge University Press. Volcanism on Io: A Comparison with Earth. pp. pp. 208–216. ISBN 0-521-85003-7.
- ↑ Smith, B. A.; e o seu equipo. (1979). "The Jupiter system through the eyes of Voyager 1". Science 204 (4396): 951–972. PMID 17800430. doi:10.1126/science.204.4396.951.
- ↑ McEwen, A. S.; e o seu equipo. (1998). "Active Volcanism on Io as Seen by Galileo SSI". Science 135: 181–219.
- ↑ Keszthelyi, L.; e o seu equipo. (2001). "Imaging of volcanic activity on Jupiter's moon Io by Galileo during the Galileo Europa Mission and the Galileo Millennium Mission". J. Geophys. Res. 106: 33025–33052. doi:10.1029/2000JE001383.
- ↑ Milazzo, M. P.; e o seu equipo. (2001). "Observations and initial modeling of lava-SO2 interactions at Prometheus, Io". J. Geophys. Res. 106: 33121–33128. doi:10.1029/2000JE001410.