Tvashtar Paterae
Tvashtar | |
---|---|
Animación da erupción de Tvashtar Paterae, tomadas polo instrumental da sonda New Horizons en 2007. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Paterae |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 306,19 km km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 62,76° N 123,53° O[1] |
Procedencia do nome | Deus dos ferreiros da mitoloxía hindú.[1] |
Tvashtar Paterae é unha rexión volcánica activa composta por un grupo de paterae (ou cráteres volcánicos) na superficie da lúa de Xúpiter, Ío, moi preto do polo norte da lúa.
Nome
[editar | editar a fonte]Este grupo de paterae recibiría oficialmente o nome de Tvashtar no ano 2000; na mitoloxía hindú, Tvashtar era o deus das fraguas e os ferreiros.[1]
Observacións
[editar | editar a fonte]Tvashtar foi estudado pola sonda Galileo durante varios anos. Durante este tempo, un manto de lava de 25 km de longo, e de 1–2 km de alto, foi visto erupcionar dende un dos patera, un lago de lava de silicatos incandescentes entrou en erupción no patera máis grande desta rexión, e finalmente estourou nunha gran columna de gas, acadando alturas de 385 km e branqueando áreas a máis de 700 km de distancia.[2]
A New Horizons fotografou unha erupción en Tvashtar o 26 de febreiro do 2007, cando a sonda pasaba preto de Xúpiter en ruta cara Plutón. A sonda puido observar unha gran columna de máis de 330 km de altura, cunha estraña (e aínda no explicada) estrutura filamentaria que se fixo totalmente visible coa luz solar de fondo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Tvashtar Paterae on Io". Consultado o 13-08-2010.
- ↑ "University of Arizona Planetary Image Research Laboratory May 28, 2002 Report on Tvashtar Paterae". Arquivado dende o orixinal o 03-05-2006. Consultado o 20-07-2006.
- ↑ Mission Photos: An Eruption on Io (New Horizons) Retrieved on February 28, 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tvashtar Paterae |